NOVAS E GRAVES VULNERACIÓNS DE DEREITOS EN SAÚDE MENTAL
Valoración do MGSM sobre os informe do Defensor del Pueblo tras a súa visita en 2024 a varios centros psiquiátricos en Galicia. Unha vez máis, a visita non anunciada de técnicos do Defensor del Pueblo (na súa función de Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura, ou MNP) a un centro psiquiátrico galego, neste caso o […]
A XERENCIA DO CHUAC RETIRA A CONTENCIÓN MECÁNICA E TRASLADA AO PACIENTE Á UNIDADE HOSPITALARIA DE PSIQUIATRÍA TRAS A DENUNCIA PÚBLICA DO MGSM
Onte quitáranlle parcialmente as contencións. Hoxe trasládano á unidade de psiquiatría. Pouco hai que celebrar. Actuaron tarde, moi tarde. E só pola repercusión mediática. Antes, a Xerencia dera aos medios unha resposta vergonzosa, desviando o asunto polo que fora cuestionado, nun formato-tipo ao que nos teñen acostumados cando destapamos unha noticia similar, que é agocharse […]
VULNERACIÓN DE DEREITOS NO COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE A CORUÑA (CHUAC) POR CONDICIÓN DE SAÚDE MENTAL

En días pasados, tivemos coñecemento dunha situación de potencial vulneración dos Dereitos Fundamentais dunha persoa que ingresa no Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). Acode ao Servizo de Urxencias, por clínica psiquiátrica, o martes 22 de marzo e, valorada a indicación de ingreso en Unidade de Hospitalización Psiquiátrica (UHP), vese abocada a permanecer por […]
O GOBERNO DA XUNTA DE GALICIA TEN QUE ASUMIR A RESPONSABILIDADE DA VULNERACIÓN DE DEREITOS EN SAÚDE MENTAL

A actitude vergonzosa da Administración con respecto ao Hospital Psiquiátrico de Conxo Ven de presentarse o pasado 18 de marzo, no Congreso dos Deputados, o informe anual 2021 do “Defensor del Pueblo”: Na páxina 567 do informe 2021 sinálase as dificultades que tivo o equipo do MNP para poder realizar o traballo que teñen encomendado: […]
O MGSM PON EN COÑECEMENTO DA FISCALÍA UNHA POSIBLE VULNERACIÓN DE DEREITOS DUNHA PERSOA CON DISCAPACIDADE
Hai uns días, o Movemento Galego da Saúde Mental enviou un escrito dirixido á Fiscalía de Santiago de Compostela co obxectivo de poñer no seu coñecemento uns feitos que puideran ser xeradores de responsabilidade penal e/ou unha posible vulneración de dereitos dunha persoa con discapacidade. Tivéramos coñecemento que o 8 de xullo de 2021 producírase […]
“SAÚDE MENTAL SEN ATADURAS. CONTENCIÓNS CERO” Día dos Dereitos Humanos 2021

Na Declaración dos Dereitos Humanos recóllese que “todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade da súa persoa” (artigo 3) e que “ninguén será sometido a torturas nin a penas ou tratos crueis, inhumanos ou degradantes” (artigo 5). A Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, ratificada polo Reino de […]
A INCOHERENCIA DA CONSELLERÍA DE SANIDADE SOBRE OS DISPOSITIVOS DE ATENCIÓN Á SAÚDE MENTAL. DO ESQUECEMENTO Á DESCONSIDERACIÓN
A finais de xaneiro de 2021, cando comprobamos que a Xunta de Galicia non tiña ningunha intención de vacinar ás persoas que residen de forma estable nos hospitais psiquiátricos (estando na mesma situación de risco de contaxio, transmisión e gravidade que as persoas que residen en centros sociosanitarios), iniciamos unha campaña de visibilización e denuncia, […]
AS PERSOAS QUE RESIDEN NOS HOSPITAIS PSIQUIÁTRICOS VACINARANSE NOS PRÓXIMOS DÍAS. PERO… QUE RESACA DEIXA A MAREA?

Tiña que ser. Non podía ser doutro xeito. As persoas que residen de forma estable nos centros psiquiátricos, sexa cal sexa a súa titularidade, debían entrar na etapa de vacinación prioritaria, ao igual que as persoas que residen nos centros da terceira idade e nos centros sociosanitarios de atención á discapacidade. Pola situación de risco […]
Contestacion desde a Dirección Xeral de Saúde Pública

Facemos pública a contestacion que desde a Dirección Xeral de Saúde Pública (Subdirección Xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía) emiten a un escrito do MGSM solicitando a vacinación prioritaria dos residentes e traballadores/as dos Hospitais Psiquiátricos, de media e longa estancia. Describíamos as dificultades que estaban a vivir os residentes desde o inicio da […]