PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN

Días antes de que no Obelisco da Coruña fixéramos a primeira representación pública da contención mecánica, acto que vimos repetindo tódolos sábados dende o 8 de decembro, aínda estaban ingresadas simultaneamente no cuarto de contención de tres camas da Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC) homes e mulleres. Polo […]
“…o único que podes sentir é odio cara ao ser humano.”

Ía semidesnudo camiñando por unha rúa de Coruña. Para un coche policial, pídenme que os acompañe á comisaría, onde me poñen as esposas debido a un protocolo con cámaras, segundo o cal todas as persoas detidas nesa zona teñen que estar esposadas. Acepto poñelas. O motivo da detención é que me nego a identificarme. Pasei […]
CUMPLIMENTO INMEDIATO DAS MEDIDAS PROPOSTAS POLO CONSELLO DE EUROPA POLA A ERRADICACIÓN DA CONTENCIÓN MECÁNICA PECHE DO CUARTO DE CONTENCIÓN DE PSIQUIATRÍA DO CHUAC, XA!

O Consello de Europa, do que é integrante España, co fín de previr a tortura e os tratos inhumanos ou degradantes, establece que nos centros onde se realiza atención psiquiátrica, e para avanzar na reducción da contención mecánica das persoas, débense establecer rexistros desas actuacións. Estas son algunhas das medidas propostas (as 11.1 e 11.2), […]
CONTRA OS TRATOS INHUMANOS E DEGRADANTES NA ATENCIÓN Á SAÚDE MENTAL POLA A ERRADICACIÓN DA CONTENCIÓN MECÁNICA PECHE DO CUARTO DE CONTENCIÓN DE PSIQUIATRÍA DO CHUAC, XA!

O Consello de Europa, do que é integrante España, coa fin de previr a tortura e os tratos inhumanos ou degradantes, establece que nos centros onde se realiza atención psiquiátrica non se poderá realizar a contención mecánica (suxeición da persoa con correas para impedir o seu movemento): – Nin como castigo. – Nin á vista […]
Convocatoria mañá no Obelisco

A contención mecánica é daniña para quen a sofre e para quen a realiza.A súa práctica na atención a persoas en institucións psiquiátricas está amplamente cuestionada por moi diversas entidades e en moitos lugares do mundo: movementos de afectados en primeira persoa, asociacións profesionais de enfermería en saúdemental, de psiquiatrase de psicólogos, de movementos en […]
QUE ESTÁ A OCORRER NA ATENCIÓN Á SAÚDE MENTAL NA CORUÑA?

En febreiro do 2017 o Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) denunciou publicamente a situación da Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do Complexo Hospitalario da Coruña (CHUAC). Salientábamos que se estaba a producir a vulneración de dereitos humanos fundamentais das persoas ingresadas cando se executaba a súa contención mecánica nunha habitación con tres camas e de […]
GRAVES SIGNOS DE DETERIORO NA ATENCIÓN Á SAÚDE MENTAL EN GALICIA

Hai uns días fíxose público o informe que, en exercicio das funcións do Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura, realizou o Defensor del Pueblo sobre o Hospital Psiquiátrico de Conxo. O reflectido no documento confróntanos cun estado da atención ás persoas ingresadas nesa Institución moi grave e preocupante. Constátase nese informe a vulneración de dereitos […]
UNHA MORTE INACEPTABLE

Hai poucos dias fíxose pública, a través da prensa, a morte dunha muller de 74 anos ingresada en Lugo no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) na planta de cirurxía vascular. Según declaracións do seu neto, el mesmo avisara 24 horas antes que a súa familiar lle comunicara a súa intención de morrer, o que finalmente […]
OUTRO SUICIDIO MÁIS NUNHA UNIDADE DE HOSPITALIZACIÓN PSIQUIÁTRICA. ¿COMO É QUE AÍNDA NON EXISTE UN PROTOCOLO DE PREVENCIÓN?

Hai uns días suicidouse unha paciente estando ingresada na Unidade de Hospitalización Psiquiátrica (UHP) do Hospital Gil Casares, pertencente ao Complexo Hospitalario de Santiago. Traxicamente a hospitalización realizada para previr o seu suicidio foi o marco no que este ocorreu, polo que na súa dimensión sanitaria cómpre o seu tratamento (investigación, comprensión e propostas de […]