Blog

NOVIDADES SOBRE A ACTUACIÓN DO MECANISMO NACIONAL DE PREVENCIÓN DA TORTURA-MNP (DEFENSOR DEL PUEBLO) SOBRE O HOSPITAL PSIQUIÁTRICO DE CONXO

NOVIDADES SOBRE A ACTUACIÓN DO MECANISMO NACIONAL DE PREVENCIÓN DA TORTURA-MNP (DEFENSOR DEL PUEBLO) SOBRE O HOSPITAL PSIQUIÁTRICO DE CONXO

Desde 2017, o Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura-MNP (que en España exerce o Defensor del Pueblo no marco da Convención das Nacións Unidas contra a tortura e outros tratos ou penas crueis, inhumanos ou degradantes do ano 1984) realiza un seguimento do informe elaborado a propósito do Hospital Psiquiátrico de Conxo, a tenor da […]

Read More

A ATENCIÓN Á SAÚDE MENTAL EN GALICIA NON ESTÁ PREPARADA PARA AFRONTAR A CRISE COVID

A ATENCIÓN Á SAÚDE MENTAL EN GALICIA NON ESTÁ PREPARADA PARA AFRONTAR A CRISE COVID

Reunión do Movemento Galego da Saúde Mental co Bloque Nacionalista Galego. Mércores, 2 de decembro. Parlamento de Galicia 1.- O sistema de atención á saúde mental non está preparado para afrontar o novo escenario que suscita a pandemia por covid. A pandemia COVID, como antes a crise económica iniciada en 2009, irrompe no contexto dun […]

Read More

FRONTE A CONFRONTACIÓN POLÍTICA, MÁIS COMUNIDADE. UNHA RESPOSTA SOCIAL Á PANDEMIA.

FRONTE A CONFRONTACIÓN POLÍTICA, MÁIS COMUNIDADE. UNHA RESPOSTA SOCIAL Á PANDEMIA.

Asistimos abraiadas, desde o inicio da emerxencia sanitaria, a un espectáculo abafante onde a pandemia se converte nun elemento máis de confrontación política, onde quen teñen responsabilidades na xestión pública están máis centrados en atender aos seus intereses partidistas que en coordinar unha saída colectiva que sexa o menos gravosa posible: implica non deixar a […]

Read More

Informe Anual do Relator Especial da ONU

Informe Anual do Relator Especial da ONU

Achegamos o informe anual do Relator Especial da ONU sobre o dereito de toda persoa ao disfrute do máis alto nivel posible de saúde física e mental, realizado ante o Consello de Dereitos Humanos en xullo de 2020 informe Relator Especial ONU 2020

Read More

RESUMO ACTIVIDADES DO MOVEMENTO GALEGO DA SAÚDE MENTAL DESDE A ÚLTIMA ASEMBLEA DO 15 DE XUÑO DE 2019

RESUMO ACTIVIDADES DO MOVEMENTO GALEGO DA SAÚDE MENTAL DESDE A ÚLTIMA ASEMBLEA DO 15 DE XUÑO DE 2019

Por mor da pandemia covid-19, decidimos adiar a data de celebración da VII Xornada do MGSM, inicialmente prevista para o 30 de maio de 2020, atrasando ata o 17 de outubro, e finalmente cancelada para este ano. A situación da pandemia, que levou no mes de marzo á declaración de Estado de Alarma e posta […]

Read More

Acto Badaladas 2020

Presentamos o vídeo do acto Badaladas pola prevención do suicidio do día 10 de setembro de 2020, Día Mundial da Prevención do Suicidio. O suicidio pódese previr. Os gobernos deben compromenterse para levar a cabo políticas de prevención eficaces.

Read More

COMUNICADO MGSM NO DÍA MUNDIAL DE PREVENCIÓN DO SUICIDIO-2020

COMUNICADO MGSM NO DÍA MUNDIAL DE PREVENCIÓN DO SUICIDIO-2020

O suicidio pódese previr. Está considerado un problema de saúde pública, e isto significa que é unha cuestión que nos concirne a todos/as como sociedade e que é unha obriga dos gobernos adoptar cantas medidas sexan necesarias para reducir o seu impacto. Sen escatimar recursos. No ano 2013, a Asemblea Mundial da Saúde da OMS […]

Read More

CONVOCATORIA PARA O DÍA MUNDIAL DE PREVENCIÓN DO SUICIDIO 10 de setembro de 2020

Un ano máis, a Asociación Internacional para a Prevención do Suicidio, en colaboración coa Organización Mundial da Saúde, promoven o 10 de setembro como o Día Mundial para a Prevención do Suicidio, co obxectivo de concienciar a nivel mundial que o suicidio pódese previr. Con este propósito, o Movemento Galego da Saúde Mental convoca a […]

Read More

O PLAN DE SAÚDE MENTAL POSCOVID. OU COMO PRETENDER COMUNGAR CON RODAS DE MUÍÑO.

Sae adiante, polo menos como anuncio electoral, o plan galego de saúde mental de Galicia. Publícanse uns documentos relacionados (parecen ser documentos parciais dun plan máis elaborado) onde podemos ver os resumos das liñas estratéxicas principais, a previsión de aumento de persoal e a calendarización dos diferentes proxectos que desenvolven cada eixo estratéxico. Iremos analizando […]

Read More

Documentos relacionados co Plan de Saúde Mental de Galicia

Coincidindo coa nosa queixa de non estar disponible o contido do Plan de Saúde Mental de Galicia poscovid 19, a Xunta de Galicia publica algúns dos documentos relacionados co plan. Á espera de ter toda a información sobre o mesmo, difundimos esta nova co fin de facilitar unha mellor accesibilidade á información https://www.sergas.es/Asistencia-sanitaria/PLAN-DE-SAUDE-MENTAL-DE-GALICIA-POSCOVID-19

Read More