Blog

AVANCE VII Xornada do Movemento Galego da Saúde Mental

AVANCE VII Xornada do Movemento Galego da Saúde Mental

AVANCE VII Xornada do Movemento Galego da Saúde Mental

MOCIDADE EN RISCO DE EXPULSIÓN.

A DIVERSIDADE COMO FERRAMENTA DE FUTURO

En Santiago, 16 de outubro de 2021

O ano pasado non puidemos organizar a xornada anual do MGSM en ningunha das dúas ocasións que o planificamos. Decidimos non facer un acto destas características a través das plataformas dixitais das que tivemos que aprender apresuradamente. Equivocadxs ou non, pensamos que as xornadas do MGSM han de servir para facer comunidade, desde a diversidade, o respecto, a horizontalidade e a reflexión colectiva e crítica de temas que nos interesan e concirnen a todxs como sociedade. E, coas precaucións que marque a pandemia, a proximidade no encontro é unha ferramenta básica nestes tempos virtuais.

Nesta ocasión, o tema arredor do que xirarán as diferentes ponencias será a mocidade e as necesidades, problemáticas, potencialidades e condicións de vida que marcan o seu benestar e futuro. Non pudendo abarcar de forma exhaustiva todas as áreas de interese no tempo limitado con que contamos, tratamos de agrupar unha serie de contidos importantes en torno a 3 mesas redondas onde esperamos un diálogo participativo e diverso, contando con profesionais de moi distintos ámbitos e a participación de xóvenes en cada unha das mesas:

Mesa I: Pan, traballo, casa… en igualdade

Mesa II: Educación, saúde e dereitos

Mesa III: Mocidade en primeira persoa

Seguirase en todo momento as directrices de prevención covid marcadas pola Administración, incluído as normas de aforo da sede da xornada (por confirmar) polo que en próximas datas informaremos do procedemento de inscrición e o programa definitivo dunha xornada que se realizará en horario de mañá, o sábado 16 de outubro de 2021.

Esperando poder vernos de novo,

12 Comments - Leave a Comment
  • Leave a comment

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    *