A INCOHERENCIA DA CONSELLERÍA DE SANIDADE SOBRE OS DISPOSITIVOS DE ATENCIÓN Á SAÚDE MENTAL. DO ESQUECEMENTO Á DESCONSIDERACIÓN
A finais de xaneiro de 2021, cando comprobamos que a Xunta de Galicia non tiña ningunha intención de vacinar ás persoas que residen de forma estable nos hospitais psiquiátricos (estando na mesma situación de risco de contaxio, transmisión e gravidade que as persoas que residen en centros sociosanitarios), iniciamos unha campaña de visibilización e denuncia, […]
COMUNICADO DO MOVEMENTO GALEGO DA SAÚDE MENTAL
DO SUPOSTO PLAN DE APOIO E ATENCIÓN AO PERSOAL DO SERGAS, OU DE COMO DANAR (AÍNDA MÁIS) A TRAVÉS DA PROPAGANDA. Nas últimas semanas o Sergas publicou, e publicitou por todos os medios posibles, o denominado “Plan de Intervención Psicosocial para o apoio e atención ao persoal do Servizo Galego de Saúde na pandemia de […]
AS PERSOAS QUE RESIDEN NOS HOSPITAIS PSIQUIÁTRICOS VACINARANSE NOS PRÓXIMOS DÍAS. PERO… QUE RESACA DEIXA A MAREA?

Tiña que ser. Non podía ser doutro xeito. As persoas que residen de forma estable nos centros psiquiátricos, sexa cal sexa a súa titularidade, debían entrar na etapa de vacinación prioritaria, ao igual que as persoas que residen nos centros da terceira idade e nos centros sociosanitarios de atención á discapacidade. Pola situación de risco […]
Contestacion desde a Dirección Xeral de Saúde Pública

Facemos pública a contestacion que desde a Dirección Xeral de Saúde Pública (Subdirección Xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía) emiten a un escrito do MGSM solicitando a vacinación prioritaria dos residentes e traballadores/as dos Hospitais Psiquiátricos, de media e longa estancia. Describíamos as dificultades que estaban a vivir os residentes desde o inicio da […]
COMUNICADO DO MGSM SOBRE A SITUACIÓN DAS PERSOAS QUE RESIDEN NOS HOSPITAIS PSIQUIÁTRICOS DE GALICIA E DOS/AS PROFESIONAIS QUE OS ATENDEN, E NECESIDADE DE VACINACIÓN PRIORITARIA.

Nos últimos días coñeceuse a existencia dun importante gromo de coronavirus no Hospital Psiquiátrico de Conxo, con 42 positivos (16 traballadores/as do centro sanitario e 26 residentes) a día de hoxe. Nunha das unidades do hospital, a chamada “somática”, onde residen persoas con diagnóstico de trastorno mental grave e importante comorbilidade física, contaxiáronse todos os […]
Sobre os listados nominais de persoas con intentos de suicidio no SERGAS: unha nova vulneración dos dereitos fundamentais

Vimos de saber que, alomenos nunha área sanitaria, tense creado no sistema IANUS un listado específico de persoas que fixeron algunha tentativa autolítica e acudiron a urxencias por este motivo. Son listados localizados dentro das “listas de traballo” xunto con outras como poden ser as persoas que están en urxencias, pendentes de cirurxía ou de […]
“SAÚDE MENTAL SEN ATADURAS. CONTENCIÓNS CERO”

Día dos Dereitos Humanos 2020 Hai xa máis de sete décadas dende a proclamación por parte da Asemblea Xeral da ONU da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e máis de catro dende a súa firma por parte do estado español. Pero a pesares disto a vulneración dos dereitos humanos no noso país segue a ser […]
SAÚDE MENTAL SEN ATADURAS. CONTENCIÓNS CERO 10 DE DECEMBRO. DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS HUMANOS

Praza do Toural (Santiago de Compostela) Ás 18:00 horas No Día dos Dereitos Humanos, o Movemento Galego da Saúde Mental promove o acto “Saúde mental sen ataduras. Contencións cero” , co propósito de dar a coñecer a existencia do uso de contencións físicas de persoas ingresadas, práctica considerada unha vulneración da Convención dos Dereitos das […]
NOVIDADES SOBRE A ACTUACIÓN DO MECANISMO NACIONAL DE PREVENCIÓN DA TORTURA-MNP (DEFENSOR DEL PUEBLO) SOBRE O HOSPITAL PSIQUIÁTRICO DE CONXO

Desde 2017, o Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura-MNP (que en España exerce o Defensor del Pueblo no marco da Convención das Nacións Unidas contra a tortura e outros tratos ou penas crueis, inhumanos ou degradantes do ano 1984) realiza un seguimento do informe elaborado a propósito do Hospital Psiquiátrico de Conxo, a tenor da […]
A ATENCIÓN Á SAÚDE MENTAL EN GALICIA NON ESTÁ PREPARADA PARA AFRONTAR A CRISE COVID

Reunión do Movemento Galego da Saúde Mental co Bloque Nacionalista Galego. Mércores, 2 de decembro. Parlamento de Galicia 1.- O sistema de atención á saúde mental non está preparado para afrontar o novo escenario que suscita a pandemia por covid. A pandemia COVID, como antes a crise económica iniciada en 2009, irrompe no contexto dun […]