Blog

COMUNICADO MGSM NO DÍA MUNDIAL DE PREVENCIÓN DO SUICIDIO-2021

COMUNICADO MGSM NO DÍA MUNDIAL DE PREVENCIÓN DO SUICIDIO-2021

Un ano máis, o Movemento Galego da Saúde Mental sae á rúa para visibilizar a dura realidade que é o suicidio, sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade urxente de tomar conciencia e actuar na prevención do mesmo e denunciar o retraso, cando non desleixo, dos gobernos en implantar de forma decidida todas as estratexias que se coñecen eficaces para diminuír o número de mortes por suicidio e de tentativas autolíticas.

A prevención do suicidio segue sen ocupar un lugar prioritario nas políticas publicas, a pesar do drama que supón para moitas persoas e o imponderable custe social que ten para as comunidades. Esta situación vólvese intolerable cando poden ser mortes prematuras evitables.

Non conseguimos acadar o obxectivo proposto pola OMS para 2020, de reducir nun 10% a taxa de mortes por suicidio. Non imos por bo camiño para conseguir a meta proposta pola ONU e a OMS para 2030, de reducir nun terzo a taxa de mortalidade por suicidio.

A constancia de tantas persoas que se achegaron cada día a apoiar a campaña Badaladas pola prevención do suicidio en 2016 conseguiu que o goberno da Xunta de Galicia asumise oficialmente a súa responsabilidade, tras minimizar previamente a súa pertinencia, elaborando un ano despois o Plan Galego de Prevención do Suicidio.

Está sendo insoportable asistir á evidencia de que parece non existir máis interese por parte do goberno galego que facer política de escaparate cunha realidade tan devastadora como o suicidio. Somos conscientes que é unha valoración extremadamente dura. Pero o Plan viu a luz hai xa 4 anos, e o único que temos son noticias moi esporádicas, case sempre anuncios e promesas futuras sobre o que se vai facer (e apenas se realizou).

O Plan Galego da Prevención do Suicidio estase a converter na triste confirmación da expresión “o papel aguántao todo”, coas súas 37 medidas e indicadores de resultados asociados. Onde está a memoria anual de seguimento do Plan? Cantas desas medidas se levaron a cabo e cales son os resultados? Onde está a Comisión Interdepartamental de Coordinación para a prevención e atención das condutas suicidas, e cantas veces se reuniron no último ano? Tras a publicación do DOG en 2020 da creación das comisións multidisciplinares das áreas sanitarias, cantas delas se constituíron na práctica e levaron a cabo reunións de coordinación? Onde está o Observatorio Galego do Suicidio, e con que datos traballarían se non hai estudios epidemiolóxicos e datos de calidade que permitan iluminar o camiño para intervir con eficacia na prevención e tratamento das persoas con risco de suicidio?.

Estas preguntas son soamente unha pequena porción das incógnitas que permanecen sen resolver. E implican unha mínima área do que debera estar mobilizándose na procura dun verdadeiro enfoque multisectorial e multinivel na prevención do suicidio. Porque o plan galego naceu cunha eiva fundamental, ao restrinxirse case en exclusiva ao ámbito sanitario.

Este ano anunciarán, como avance na estratexia preventiva, a contratación recente de arredor de 12 profesionais para os programas de prevención do suicidio (aínda que non estarán cubertas todas as áreas sanitarias), parte dos pouco máis de 90 para a atención en saúde mental. Incremento de profesionais que xa eran insuficientes antes da pandemia Covid, e que cos datos parciais que van coñecéndose a nivel local, de aumento de tentativas de suicidio e maior demanda de atención, particularmente na mocidade, pode ser ineficaz e desesperanzador, co risco que supón isto para a comunidade, en vidas, sufrimento e percepción de competencia social.

Moi preocupante é a situación da Atención Primaria, de asfixia e desmantelamento vertixinoso, co efecto negativo que supón na detección precoz e intervención en primeira liña ás persoas en risco. Unha das claves mais eficaces na prevención, a accesibilidade do enfoque comunitario.

Desacougante a realidade paralela que se vive no ámbito educativo, onde xs docentes teñen cada vez máis tarefas con menos recursos. Este ano está en cuestión o reforzo de docentes e volta á masificacións das aulas, á vez que se espera que desenvolvan un “plan de benestar emocional” para mitigar as repercusións da pandemia no alumnado. Con que medios? En que tempo? Con que profesionais especializados de apoio?. A OMS acaba de publicar neste ano a Guía de Aplicación para a Prevención do Suicidio “Live Life”, e especifica como unha das intervencións principais a do desenrolo de aptitudes socioemocionais para a vida dxs adolescentes, a realizarse nas escolas.

Son estes uns exemplos concretos da insuficiencia dun plan de prevención que non está sendo abordado coa urxencia, necesidade e interese esixibles. Que non está á altura das circunstancias e dos tempos que vivimos, e que non podemos seguir agardando por máis tempo. Levamos 4 anos esperando. Cantos máis?

A memoria do IMELGA de 2020 arroxa uns datos alarmantes, cun total de 307 persoas falecidas por suicidio, nun taxa de 13 por 100 mil habitantes, por riba da media española e europea. Cada vida conta. Son máis que números a relativizar entre series temporais publicadas.

Un ano máis, o MGSM sae á rúa. O 10 de setembro de 2021, ás 20:00 horas. Este ano, na Praza do Toural (Santiago de Compostela) para reivindicar un Plan Galego de Prevención do Suicidio. Porque non existe como tal. Para recordar ás persoas que falecen por suicidio. Para acompañar solidariamente ás persoas que están a sufrir pola perda dos seus achegadxs. Para recordar que o suicidio pódese previr.

853 Comments - Leave a Comment
  • AlbertoBeple -

    acquistare farmaci senza ricetta farmacia online piГ№ conveniente or farmacia online
    http://wiki.wlug.org.nz/~matt/m.php?a%5B%5D=%3Ca%20href%3Dhttp%3A%2F%2Ffarmaciaitalia.store%2F%3E%C3%91%C5%8D%C3%90%C2%BB%C3%90%C2%B5%C3%90%C2%BA%C3%91%E2%80%9A%C3%91%E2%82%AC%C3%90%C2%BE%C3%91%81%C3%90%C2%BD%C3%90%C2%B0%C3%90%C2%B1%C3%90%C2%B6%C3%90%C2%B5%C3%90%C2%BD%C3%90%C2%B8%C3%90%C2%B5%20%C3%91%83%C3%91%E2%80%A1%C3%90%C2%B0%C3%91%81%C3%91%E2%80%9A%C3%90%C2%BA%C3%90%C2%B0%20%C3%91%E2%80%A0%C3%90%C2%B5%C3%91%E2%80%A6%C3%90%C2%B0%20%C3%90%C2%B4%C3%90%C2%B8%C3%90%C2%BF%C3%90%C2%BB%C3%90%C2%BE%C3%90%C2%BC%3C%2Fa%3E farmacia online migliore
    farmacia online migliore farmaci senza ricetta elenco and comprare farmaci online con ricetta acquistare farmaci senza ricetta

  • Haroldkap -

    mexican pharmaceuticals online mexico drug stores pharmacies or pharmacies in mexico that ship to usa
    http://chinaboy.psend.com/?a%5B%5D=%3Ca%20href%3Dhttp%3A%2F%2Fcertifiedpharmacymexico.pro%2F%3E%C3%90%C2%BF%C3%91%E2%82%AC%C3%90%C2%BE%C3%90%C2%B2%C3%90%C2%B5%C3%91%E2%82%AC%C3%90%C2%BA%C3%90%C2%B0%20%C3%91%C5%8D%C3%90%C2%BB%C3%90%C2%B5%C3%90%C2%BA%C3%91%E2%80%9A%C3%91%E2%82%AC%C3%90%C2%BE%C3%91%81%C3%90%C2%BD%C3%90%C2%B0%C3%90%C2%B1%C3%90%C2%B6%C3%90%C2%B5%C3%90%C2%BD%C3%90%C2%B8%C3%91%8F%3C%2Fa%3E mexico drug stores pharmacies
    pharmacies in mexico that ship to usa mexican online pharmacies prescription drugs and mexico pharmacies prescription drugs mexican mail order pharmacies

  • Robertidelp -