“SAÚDE MENTAL SEN ATADURAS. CONTENCIÓNS CERO”
Día Internacional dos Dereitos Humanos 2023
Un ano máis no Día Internacional dos Dereitos Humanos non temos nada que celebrar. 75 anos despois da súa proclamación en París por parte da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, a Declaración Internacional dos Dereitos Humanos segue a ser pouco máis que unha utopía . Os dereitos humanos básicos de millóns de persoas seguen a ser vulnerados diariamente na meirande parte do mundo. E tamén no noso país.
Dende o Movemento Galego da Saúde Mental queremos hoxe volver a facer presente unha das realidades que están a acontecer de xeito repetido e sistemático no noso sistema sanitario e que atentan contra a dignidade das persoas que a sofren. Estamos a falar, outra vez, das contencións mecánicas.
Referímonos a técnica consistente en inmobilizar a alguén con correas e co suposto obxectivo de garantir a seguridade da persoa e do seu entorno. Un procedemento que nos venden como terapéutico, inevitable e seguro para as persoas. Pero isto é falso:
-
A contención non é terapéutica, atar nunca dignifica. E ter que chegar a realizala só nos fala do fracaso previo en coidar á persoa de forma axeitada.
-
Tampouco é verdade que o seu emprego sexe inevitable. Existen numerosas experiencias en distintos lugares da xeografía baseadas en políticas de contención cero. E a propia Consellería de Sanidade recolle agora nos seus documentos a necesidade de desenvolver un plan neste sentido.
-
E, por último, a contención mecánica non é un método seguro en absoluto. Leva asociados importantes riscos tanto físicos como psicolóxicos para as persoas que a sofren, e poden resultar traumatizantes incluso para quen as aplican ou simplemente as observan. E nalgúns casos as complicacións chegan a producir o falecemento daquela persoa á que se pretende axudar.
Así, por estes e moitos outros motivos, non hai alternativa: debemos acadar a erradicación das contencións mecánicas nos servizos de Saúde Mental; e debemos facelo xa. O exercicio de violencia nunca é admisible, pero aínda repugna en maior medida se cabe, cando se realiza sobre unha persoa que está a sufrir, que se atopa nunha situación de vulnerabilidade extrema e que acude solicitando axuda e ser coidada.
Ata hai pouco o Goberno da Xunta de Galicia miraba para outro lado de xeito sistemático cando se denunciaba está situación por parte de pacientes ou achegados, de movementos cidadás, de partidos políticos ou mesmo de organismos emanados directamente da ONU, como pode ser o Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura, que na nosa comunidade segue este tema de preto dende o ano 2017. Certo é que nos últimos tempos, sempre a rastras das demandas da propia sociedade, semella que timidamente se comeza a falar do tema dentro das altas instancias do Sergas. Pero chegan tarde e van lentos. A día de hoxe, por exemplo, aínda non dispoñemos de datos de cantas contencións se realizan, nin das súas causas nin da súa duración. E como se pode facer un plan serio se non coñecemos antes cal é a realidade? A erradicación das contencións mecánicas é unha cuestión urxente e de importancia vital. Xa basta de retrasala.
Dende o Movemento Galego da Saúde Mental non temos moito máis que aportar. Hai unha situación insoportable, as alternativas están amplamente difundidas en documentos espallados ao longo do mundo para quen os queira ler, e o camiño parece claro.
Neste sentido, dende o propio Movemento elaboramos este mesmo ano un Documento Marco para a elaboración dun plan galego de erradicación do uso das contencións mecánicas nos servizo de saúde mental.
Agora só falta que o Goberno da Xunta de Galicia e o Sergas se tomen o tema en serio.
hi author thanks so much for thats information be useful help me
Visit UsTelkom University
allergy medications for itching skin names of prescription allergy pills allergy pills over the counter
Estou totalmente en desacordo coas medidas de contención. So en casos puntuais OU excepcional.