Acto Badaladas 2020
Presentamos o vídeo do acto Badaladas pola prevención do suicidio do día 10 de setembro de 2020, Día Mundial da Prevención do Suicidio. O suicidio pódese previr. Os gobernos deben compromenterse para levar a cabo políticas de prevención eficaces.
Suicidios en Galicia no 2014
Rolda de prensa do MGSM: significativo aumento dos suicidios

“Encadeamos 4 anos seguidos de subidas. O incremento está sendo alarmante”, tendo en conta que en 2010 a taxa de suicidios na comunidade era de 9,81 por cada cen mil habitantes. En cifras absolutas, as persoas que se quitaron a vida en Galicia foron 390 segundo os datos propios do MGSM, fronte ás 333 de 2013.
Estas repercusións da crise percibíronse noutros ámbitos da vida das galegas e dos galegos, tal e como indicou o MGSM, co que o aumento de casos de suicidio é un terrible indicador da gravidade da situación.
Houbo fortes críticas sobre a tardanza na publicación dos datos por parte do Instituto Nacional de Estatística, que deixou pasar un ano ata informar sobre os falecementos por suicidio. “Este retraso amortece os efectos sobre a sociedade porque xa queda lonxe no tempo”, indicou o portavoz do MGSM, Miguel Anxo García. “Alertamos sobre os danos aos dereitos e ás prestacións da poboación”, e sinalouse unha política restritiva na hospitalización psiquiátrica para ofrecer unha imaxe de sobredotación de recursos.
O MGSM nacía en marzo de 2013 e tal e como indicou o propio García Álvarez, “o que nos alertou hai un ano segue aí”, e engadiu que os datos e as reflexións expostas constitúen unha “situación alarmante para quen traballamos en saúde mental”.
1. Os casos de suicidios ascende a 390 en 2014, segundo os datos propios do MGSM.
2. O Movemento denuncia a falta de transparencia na información por parte das autoridades públicas.
3. Asocian este preocupante incremento á inacción das autoridades sanitarias.
Podedes consultar as novas de prensa no noso blogroll ou clicando nas seguintes ligazóns: Sermos Galiza, Galicia Confidencial, Faro de Vigo, El Correo Gallego, Europa Press, La Voz de Galicia, Diario Médico.
Ante unha etapa social e sanitaria decisiva para a Saúde Mental

-
Cómpre ampliar e reforzar a unidade e diversidade do MGSM, buscando o compromiso de todos quen comparten a súa Declaración Fundacional, o seu compromiso e o seu traballo.
-
Tense que seguir con atención o desenvolvemento das reformas legais en proxecto, nomeadamente a do Código Penal.
-
Hai que xerar en cada Área Sanitaria organización e actividade para enfrontar o deterioro dos recursos e as actuacións antidemocráticas dos xestores en cada lugar onde ocorra.
-
Débese avanzar con rigor técnico na definición de propostas sanitarias e sociais concretas, para corrixir o deterioro da atención á saúde mental, e en particular aquelas que resposten ás necesidades das persoas con trastorno mental grave e as súas familias.
-
Temos que defender e denunciar calquera dano ós recursos e dereitos sanitarios, sociais ou laborais.
-
Cómpre manter a actividade sensibilizadora social e a cooperación cos medios de comunicación, así como promover nas Institucións posicionamentos de defensa da saúde mental da poboación.
-
Débese, por todos e cada un de nós, desenvolver o noso traballo cun compromiso activo ca defensa dunha atención sanitaria de calidade e do sistema sanitario público.