Blog

SAÚDE MENTAL SEN ATADURAS. CONTENCIÓNS CERO 10 DE DECEMBRO. DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS HUMANOS

SAÚDE MENTAL SEN ATADURAS. CONTENCIÓNS CERO 10 DE DECEMBRO. DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS HUMANOS

Praza do Toural (Santiago de Compostela) Ás 18:00 horas

No Día dos Dereitos Humanos, o Movemento Galego da Saúde Mental promove o acto “Saúde mental sen ataduras. Contencións cero” , co propósito de dar a coñecer a existencia do uso de contencións físicas de persoas ingresadas, práctica considerada unha vulneración da Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade (ONU).

O artigo 5 da Declaración Mundial dos Dereitos Humanos declara que “ninguén será sometido a torturas nin a penas ou tratos crueis, inhumanos e degradantes” , e organismos internacionais como a OMS, a ONU ou o Consello de Europa instan a elaborar medidas lexislativas e estratexias de planificación sanitarias que promovan a súa erradicación. Existen experiencias contrastadas que avalan a súa posibilidade real e efectiva.

Como afirma a OMS, “… un ambiente de respecto e protección dos dereitos civís, políticos, socioeconómicos e culturais básicos é fundamental para a promoción da saúde mental. Sen a seguridade e a liberdade que proporcionan estes dereitos resulta moi difícil manter un bo nivel de saúde mental…”

O Movemento Galego da Saúde Mental anima a todas/os a participar no acto que se realizará en Santiago de Compostela.

 

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*