RESUMO ACTIVIDADES DO MOVEMENTO GALEGO DA SAÚDE MENTAL DESDE A ÚLTIMA ASEMBLEA DO 15 DE XUÑO DE 2019
Por mor da pandemia covid-19, decidimos adiar a data de celebración da VII Xornada do MGSM, inicialmente prevista para o 30 de maio de 2020, atrasando ata o 17 de outubro, e finalmente cancelada para este ano.
A situación da pandemia, que levou no mes de marzo á declaración de Estado de Alarma e posta en marcha de medidas como o confinamento da poboación, restrición de movementos, cancelación de eventos e diminución dos aforos facía inviable organizar no mes de xuño un acto das características desta xornada, onde nos reunimos arredor de 100 asistentes desde diversas localidades galegas.
No momento actual, en setembro de 2020, dada a situación de aumento sostido no número de contaxios por covid na nosa comunidade nas últimas semanas, a adopción de medidas de seguridade en diversas localidades e áreas sanitarias non fan recomendable que celebremos a xornada neste outono. Lamentamos profundamente non ter este ano a oportunidade de aproveitar a oportunidade para compartir experiencias, debater desde as diferencias e unirnos no compromiso.
Son as xornadas, ademais, o momento en que realizamos a asemblea aberta entre os/as participantes, onde se presenta o informe da actividade desenvolvida no ano anterior, as liñas xerais de actuación para o seguinte ano, e se decide a composición da Coordinadora e da Portavocía.
Dado que este ano 2020 non podemos celebrar a asemblea, queremos compartir o informe de actividade desde xuño 2019 a setembro 2020. Toda a actividade pódese seguir na web ou no facebook de MGSM ao longo do ano.
E seguimos…
COMPOSICIÓN DO MGSM
A Declaración Fundacional do MGSM está asinada tanto por persoas que se adhiren de xeito individual (preto das 450 persoas) como Asociacións. Pódese coñecer a súa identidade na páxina web do MGSM.
Coordinadora e portavocía do MGSM
Delia Guitián Rodríguez , Rocío Basanta Matos, Eva Dorado Andrade, Iria Veiga Ramos, María Xosé Abuín Álvarez (CIG Saúde), Ana Riveiro Currais (Federación de Sanidade de CCOO), María Vázquez Souza, Miguel Vieito Villar, Benito López-de Abajo Rodríguez, Xavier Sardiña Agra, Marisol Filgueira Bouza, Paula Tomé Espiñeira, Miguel Anxo García Álvarez, José Berdullas Barreiro, Rosa Cerqueiro Landín (Voceira).
Continúan nas súas funcións mentres non se poida realizar nova asemblea onde se elixan a coordinadora e portavocía.
ACCIÓNS PÚBLICAS
Acto badaladas pola prevención do suicidio. 10 de setembro anos 2019 e 2020. Praza das Praterías. Difusión do comunicado advertindo da falta de políticas públicas efectivas para o obxectivo de prevención dos suicidios, a pesar da existencia formal dun Plan Galego de Prevención do Suicidio.
Acto polo Día Mundial da Saúde Mental. 10 de outubro de 2019. Acto “saúde mental sen ataduras. Contención cero”, lectura de comunicado para dar a coñecer e concienciar sobre a necesidade de eliminar o uso das contencións e reclamar a garantía de dereitos para as persoas cun diagnóstico psiquiátrico
Participación da manifestación promovida por SOS Sanidade pública do 9 de febreiro de 2020, de defensa da sanidade pública. Portamos pancarta co lema “negocio, abusos, abandono asistencial. Sen dereitos non hai saúde mental”.
DECLARACIÓNS PÚBLICAS
Comunicado Día Mundial da Prevención do Suicidio. 10/9/2019
Comunicado “Saúde Mental sen ataduras. Contencións cero”. Día Mundial da Saúde Mental 2019
Un novo anuncio político sobre o Plan Estratéxico de Saúde mental. Non pode ser unha estratexia propagandística en tempos de eleccións. 22/12/2019
Ampliación de actuación do mecanismo nacional de prevención da tortura no Hospital Psiquiátrico de Conxo. A xunta segue sen dar solución ás graves carencias e á vulneración de dereitos na atención á saúde mental. 29/1/2020
A enfermidade mental como insulto político. 3/2/2020
Balance da acción de goberno na Xunta do Partido Popular de Feijoo. Once anos de danos á saúde mental en Galicia. 5/3/2020
Carta aberta a Alberto Nuñez Feijóo sobre a saúde mental en Galicia. 13/3/2020
Blindar os servizos públicos: a resposta máis eficaz ante as situacións de crise. Que ninguén quede atrás, nin agora nin despois. 20/3/2020
Situacións sobrevidas a colectivos de saúde mental ante a emerxencia covid-19. 24/3/2020
Seguimento das incidencias no colectivo de saúde mental na emerxencia covid-19. 28/3/2020
Seguimento das incidencias no colectivo de saúde mental na emerxencia covid-19. 3/4/2020
Porque non todo é covid, debemos asegurar a accesibilidade e continuidade na atención á saúde mental. 15/4/2020
O castigo de illamento solitario . 7/5/2020
Comunicado do MGSM tras o anuncio da aprobación do Plan de Saúde Mental de Galicia pos covid-19. 29/6/2020
O Plan de Saúde pos covid. Ou como pretender comungar con rodas de muíño. 5/7/2020
Comunicado do MGSM no Día Mundial da Prevención do Suicidio. 10/9/2020
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Mantivemos contacto cos distintos portavoces de sanidade dos grupos parlamentarios do BNG, Grupo Común da Esquerda, PSdeG-PSOE e o Grupo Mixto co obxectivo de dar a coñecer diversas situacións no eido da saúde mental e valorar a oportunidade de elaborar iniciativas parlamentarias.
Deste xeito, prodúcense diferentes iniciativas parlamentarias, na comisión de sanidade e no Pleno no Parlamento de Galicia, entre outras
-
Pregunta sobre a situación da atención psiquiátrica e psicolóxica que presta o Sergas, as medidas adoptadas para corrixir as deficiencias denunciadas no Hospital de Conxo e a posta en marcha dunha unidade de atención á saúde mental para menores no Hospital Álvaro Cunqueiro, así como os plans para aumentar o número de facultativos e requirir do Goberno do Estado a actualización das prazas MIR e PIR destas especialidades. Paula Vázquez Verao. G.P. Mixto. Agosto 2019
-
Pregunta e Proposición non de Lei sobre a valoración que fai a Xunta de Galicia da capacidade e da calidade asistenciais actuais do Sergas en materia de saúde mental, as actuacións previstas ao respecto de xeito inmediato e os compromisos que pode adquirir no referido a melloras e implementación de novos recursos nos servizos desa área no Sergas. Julio Torrado Quintela. G. Socialistas de Galicia. Novembro 2019
-
Pregunta e interpelación, relativa á negativa da Xunta de Galiza a adecuar as políticas de atención en saúde mental no Hospital Psiquiátrico de Conxo, ás normativas de protección dos dereitos humanos. Monserrat Prado Cores, BNG. Febreiro 2020
-
Pregunta e Interperlación sobre a xestión do Goberno galego en relación coas deficiencias reflectidas no informe do Defensor del Pueblo respecto da atención e instalacións do Hospital Psiquiátrico de Conxo, así como as razóns da demora na posta en marcha do Plan de saúde mental de Galicia. Eva Solla Fernández. Febreiro de 2020.
Por outra banda, coa vontade de colaborar na procura da mellor atención á saúde mental en Galicia, baseada na protección dos dereitos humanos, a equidade no acceso ás prestacións e recursos, e a calidade na atención sanitaria e coidado das persoas, propuxemos e compartimos cos partidos políticos 7 eixes básicos de propostas programáticas para as eleccións autonómicas 2020, propostas que son recollidas en varios dos programas.
COPARTICIPACIÓN DO MGSM NOUTRAS ENTIDADES
Integrante na coordinadora de SOS Sanidade Pública (representante: Ana Riveiro)
Membro do Consello Municipal da Saúde de Santiago de Compostela (representante: Rosa Cerqueiro)
PARTICIPACIÓN EN FOROS DE DEBATE, ENCONTROS E XORNADAS
Participación nunha reunión de STOP desafiuzamentos A Coruña sobre a exclusión residencial e a medicalización do sufrimento. 28/9/2019
Mesa redonda organizada polas ANPAS de Compostela sobre prevención do suicidio en nenos/as e adolescentes. III Xornadas da diversidade. 23/11/2019
Participación nunha reunión con GAM Coruña para dar a coñecer ambas plataformas e propostas de acción e cooperación. Dec/2019
Participación na xornada “Tempos de psicoloxía 2020, sobre a sociedade dixital”. 17/2/2020
Colaboración coas familias dos centros de maiores de Celanova e O Barco de Valdeorras, apoiando iniciativas que teñan en conta as necesidades de saúde mental dos usuarios/a de centros residenciais illados tras a pandemia. Maio 2020.
COLABORACIÓN EN MEDIOS DE COMUNICACIÓN
Participación no programa de radio “Recendo” de CUAC FM sobre prevención suicidio. Outubro 2019
Entrevista para a revista IRIMIA “MGSM: compromiso activo na defensa dos dereitos”. Outubro-novembro 2019
Artigo para o espazo “Falemos de feminismos” da Valedoría do Pobo “a discriminación das mulleres a través da saúde mental”. Novembro de 2019
Programa Ser Coruña sobre prevención de suicidios. Outubro 2019
Artigos de opinión A Voz de Galicia sobre prevención de suicidios. Outubro e novembro de 2019 e marzo 2020.
Programa Bos Días, da RTVG do 31/12/2019 sobre o suicidio
Artigo de opinión “a necesaria reforma psiquiátrica”. (A Voz de Galicia, xaneiro 2020)
Entrevista Voz de Galicia sobre adiccións a tecnoloxías. Febreiro de 2020
Reportaxe Galicia confidencial sobre o informe do Defensor del Pueblo sobre Hospital Psiquiátrico de Conxo marzo de 2020
Reportaxe Nós Diario sobre inacción goberno galego en saúde mental. Marzo 2020
Reportaxe Adiante sobre saúde mental en Galicia
Entrevista el diario.es sobre vulneración de dereitos en saúde mental 7/3/2020
Entrevista NÓS.TV “Tras a crise aumentarán as desigualdades, e os gobernos terán que aumentar a protección social e sanitaria” . Marzo/2020
Entrevista praza.gal sobre saúde mental e covid. Abril 2020
Reportaxe Nósdiario sobre carencias saúde mental en Galicia xuño 2020
Reportaxe praza.gal sobre o plan de saúde mental. Xuño 2020
Reportaxe A Voz de Galicia sobre recursos en saúde mental. Xuño 2020
Entrevista Radio Galicia-SER sobre saúde mental e covid. Xullo 2020
Reportaxe praza.gal sobre saúde mental en tempos de covid. Xullo 2020
Reportaxe Praza.gal sobre carencias na atención á saúde mental. Setembro 2020
Entrevista Radio Galicia sobre prevención do suicidio. Setembro 2020