Blog

CONVOCATORIA PARA O DÍA MUNDIAL DE PREVENCIÓN DO SUICIDIO 10 de setembro de 2020

Un ano máis, a Asociación Internacional para a Prevención do Suicidio, en colaboración coa Organización Mundial da Saúde, promoven o 10 de setembro como o Día Mundial para a Prevención do Suicidio, co obxectivo de concienciar a nivel mundial que o suicidio pódese previr.

Con este propósito, o Movemento Galego da Saúde Mental convoca a todas/os a participar no acto Badaladas pola Prevención do Suicidio que se realizará en Santiago de Compostela. Coas adaptacións necesarias para respectar as medidas de protección fronte á COVID-19, realizaremos este acto de sensibilización para recordar que o suicidio segue a constituír unha realidade moi dura que nos concirne a todos/as como sociedade e que é obriga dos gobernos comprometerse firmemente a través de políticas públicas de prevención do suicidio.

10 de setembro Día Mundial pola Prevención do Suicidio

318 suicidios en Galicia no 2019

318 badaladas pola prevención

Praza das Praterías

Ás 8 da tarde en Santiago

 

One Comment - Leave a Comment
  • Leave a comment

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    *