UNHA MORTE INACEPTABLE E O HULA (SERGAS) RESPONSABLE
Era maio de hai tres anos. Na prensa do día 12 chamaba a atención un titular: “Una mujer muere en el HULA al caer desde un cuarto piso”.
Días despois a noticia ampliábase e familiares da muller falecida pedían ao SERGAS unha explicación.
Para o SERGAS era como si chovera. Total xa tiña aprobado un plan de prevención do suicidio dende un ano antes e por ahí non o iban a coller.
O MGSM dou a coñecer unha declaración.
O BNG presentou o tema no Parlamento.
A familia iniciou un pleito.
Para o SERGAS… como si chovera. Non pasaba nada. Creía que xa non o podían criticar porque tiña publicado un plan de prevención.
Vimos de saber que o SERGAS foi sentenciado, tres anos mais tarde, por un suicidio evitable. Quen tiña que previr foi responsable do que había que evitar!.
Pero como si chovera.
Ese é o noso SERGAS.