DE NOVO, O MECANISMO NACIONAL DE PREVENCIÓN DA TORTURA, (DEFENSOR DEL PUEBLO) DENUNCIA IRREGULARIDADES NO HOSPITAL PSIQUIÁTRICO DE CONXO
Entre os días 6 e 8 de xullo de 2021, realizouse unha visita, sen previo aviso, ao Hospital Psiquiátrico de Conxo, esta vez dentro do proxecto de visitas con enfoque de xénero.
Acaban de publicar as conclusións da ficha de seguimento, onde listan as conclusións e resolucións xerais que este organismo estatal realiza, dentro da súa función de vixilancia dos lugares onde residen as persoas privadas de liberdade co fin de previr a tortura e outros tratos ou penas crueis, inhumanos ou degradantes.
Xulguen vostedes.
Chove sobre mollado. O MNP xa recolleu en 2017-18 unha serie de irregularidades, que atentan contra os dereitos das persoas residentes no Hospital Psiquiátrico, sen que a maior parte das cuestións denunciadas sexan resoltas e superadas, desde a falta de información clínica e social dos pacientes (moitos deles residindo desde hai décadas), un rexistro do número, duración ou motivación das contencións mecánicas realizadas (paso esencial para o obxectivo de contención cero), as condicións de habitabilidade do edificio ou as dificultades para un proxecto realmente rehabilitador, entre outras conclusións.
Agora se evidencia un trato desigual, e por tanto discriminatorio, entre os homes e mulleres que alí residen, e unha moi preocupante acusación de violencia sexual (agora denunciado ante os tribunais tras a intervención do MNP).
As mulleres ingresadas no Hospital Psiquiátrico están en situación de maior dependencia, maior deterioro na súa saúde, menor autonomía para as actividades da vida diaria; teñen tempos de estancia máis prolongados no tempo, e menos posibilidades de irse a un domicilio tras a alta; Hai unha maior porcentaxe de mulleres ingresadas nun módulo pechado que no caso dos homes, sen que se saiban os criterios deste tipo de ingreso. E seguen a producirse contencións mecánicas, cunha media de duración da contención de 16 horas nas mulleres, sendo o caso máis grave a de unha muller que sufriu máis de30 contencións nos últimos 2 anos, que leva 19 anos de ingreso e cun diagnóstico psiquiátrico para o que a propia institución psiquiátrica non considera adecuada a súa estancia ahí.
Segue a producirse unha división sexual do traballo, con tarefas diferentes segundo o xénero: as mulleres en lavandería; os homes en carpintería e xardiñeiría.
Os problemas de adiccións a substancias non se tratan, se castigan.
E así un longo etcétera.
Preocupante. Intolerable. Abafante.
En 2021 se están producindo situacións que debían estar superadas desde hai moito tempo. Pasaron demasiados 8M como para xustificar que non se faga nada.
Non se pode perder un só minuto. Digámolo claramente, unha vez mais: en Galicia, na atención á saúde mental, se están a vulnerar dereitos fundamentais.
Podedes ler o documento completo AQUÍ
Pingback: The Ombudsman denounces discrimination against women and uncovers a case of sexual violence in the psychiatric hospital in Conxo | Money Training Club
Pingback: El Defensor del Pueblo denuncia discriminación hacia las mujeres y destapa un caso de violencia sexual en el psiquiátrico de Conxo – Stigmatis
skin allergy tablets list best generic allegra best allergy pill for itching