“…o único que podes sentir é odio cara ao ser humano.”

Ía semidesnudo camiñando por unha rúa de Coruña. Para un coche policial, pídenme que os acompañe á comisaría, onde me poñen as esposas debido a un protocolo con cámaras, segundo o cal todas as persoas detidas nesa zona teñen que estar esposadas. Acepto poñelas. O motivo da detención é que me nego a identificarme. Pasei […]
CONTRA OS TRATOS INHUMANOS E DEGRADANTES NA ATENCIÓN Á SAÚDE MENTAL POLA A ERRADICACIÓN DA CONTENCIÓN MECÁNICA PECHE DO CUARTO DE CONTENCIÓN DE PSIQUIATRÍA DO CHUAC, XA!

O Consello de Europa, do que é integrante España, coa fin de previr a tortura e os tratos inhumanos ou degradantes, establece que nos centros onde se realiza atención psiquiátrica non se poderá realizar a contención mecánica (suxeición da persoa con correas para impedir o seu movemento): – Nin como castigo. – Nin á vista […]
Ø Contencións

EN DEFENSA DOS DEREITOS HUMANOS A contención mecánica de persoas ingresadas en centros de carácter sanitario ou residencial é unha practica máis frecuente do que a sociedade se imaxina. Con ese termo noméase a acción mediante a cal se inmobiliza con correas a unha persoa, fixándoa xeralmente a unha cama. A contención mecánica é unha […]
Entrevista en Radio Voz a Miguel Anxo García Álvarez, voceiro do MGSM, e a Manuel Serrano, xefe do Servizo de Psiquiatría do CHUAC

Entrevista en Radio Voz a Miguel Anxo García Álvarez, voceiro do MGSM, e a Manuel Serrano, xefe do Servizo de Psiquiatría do CHUAC, ao respecto do falecemento dun paciente na Unidade de Hospitalización Psiquiátrica, no programa Voces de Galicia. Tamen podedes acceder ao corte de audio da entrevista nesta ligazón
DIGNIDADE E DEREITOS DANADOS NA HOSPITALIZACIÓN PSIQUIÁTRICA NO COMPLEXO HOSPITALARIO DA CORUÑA

O Movemento Galego da Saúde Mental foi coñecedor da denuncia presentada ante a Xustiza pola morte dun paciente psiquiátrico que, cando faleceu, se atopaba en contención mecánica ingresado na Unidade de Hospitalización Psiquiátrica (UHP) do Complexo Hospitalario da Coruña. Este feito ocorreu no marco dunha Unidade de Hospitalización con importantes carencias, sostidas no tempo, e […]
Acto Informativo: A situación da saúde mental en Galicia

Crónica dos actos do MGSM na semana da Saúde Mental

- 1 de Outubro. A Coruña.
- 4 de Outubro. A Coruña.
Na segunda mesa, organizada pola APEM, fíxose un percorrido histórico polo Modelo de Rehabilitación Integral, orientado a la recuperación, e presentouse o programa de atención integral a persoas con enfermidade mental en réxime penitenciario. Por último, durnate a tarde realizouse unha visita guiada ao taller de cerámica e ao centro de día.
- 8 de Outubro. A Coruña.
- 8 de Outubro. Compostela.
- 8 de Outubro. A Coruña.
9 de Outubro. Pontevedra
Mesa Redonda MGSM e Asociación Alba. Na Galería Sargadelos de Pontevedra, tamén estivemos en colaboración co colectivo Alba, onde se debateu sobre a rehabilitación e integración, o traballo realizado pola asociación e a necesidade de manter o logrado e avanzar na recuperación. Tamén se presentou o traballo do MGSM ata o momento, e convidouse aos presentes a participar na xornada reinividicativa do día 10.
Non vos perdades as reivindicacións do día 10 nos centros de traballo, e en calquera lugar onde hax soci@s do MGSM. A vosa participación é fundamental!
Actos do MGSM programados para o 8 de outubro

Santiago de Compostela
Mesa Redonda: “Vivir con Trastorno Mental Grave”
Modera:
Iria Veiga (MGSM Compostela)
Relatores:
- Irene Martínez, psicóloga da Unidade de Saúde Mental de Noia – CHUS
- Mª Mar Piñeiro Sobrido, Presidenta da Asociación “Fonte da Virxe”
- Begoña Portela, psiquiatra do Servizo de Psiquiatría do CHUS
- Cristina Riobó, Comité de Persoas con Enfermidade Mental
Día: Mércores 8 de outubro de 2014, ás 17 horas.
Lugar: Galería Sargadelos, rúa Nova 16, Santiago de Compostela
MGSM Compostela
A Coruña
Mesa Redonda: “Día Mundial da Saúde Mental: Contra o estigma”
Modera:
Marisol Filgueira Bouza (Psicóloga Clínica)
Relatores:
- César Salgado García (Voluntario Facultade Socioloxía UDC no programa de TMG de Oza)
- Fátima Barbeito Roel, Noelia Menéndez Torreiro, Manuel Fernández, Mª Ángeles Rodríguez Fandiño (Usuarios e Familiares)
- Paula Tomé (Radio Prometea)
- Mª Carmen García Pinto (Terapeuta Ocupacional),
- Paula Suárez López (Enfermeira)
- Mª Luisa Ortega García (Traballadora Social)
- Carmen Mª Guitian Martins (Auxiliar de Enfermería)
- Cristina Rivas Prado (Orientadora Laboral)
Día: Mercores 8 de outubro de 2014, ás 17 horas
Lugar: Aula Magna da Facultade de CC da Saúde, Campus de Oza. A Coruña.
MGSM A Coruña
Actos do Día Mundial da Saúde Mental na Coruña

O MGSM participa nas I Xornadas de Clínica Psiquiátrica
