Blog

CUMPLIMENTO INMEDIATO DAS MEDIDAS PROPOSTAS POLO CONSELLO DE EUROPA POLA A ERRADICACIÓN DA CONTENCIÓN MECÁNICA PECHE DO CUARTO DE CONTENCIÓN DE PSIQUIATRÍA DO CHUAC, XA!

CUMPLIMENTO INMEDIATO DAS MEDIDAS PROPOSTAS POLO CONSELLO DE EUROPA  POLA A ERRADICACIÓN DA CONTENCIÓN MECÁNICA PECHE DO CUARTO DE CONTENCIÓN DE PSIQUIATRÍA DO CHUAC, XA!

O Consello de Europa, do que é integrante España, co fín de previr a tortura e os tratos inhumanos ou degradantes, establece que nos centros onde se realiza atención psiquiátrica, e para avanzar na reducción da contención mecánica das persoas, débense establecer rexistros desas actuacións.

Estas son algunhas das medidas propostas (as 11.1 e 11.2), que foron acordadas o pasado 21 de marzo de 2017, en Estrasburgo.

11.1.

A experiencia demostrou que o rexistro detallado e preciso dos casos de contención pode proporcionar á xerencia do hospital unha supervisión da extensión da sua práctica e permite adoptar medidas para reducir a sua incidencia.

…Débese establecer un rexistro para inscribir tódolos casos en que se recurriu a medios de contención (incluindo contención química)….

As entradas no rexistro deben incluir a hora na que a contención comenzou e terminou; as circunstancias do caso; as razóns para recurrir á medida; o nome do médico que a ordenou ou aprobou; e constancia de calqueira lesión sufrida polos pacientes ou o persoal. Os pacientes deben ter dereito a adxuntar comentarios no rexistro, e deben ser informados deste dereito; e por petición sua deben recibir unha copia completa da entrada.

11.2.

A frecuencia e a duración dos casos de contención deben informarse de maneira regular a unha autoridade de supervisión e/ou a un organismo externo (por exemplo, inspección sanitaria). Esto facilitará unha visión xeral nacional ou rexional da contención existente, con miras a aplicar unha estratexia para limitar a frecuencia e a duración do uso das medidas de contención.

Nacións Unidas leva dende hai anos chamando ao tratamento das persoas sin que se produza nigún tipo de discriminación e reclamando o avance cara a erradicación destas prácticas.

En Galicia descoñecemos cal é a situación nos nosos centros sanitarios, e en particular nas Unidades de Hospitalización Psiquiátrica. É ben posible que cando cheguemos a coñecelo nos atopemos cunha realidade vergonzosa e temible (os datos coñecidos do que ocurre con esta cuestión en Navarra son un un moi mal augurio).

A actitude manifestada polos dirixentes do Complexo Hospitalario de A Coruña (CHUAC) e a Consellería de Sanidade, ignorando estas propostas, e mentindo sobre a situación da contención no Hospital de Oza, non anuncian nada bo.

Continuamos coa campaña iniciada hai mes e medio. Seguimos reclamando o peche da habitación de contención do CHUAC, e o respeto aos dereitos das persoas na sua asistencia sanitaria.

Este sábado, 12 de xaneiro, ás 13 horas no Obelisco de A Coruña representaremos de novo unha contención mecánica, e daremos lectura ao relato dunha experiencia persoal de contención.

A sociedade debe coñecer e mirar de frente esta práctica existente nos nosos hospitais, porque son os seus hospitais, a sua saúde, e os seus dereitos os que están afectados. Pode que así a cidadanía chegue a reclamar, coa contundencia que esta cuestión necesita, que xa é hora de que se poñan os medios (asistenciais, organizativos, formativos, e legais) para deixar atrás esta forma de violencia.

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*