Blog

CONTRA OS TRATOS INHUMANOS E DEGRADANTES NA ATENCIÓN Á SAÚDE MENTAL POLA A ERRADICACIÓN DA CONTENCIÓN MECÁNICA PECHE DO CUARTO DE CONTENCIÓN DE PSIQUIATRÍA DO CHUAC, XA!

CONTRA OS TRATOS INHUMANOS E DEGRADANTES NA ATENCIÓN Á SAÚDE MENTAL POLA A ERRADICACIÓN DA CONTENCIÓN MECÁNICA PECHE DO CUARTO DE CONTENCIÓN DE PSIQUIATRÍA DO CHUAC, XA!

O Consello de Europa, do que é integrante España, coa fin de previr a tortura e os tratos inhumanos ou degradantes, establece que nos centros onde se realiza atención psiquiátrica non se poderá realizar a contención mecánica (suxeición da persoa con correas para impedir o seu movemento):

– Nin como castigo.

– Nin á vista doutros pacientes.

– Só como medida de seguridade xa que non se lle recoñece ningún valor terapéutico senón ao contrario, e medida en minutos máis que en horas.

– Nin ser substituído mediante videovixianza o acompañamento persoal permanente dentro da habitación, por persoal cualificado.

Tamén se indica a necesidade de realizar un rexistro que sosteña a información sobre esta práctica de seguridade.

Estas son algunhas das medidas acordadas o pasado 21 de marzo de 2017, en Estrasburgo.

Nacións Unidas leva dende hai anos chamando ao tratamento das persoas sin que se produza ningún tipo de discriminación e reclamando o avance cara a erradicación destas prácticas.

En Galicia descoñecemos cal é a situación, pero deducimos que é moi dura, dada a insensibilidade atopada en responsables políticos e profesionais, e o retroceso asistencial sanitario xeral.

No Hospital de Oza, do Complexo Hospitalario de A Coruña (CHUAC), persiste a existencia dunha habitación para a contención mecánica simultánea de persoas. Dende hai tres anos denunciamos repetidas veces esta realidade sin que se prestara ningunha atención polos responsables do SERGAS.

Hai mes e medio iniciamos unha campaña de sensibilización social, e reclamando o peche desa habitación do CHUAC, realizando unha contención tódolos sábados ás 13 horas no Obelisco de A Coruña. Este sábado engadiremos ao acto o relato dunha experiencia persoal de contención para que toda a sociedade saiba como subsiste nos nosos hospitais unha práctica que xa era rexeitada en toda Europa pola cidadanía republicana do século XVIII.

893 Comments - Leave a Comment
  • Pingback: VULNERACIÓN DE DEREITOS NO COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE A CORUÑA (CHUAC) POR CONDICIÓN DE SAÚDE MENTAL – Movemento Galego da Saúde Mental

  • Leave a comment

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    *