Blog

INFORME DA ASEMBLEA DO MGSM EN SANTIAGO O DÍA 16 DE OUTUBRO DE 2021, NO MARCO DA VII XORNADA DO MGSM

INFORME DA ASEMBLEA DO MGSM EN SANTIAGO O DÍA 16 DE OUTUBRO DE 2021, NO MARCO DA VII XORNADA DO MGSM

 

Ao remate da VII Xornada do MGSM, “Mocidade en risco de expulsión. A diversidade coo ferramenta de futuro”, realizamos a asemblea , diante do que se presentou o informe de actividades realizado, as liñas xerais de actividade do vindeiro período, e a proposta de composición de coordinadora. 

Por mor da pandemia covid-19,tivemos que adiar a data de celebración  desta VII Xornada do MGSM, inicialmente prevista para o 30 de maio de 2020, atrasando ata o 17 de outubro de 2020, que finalmente tamén tivo que ser cancelada, pola situación epidemiolóxica naquelas datas que requería unha actitude de precaución. 

É así que o informe de actividades vai referido entre a última asemblea realizada, o 15 de xuño de 2019, ata o día actual.

1.- INFORME DE ACTIVIDADES

ACCIÓNS “DE RÚA”

Acto badaladas pola prevención do suicidio. 10 de setembro anos 2019, 2020 e 2021. Praza das Praterías excepto este último ano que foi realizado na Praza do Toural. Elabóranse comunicados onde continuamos esixindo unha políticas efectivas na prevención do suicidio. 

Acto polo Día Mundial da Saúde Mental. 10 de outubro de 2019 e lectura de comunicado para dar a coñecer e concienciar sobre a necesidade de eliminar o uso das contencións e reclamar a garantía de dereitos para as persoas cun diagnóstico psiquiátrico. En 2020 e 2021 elaboramos e fixemos públicos sendos comunicados.

Participación da manifestación promovida por SOS Sanidade pública do 9 de febreiro de 2020, de defensa da sanidade pública. Portamos pancarta co lema “negocio, abusos, abandono asistencial. Sen dereitos non hai saúde mental”. 

Acto “Saúde Mental sen ataduras. Contencións cero”, no Día dos Dereitos Humanos. Praza do Toural. 2020

Campaña “vacinación prioritaria XA!”. Febreiro de 2021, ata conseguir que as persoas ingresadas en hospitais psiquiátricos foran vacinadas con prioridade. Con escritos a Defensor del Pueblo, Ministerio de Sanidad, Presidente da Xunta de Galicia, Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Saúde Publica; acto público diante do Hospital Psiquiátrico de Conxo e campaña en redes as semanas anteriores.

ACCIÓNS ANTE ORGANISMOS INSTITUCIONAIS

Queixa formulada á Valedora do Pobo sobre o Plan de Intervención Psicosocial ao persoal do SERGAS. Marzo de 2021

Queixa formulada á Valedora do Pobo sobre a falta de vacinación das persoas que residen nos pisos protexidos. Marzo de 2021.

Petición de información sobre datos de contención (nº de contención entre os anos 2019-2021; duración de cada unha delas; lugar de realización; persoa responsable de indicación de contención, datos de control e supervisión no seu transcurso e datos sobre existencia de lesións asociadas a contención mecánica), segundo a Lei de transparencia, perante rexistro da Xunta de Galicia.26/4/2021.  A 14 de  xuño de 2021, presentamos ante a Comisión de transparencia de Galicia a reclamación sobre a falta de resposta da Xunta de Galicia, no tempo requerido. O 23 de xuño recibimos a resposta da Xunta de Galicia sobre este respecto, resolvendo inadmitir a trámite a solicitude porque son datos aos que son necesarios unha acción previa de reelaboración. A 23 de xullo de 2021 recibimos resolución da Comisión de transparencia sobre a reclamación presentada.

Envío escrito á Dirección do Centro Penitenciario de A Lama sobre illamento en celdas pos comunicación vis a vis. Maio 2021.

Escrito á Xerencia da Área sanitaria de Santiago, con copia a xerencia do Servizo Galego de Saúde alarmados polo coñecemento dunha actuación extraordinariamente grave por parte dun responsable do hospital contra un paciente que estaba en situación continuada de contención mecánica no servizo de urxencias. 19 de xullo de 2021. Facilitan xuntanza para responder a este escrito, sendo informados de xeito verbal e por escrito de que se iniciaran as xestións oportunas para esclarecer os feitos. Así mesmo, deuse traslado do expediente informativo á  Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, como órgano competente, do correspondente expediente informativo, conforme o procedemento legalmente establecido e de aplicación no Servizo Galego de Saúde

 

DECLARACIÓNS E COMUNICADOS PÚBLICOS (23 comunicados)

Comunicado Día Mundial da Prevención do Suicidio. 10/9/2019

Comunicado Día Mundial da Saúde Mental “saúde mental sen ataduras. Contención cero”. 10/10/2019

Un novo anuncio político sobre o Plan Estratéxico de Saúde mental.  Non pode ser unha estratexia propagandística en tempos de eleccións. 22/12/2019

Ampliación de actuación do mecanismo nacional de prevención da tortura no Hospital Psiquiátrico de Conxo. A xunta segue sen dar solución ás graves carencias e á vulneración de dereitos na atención á saúde mental. 29/1/2020

A enfermidade mental como insulto político. 3/2/2020

Balance da acción de goberno na Xunta do Partido Popular de Feijoo. Once anos de danos á saúde mental en Galicia. 5/3/2020

Carta aberta a Alberto Nuñez Feijóo sobre a saúde mental en Galicia. 13/3/2020

Blindar os servizos públicos: a resposta máis eficaz ante as situacións de crise. Que ninguén quede atrás, nin agora nin despois. 20/3/2020

Situacións sobrevidas a colectivos de saúde mental ante a emerxencia covid-19. 24/3/2020

Seguimento das incidencias no colectivo de saúde mental na emerxencia covid-19. 28/3/2020

Seguimento das incidencias no colectivo de saúde mental na emerxencia covid-19. 3/4/2020

Porque non todo é covid, debemos asegurar a accesibilidade e continuidade na atención á saúde mental. 15/4/2020

O castigo de illamento solitario . 7/5/2020

Comunicado do MGSM tras o anuncio da aprobación do Plan de Saúde Mental de Galicia pos covid-19. 29/6/2020

O Plan de Saúde pos covid. Ou como pretender comungar con rodas de muíño. 5/7/2020

Comunicado do MGSM no Día Mundial da Prevención do Suicidio. 10/9/2020

Comunicado “Por un enfoque da saúde mental baseado nos dereitos e a superación das desigualdades sociais” Día Mundial da Saúde Mental 2020.

Comunicado “Fronte a confrontación política, máis comunidade. Unha resposta social á pandemia”. Novembro de 2020.

Comunicado “Sobre os listados nominais de persoas con intentos de suicidio no SERGAS”. Decembro de 2020.

Comunicado MGSM “sobre a situación das persoas que residen nos hospitais psiquiátricos de Galicia e dos/as profesionais que os atenden, e necesidade de vacinación prioritaria”. Xaneiro de 2021. 

Comunicado sobre o Plan de Intervención Psicosocial ao persoal do SERGAS. Marzo de 2021.

Comunicado “A incoherencia da Consellería de Sanidade sobre os dispositivos de atención á saúde mental. Do esquecemento á desconsideración”. Sobre a non vacinación prioritario a residentes de pisos protexidos. Marzo de 2021.

Comunicado sobre a carencia de Unidades Hospitalarias de Rehabilitación nas áreas sanitarias de A Coruña e Ferrol. Xuño de 2021.

Comunicado no Día Mundial de Prevención do Suicidio. Setembro de 2021

Comunicado no Día Mundial da Saúde Mental 2021. “dereitos como condicións necesarias para a saúde mental”. Outubro de 2021

 

RELACIÓNS CON REPRESENTANTES POLÍTICOS

Mantivemos contacto cos distintos portavoces de sanidade dos grupos parlamentarios do BNG, Grupo Común da Esquerda, PSdeG-PSOE e o Grupo Mixto co obxectivo de dar a coñecer diversas situacións no eido da saúde mental e valorar a oportunidade de elaborar iniciativas parlamentarias.

Deste xeito, prodúcense diferentes iniciativas parlamentarias, na comisión de sanidade e no Pleno no Parlamento de Galicia, entre outras (14):

  • Sobre a situación da atención psiquiátrica e psicolóxica que presta o Sergas, as medidas adoptadas para corrixir as deficiencias denunciadas no Hospital de Conxo e a posta en marcha dunha unidade de atención á saúde mental para menores no Hospital Álvaro Cunqueiro, así como os plans para aumentar o número de facultativos e requirir do Goberno do Estado a actualización das prazas MIR e PIR destas especialidades. G.P. Mixto. Agosto 2019
  • Sobre a valoración que fai a Xunta de Galicia da capacidade e da calidade asistenciais actuais do Sergas en materia de saúde mental, as actuacións previstas ao respecto de xeito inmediato e os compromisos que pode adquirir no referido a melloras e implementación de novos recursos nos servizos desa área no Sergas. G. Socialistas de Galicia. Novembro 2019
  • Sobre a negativa da Xunta de Galiza a adecuar as políticas de atención en saúde mental no Hospital Psiquiátrico de Conxo, ás normativas de protección dos dereitos humanos. Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego. Febreiro 2020
  • Sobre a xestión do Goberno galego en relación coas deficiencias reflectidas no informe do Defensor del Pueblo respecto da atención e instalacións do Hospital Psiquiátrico de Conxo, así como as razóns da demora na posta en marcha do Plan de saúde mental de Galicia. Eva Solla Fernández. Febreiro de 2020.
  • Sobre as medidas adoptadas polo Goberno da Xunta de Galicia en materia de saúde mental durante a crise do coronavirus e a posta en marcha dun Plan galego de saúde mental. Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia. Abril 2020
  • Sobre o prazo previsto polo Goberno galego para a presentación e posta en marcha cos recursos precisos do plan de saúde mental anunciado polo presidente da Xunta de Galicia no debate de investidura. Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Setembro de 2020
  • Sobre a política do Goberno galego en relación coa saúde mental. Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego. Setembro de 2020
  • Sobre a opinión do Goberno galego referida á incidencia que van ter os recursos orzamentarios consignados para o ano 2021 na reversión do déficit endémico que presenta a atención á saúde mental. Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego. Xaneiro de 2021
  • Sobre a opinión do Goberno galego respecto da dotación de medios humanos e materiais dos servizos de saúde mental de Galicia. Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia. Febreiro de 2021
  • Sobre a valoración que fai a Xunta de Galicia da capacidade actual e calidade asistencial do Sergas no ámbito da saúde mental. Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia. Febreiro de 2021
  • Sobre a política da Xunta de Galicia en materia de atención á saúde mental. Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia. Febreiro de 2021
  • Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de atención á saúde mental. Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia. Febreiro de 2021
  • Sobre a existencia de estudos previos á pandemia en materia de suicidio e actuais sobre o impacto desta na saúde mental en Galicia. Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia. Setembro de 2021
  • Sobre a atención á saúde mental. Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego. Setembro de 2021.

 

Tamén se mantivo contacto con grupos municipais, a petición súa,  como o grupo do Bloque Nacionalista de Galicia-Santiago de Compostela, sobre a situación do suicidio, ou o Grupo da Marea Atlántica de A Coruña, para tratar aspectos da atención á saúde mental no seu ámbito de traballo.

Por outra banda, coa vontade de colaborar na procura da mellor atención á saúde mental en Galicia, baseada na protección dos dereitos humanos, a equidade no acceso ás prestacións e recursos, e a calidade na atención sanitaria e coidado das persoas, propuxemos e compartimos cos partidos políticos 7 eixes básicos de propostas programáticas para as eleccións autonómicas 2020, propostas que son recollidas en varios dos programas.

 

COPARTICIPACIÓN DO MGSM NOUTRAS ENTIDADES

Integrante na coordinadora de SOS Sanidade Pública (representante: Ana Riveiro)

Membro do Consello Municipal da Saúde de Santiago de Compostela (representante: Rosa Cerqueiro)

 

PARTICIPACIÓN EN FOROS DE DEBATE, ENCONTROS E XORNADAS 

Participación nunha reunión de STOP desafiuzamentos A Coruña sobre a exclusión residencial e a medicalización do sufrimento. 28/9/2019

Mesa redonda organizada polas ANPAS de Compostela sobre prevención do suicidio en nenos/as e adolescentes. III Xornadas da diversidade. 23/11/2019

Participación nunha reunión con GAM Coruña para dar a coñecer ambas plataformas e propostas de acción e cooperación. Dec/2019

Participación na xornada “Tempos de psicoloxía 2020, sobre a sociedade dixital” organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia 17/2/2020

Colaboración coas familias dos centros de maiores de Celanova e O Barco de Valdeorras, apoiando iniciativas que teñan en conta as necesidades de saúde mental dos usuarios/a de centros residenciais illados tras a pandemia. Maio 2020.

Colaboración no tríptico informativo da curtametraxe #queremossentir de REDE, Federación Galega de Usuarios da Residencias da Terceira Idade. Outubro 2020.

Participación webinar “práctica, dereitos e ética” . División Psicoloxía clínica e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía. Outubro de 2020.

Participación webinar “subvertir o paradigma patriarcal en saúde mental: unha mirada feminista e en primeira persoa”. Outubro de 2020.

Participación no acto de presentación da campaña #queremossentir de FADEMGA e REDES. Decembro de 2020.

Participación na Mesa Redonda “a Saúde mental en tempos da covid”, organizada por BNG Compostela. Xaneiro de 2021.

Participación no faladoiro sobre saúde mental e mocidade, organizado por Galiza Nova. Maio de 2021.

Participación a unha xuntanza informativa de representantes da Rede de tratamento das conductas aditivas sobre a situación da atención ás persoas con problemas de adiccións. Xuño de 2021

Participación nunha xuntanza con GAM de Compostela e A Coruña, sobre temas en común sobre saúde mental. Xullo de 2021.

 

COLABORACIÓN EN MEDIOS DE COMUNICACIÓN (alomenos 50 intervencións)

Participación no programa de radio “Recendo” de CUAC FM sobre prevención suicidio. Outubro 2019

Entrevista para a revista IRIMIA “MGSM: compromiso activo na defensa dos dereitos”. Outubro-novembro 2019

Artigo para o espazo “Falemos de feminismos” da Valedoría do Pobo “a discriminación das mulleres a través da saúde mental”. Novembro de 2019

Programa Ser Coruña sobre prevención de suicidios. Outubro 2019

Artigos de opinión A Voz de Galicia sobre prevención de suicidios. Outubro e novembro de 2019 e marzo 2020.

Programa Bos Días, da RTVG do 31/12/2019 sobre o suicidio

Artigo de opinión “a necesaria reforma psiquiátrica”. (A Voz de Galicia, xaneiro 2020)

Entrevista Voz de Galicia sobre adiccións a tecnoloxías. Febreiro de 2020

Reportaxe Galicia confidencial sobre o informe do Defensor del Pueblo sobre Hospital Psiquiátrico de Conxo marzo de 2020

Reportaxe Nós Diario sobre inacción goberno galego en saúde mental. Marzo 2020

Reportaxe Adiante sobre saúde mental en Galicia

Entrevista el diario.es sobre vulneración de dereitos en saúde mental 7/3/2020

Entrevista NÓS.TV  “Tras a crise aumentarán as desigualdades, e os gobernos terán que aumentar a protección social e sanitaria” . Marzo/2020

Entrevista praza.gal sobre saúde mental e covid. Abril 2020

Reportaxe Nósdiario sobre carencias saúde mental en Galicia xuño 2020

Reportaxe praza.gal sobre o plan de saúde mental. Xuño 2020

Reportaxe A Voz de Galicia sobre recursos en saúde mental. Xuño 2020

Entrevista Radio Galicia-SER sobre saúde mental e covid. Xullo 2020

Reportaxe praza.gal sobre saúde mental en tempos de covid. Xullo 2020

Reportaxe Praza.gal sobre carencias na atención á saúde mental. Setembro 2020

Entrevista Radio Galicia sobre prevención do suicidio. Setembro 2020

Entrevista programa “Revista da fin de semana”  e participación reportaxe telexornal mediodía. Outubro de 2020.

Colaboración en Nós Diario. Tribuna: “non hai saúde sen saúde mental, e non pode haber unha boa saúde mental  sen dereitos humanos”, outubro de 2020.

Reportaxe Nós Diario: “do estigma social á atención comunitaria”. Outubro de 2020.

Reportaxe e entrevista en Diario de Pontevedra: “abocados a un crack mental” e “precisamos máis que nunca un investimento suficiente en saúde mental”. Outubro de 2020.

Entrevista programa “Bos días” sobre suicidio. Outubro de 2020.

Reportaxe O Salto Diario “a xeración máis preparada da historia. Nen traballo digno nen saúde mental”. Novembro de 2020.

Artigo de opinión La Voz de Galicia, “O suicidio e os seus mitos”. Decembro de 2020.

Entrevista en adiante.gal sobre a covid e saúde mental. Decembro de 2020.

Reportaxe Diario Público sobre plan de prevención de suicidio. Febreiro de 2021

Colaboración co Blog “falamos de feminismo” da Valeduría do Pobo, co artigo “fibromialxia, dor invisible e xénero, unha mala combinación”. Febreiro 2021.

Reportaxe revista Luzes, “a saúde mental en Galicia, en bragas”. Marzo 2021.

Reportaxe Nós Diario “aínda que non se fala, existe”. Marzo 2021.

Reportaxe El Pais “Conxo, un psiquiátrico para enfermos olvidados”. Marzo de 2021.

Reportaxe El Diario, “4 psicólogos por 100 000 habitantes, así afronta Galicia el deterioro de la salud mental por la pandemia”. Marzo de 2021.

Radio Onda cero Compostela sobre Hospital Psiquiátrico de Conxo. Marzo de 2021.

Participación programa TVG “Bos días”, sobre saúde mental na pandemia. Abril 2021.

Reportaxe La Voz de Galicia, “Non perdamos máis tempo na prevención en saúde mental”. Abril de 2021.

Reportaxe Nós Diario “profesionais da saúde mental defenden un rexisro preciso e rigoroso do suicidio”. Abril de 2021

Entrevista Nós Diario sobre suicidio. Maio de 2021.

Reportaxe El Salto “a morte por suicidio: os estigmas e a dó. I e II: maio de 2021.

Reportaxe La Voz de Galicia; “altas esperas y falta de personal siguen marcando la atención a la salud mental”. Agosto de 2021.

Diversa participación en medios de comunicación (radio, prensa, televisión) ao redor do Día Mundial da prevención do suicidio 2021

 

2.- LIÑAS XERAIS DE ACTIVIDADE PARA O PRÓXIMO PERÍODO

 

O marco principal de actuación está recollido na Declaración Fundacional do MGSM. A óptica dos dereitos das persoas usuarias de servizos de saúde mental orientan todas as accións do MGSM. 

Propoñemos: analizar a situación de cada área sanitaria; elaborar propostas de mellora; informar á poboación; promover o compromiso, a participación e a mobilización; defender o público; esixir o respecto aos dereitos democráticos, sociais e sanitarios.

Máis en concreto: 

  • Manter o foco na consecución da erradicación do uso da contención mecánica (proposta elaborada no seu momento e levada ao Parlamento de Galicia-2019)
  • Atención sobre a situación da saúde mental (estado e atención) nas prisións en Galicia
  • Valoración dos plans e políticas públicas relacionadas coa saúde mental, e propostas de mellora
  • Esixencia de dotación de recursos públicos e da satisfacción das prestacións sanitarias
  • Sensibilización social, e mantemento da atención sobre os factores de desigualdade social que atravesan ás problemáticas de saúde mental (xénero, pobreza, educación, discriminación, violencias, exclusión, etc)

 

3.- COMPOSICIÓN DO MGSM

A Declaración Fundacional do MGSM está asinada tanto por persoas que se adhiren de xeito individual (preto das 450 persoas) como Asociacións. Pódese coñecer a súa identidade na páxina web do MGSM.

Proponse na asemblea, e acéptase por maioría a seguinte composición coordinadora e portavocía (en votacións separadas)

Coordinadora e portavocía do MGSM ata outubro de 2021

Delia Guitián Rodríguez , Rocío Basanta Matos, Eva Dorado Andrade, Iria Veiga Ramos, María Xosé Abuín Álvarez (CIG Saúde), Ana Riveiro Currais (Federación de Sanidade de CCOO), María Vázquez Souza, Miguel Vieito Villar, Xavier Sardiña Agra, Marisol Filgueira Bouza, Paula Tomé Espiñeira, Miguel Anxo García Álvarez, José Berdullas Barreiro, Alejandra Boullón Gómez, Álvaro Sampedro Ríos, María Leticia Cariñena Amigo

Rosa Cerqueiro Landín (Voceira).

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*