PROPOSTAS PROGRAMÁTICAS SOBRE SAÚDE MENTAL. ELECCIÓNS AO PARLAMENTO GALEGO 2020
Coa vontade de colaborar na procura da mellor atención á saúde mental en Galicia, baseada na protección dos dereitos humanos, a equidade no acceso ás prestacións e recursos, e a calidade na atención sanitaria e coidado das persoas, desde o Movemento Galego da Saúde Mental propoñemos 7 eixes básicos de propostas programáticas para o futuro […]
A ENFERMIDADE MENTAL COMO INSULTO POLÍTICO
Que aludir á unha posible enfermidade mental serve de arma que arrebolar cando alguén quere insultar, menosprezar ou silenciar a outra persoa, é bastante evidente a pouco que analicemos criticamente conversas, lecturas, programas de televisión ou radio, etc. Que isto sucede con máis frecuencia se a quen se quere descalificar é unha muller, tamén é […]
UN NOVO ANUNCIO POLÍTICO SOBRE O PLAN ESTRATÉXICO DE SAÚDE MENTAL DE GALICIA. NON PODE SER UNHA ESTRATEXIA PROPAGANDÍSTICA EN TEMPO DE ELECCIÓNS
Hai 10 anos que se paralizou o Plan Estratéxico de Saúde Mental de Galicia 2006-2011, nunha política máis xeral e sistemática de redución dos servizos públicos, ata un punto case insostible de derrubamento do sistema sanitario público. Durante anos, o goberno do PP negou categoricamente a necesidade dunha planificación activa e responsable no eido da […]
TODO ERA CERTO…AGÁS ALGÚNS DETALLES
O Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura, que é exercido en España pola Institución del Defensor del Pueblo, en cumprimento da Convención das Nacións Unidas contra a tortura e outros tratos ou penas crueis, inhumanos ou degradantes, e de acordo co seu protocolo facultativo, ven de dar a coñecer a ficha de seguimento da visita […]
PROPOSTA AO PARLAMENTO DE GALICIA SOBRE A CONTENCIÓN MECÁNICA
O pasado 17 de decembro o Movemento Galego da Saúde Mental enviou aos Grupos Parlamentarios da oposición no Parlamento de Galicia, un texto sobre a contención mecánica para a súa consideración como iniciativa parlamentaria. Este texto foi presentado o 9 de xaneiro como Proposición non de Lei para o debate en Pleno , e tamén para […]
O SUICIDIO NO PLENO DO PARLAMENTO DE GALICIA: ALGUNHAS FALSIDADES SOBRE NÓS
O Pleno do Parlamento de Galicia do pasado 26 de setembro debateu o recentemente publicado Plan de Prevención do Suicidio para Galicia. Agradecemos os recoñecementos que se lle fixeron ao Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) que entendemos deben ser recibidos por todos/as aqueles que, dende hai anos, levan reclamando un cambio nas políticas da […]
O CONSELLEIRO, CONXO, E O PLAN DE SAÚDE MENTAL
Hai menos de dous meses o Conselleiro compareceu no Parlamento para dar explicacións sobre o acontecido na Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do Hospital Médico Cirúrxico de Conxo. Recollemos aquí unha selección de duas partes da sua intervención. A resposta enmarcouna nunha lectura do plan de traballo da Consellería. Nese plan tamén fala de saúde mental. […]
A VALEDORA COMPARECE NO PARLAMENTO DE GALICIA
A Valedora compareceu no Parlamento o pasado día 3 de abril. De novo sacou á palestra ás persoas sen fogar e ó Concello de Santiago. De novo o amosou o seu trato desconsiderado ás mesmas ás que en sede parlamentaria citou polo seu nome e informou de cuestións das súas vidas das que non é […]
Proposición non de lei e interpelación do PSdG sobre o caso da doente falecida en Mondoñedo
Publicamos a Proposición non de Lei, así como a Interpelación parlamentar do PSdG no Parlamento de Galiza, a resultas da denuncia do MGSM, sobre o caso da paciente falecida en Mondoñedo. Podedes ver ambas facendo clic sobre as respectivas ligazóns.
Intervención Parlamentar PSdG: Carme Acuña
Podedes ver a intervención parlamentar de Carme Acuña (PSdG) na que comenta o manifesto do MGSM e os datos de suicidio. Accede á ligazón AQUÍ