O CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA FAI O QUE NON FIXO A CONSELLERÍA DE SANIDADE

Como conclusión global, en palabras do Consello de Contas de Galicia recollidas do seu Informe de Auditoría sobre a implantación do Plan de Saúde Mental de Galicia (PSMG) posCovid-19 2020-2024, “…a partir da pandemia da COVID-19 o problema de saúde mental empeorou na nosa Comunidade Autónoma e persisten as debilidades identificadas na elaboración (do plan […]
NOVAS E GRAVES VULNERACIÓNS DE DEREITOS EN SAÚDE MENTAL
Valoración do MGSM sobre os informe do Defensor del Pueblo tras a súa visita en 2024 a varios centros psiquiátricos en Galicia. Unha vez máis, a visita non anunciada de técnicos do Defensor del Pueblo (na súa función de Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura, ou MNP) a un centro psiquiátrico galego, neste caso o […]
POLA POBOACIÓN DE GAZA, POR NÓS: SOLIDARIEDADE

O 10 de outubro, como tódolos anos, celébrase o Día Mundial da Saúde Mental. Nesta data, dende diferentes instancias, chámase a atención das sociedades, e máis en particular dos seus Gobernos, sobre unha problemática ou unha dimensión relevante para a saúde mental das poboacións, á procura de accións que melloren as condicións de vida, de […]
CAMBIAR A NARRATIVA. COMUNICADO DO MGSM NO DÍA MUNDIAL DA PREVENCIÓN DO SUICIDIO

O 10 de setembro é a data marcada no calendario como o Día Mundial da Prevención do Suicidio para recordar que o suicidio existe como un dos principais problemas de saúde pública, pero tamén que poden levarse a cabo accións preventivas eficaces que permitan reducir as mortes por esta causa. Promovido pola Asociación Internacional […]
POLA SANIDADE QUE MERECEMOS E QUEREMOS

MOTIVOS PARA ACUDIR Á MANIFESTACIÓN PROMOVIDA POR SOS SANIDADE PÚBLICA DO 4 DE FEBREIRO DE 2024 Desde o Movemento Galego da Saúde Mental animamos a toda a cidadanía a participar na próxima manifestación promovida pola plataforma SOS Sanidade Pública que, baixo o lema “pola sanidade que merecemos e queremos”, terá lugar o próximo domingo 4 […]
A XERENCIA DA ÁREA SANITARIA DE LUGO INICIA O DESMANTELAMENTO DA UNIDADE DE ALCOHOLISMO

Mediante este comunicado, o Movemento Galego da Saúde Mental vese na obriga de informar á sociedade e alertar sobre a gravidade das implicacións en saúde pública da poboación lucense en canto se inicie o proceso de desmantelamento da unidade de alcoholismo. Este tipo de unidades están definidas como dispositivos básicos dentro do Decreto 389/1994, do […]
“SAÚDE MENTAL SEN ATADURAS. CONTENCIÓNS CERO”

Día Internacional dos Dereitos Humanos 2023 Un ano máis no Día Internacional dos Dereitos Humanos non temos nada que celebrar. 75 anos despois da súa proclamación en París por parte da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, a Declaración Internacional dos Dereitos Humanos segue a ser pouco máis que unha utopía . Os dereitos humanos básicos […]
SAÚDE MENTAL SEN ATADURAS. CONTENCIÓNS CERO

Luns, 11 DE DECEMBRO DE 2023. 19:30 horas Praza do Toural. Santiago de Compostela Con motivo da conmemoración do Día dos Dereitos Humanos, o Movemento Galego da Saúde Mental organiza, un ano máis, o acto “Saúde mental sen ataduras. Contencións cero”, co que se pretende insistir na urxencia de avanzar en medidas lexislativas e de […]
GARANTIR O CUMPRIMENTO DOS DEREITOS. COMUNICADO DO MGSM POLO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL. 10 de outubro de 2023

O lema elixido este ano no Día Mundial da Saúde Mental é “A saúde mental é un dereito humano universal”. Unha frase que concentra en tan poucas palabras tal diversidade e alcance de vellas reclamacións e necesarias propostas que non debera empregarse como unha afirmación baleira de sentido e significantes. O lema podería ficar simplemente […]