Blog

Informe da Asemblea do MGSM en Santiago o día 15 de xuño de 2019, no marco da VI Xornada do Movemento

Informe da Asemblea do MGSM en Santiago o día 15 de xuño de 2019, no marco da VI Xornada do Movemento

Á unha e cuarto da tarde do 15 de xuño, no salón de actos da Facultade de Psicoloxía da USC, en Santiago, realizouse a Asemblea do MGSM, diante da cal se presentou o informe da actividade desenvolvida ó longo do ano que discorre dende a última asamblea (realizada na xornada de xuño do ano pasado), e as liñas xerais de actividade para o vindeiro ano, e decidiuse a composición da Coordinadora e Portavocía.

COMPOSICIÓN do MGSM

A Declaración Fundacional do MGSM está asinada por perto de 450 persoas, sendo a meirande parte profesionais da saúde mental de Galicia.

Ás entidades asinantes engadíuse neste ano a Asociación Nacional de Psicólogos Clínicos y Residentes (ANPIR).

Continuaron producíndose adhesións individuais.

A Asociación Fonte da Virxe de familiares e amigos dos enfermos mentais, de Santiago, comunicou a sua “desvinculación” do MGSM o 28-3-19.

INFORME DE ACTIVIDADE (xuño 2018-maio 2019)

(toda a actividade está recollida na web ou en faceboook do MGSM).

Relacións institucionais

– entrevista coa representante de Podemos en Galicia, Carmen Santos, por petición sua.

– envío a Defensor del Pueblo de informacións e documentación: Hospital Psiquiátrico de Conxo (en relación aos premios Best in Class),e estado da contención mecánica na Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do CHUAC.

– contacto aberto coas portavoces parlamentarias e o portavoz de Sanidade de En Marea (Eva Solla), PSdeG-PSOE (Julio Torrado), BNG (Montse Prado), para información a efectos de valoración pola sua parte da oportunidade de inciativas parlamentarias. Como resultas das aportacións que proporcionamos e da nosa actividade producíronse as seguintes iniciativas parlamentarias:

  • pregunta parlamentar do BNG na Comisión 5ª en relación á morte por precipitación dunha paciente ingresada no HULA. Montse Prado.
  • pregunta en Pleno do PSdeG-PSOE polas cuestións contidas no informe realizado sobre o Hospital Psiquiátrico de Conxo polo MNP-Defensor del Pueblo. Julio Torrado.
  • pregunta e proposición de En Marea relativa ao estado da asistencia á Saúde Mental na Coruña. Eva Solla.
  • proposición non de lei sobre a contención mecánica (recolle integro o documento elaborado polo MGSM) na Comisión 5ª realizada polo BNG. Montse Prado.
  • pregunta en Pleno sobre o Plan de Saúde Mental, o estado dos recursos asistenciais e da saúde mental en Galicia, realizada por En Marea. Flora Miranda.

– solicitude do grupo local de Lugo do partido Ciudadanos de entrevista co MGSM.

– comparecencia e informe no Parlamento de Galicia ante a Comisión Alternativa para a investigación do estado da atención sanitaria en Galicia e as consecuencias dos recortes na sanidade (comparecente: Rosa Cerqueiro).

Coparticipación do MGSM

– integrante da Coordinadora de SOS Sanidade Pública (representante: Ana Riveiro).

– membro do Consello Municipal de Saúde de Santiago (representante: Rosa Cerqueiro).

– participación na mesa redonda “a 20 anos de creación da especialidade, que está a ocorrer coa Psicoloxía Clínica en Galicia” (A Coruña, 1-12-19).

Accións públicas

– entrevistas con medios de comunicación en relación con actos ou declaracións públicas do MGSM.

– recordo de Ramón Muntxaraz.

– 10 de setembro-Día Mundial de Prevención do Suicidio: realización do acto 324 Badaladas pola prevención, en Praterías, e elaboración de declaración nese día e difusión pública dos datos. Acción de sentimento, denuncia e reivindicación.

– 10 de outubro-Día Mundial da Saúde Mental: mesa organizada polo MGSM: saúde, violencias e mulleres o día 6 en Santiago; apoio a actividades na Coruña (arte e saúde).

– accións contra a contención mecánica e o estado da sua execución na Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do CHUAC. Acto do Obelisco. Denuncia ante a Ficalía Provincial. Denuncia ante o Defensor del Pueblo. Denuncia ante o Conselleiro de Sanidade. Proposta ao Parlamento de Galicia.

– apoio e participación na manifestación en defensa da sanidade pública e contra os recortes na sanidade.

– apoio á convocatoria de movilizacións (folga e manifestacións) do 8 de marzo.

– participación nas XVII Jornadas da Asociación Castellano Leonesa de Salud Mental-AEN.

– participación na mesa redonda sobre Dereito á Saúde Mental, no Centro Cívico Municipal do Castrillón-A Coruña.

– acto coa Asamblea Nacional de Estudantes Galegas, a petición sua, sobre mulleres e saúde mental.

Documentos

Proposición sobre a contención mecánica de persoas atendidas en institucións psiquiátricas e residenciais.17 de decembro de 2018. Debatida no Parlamento como Proposición no de Lei.

Recursos en Saúde Mental en Galicia. Febreiro de 2019.

Declaracións públicas

– sobre a gravidade do informe do Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura en relación ao Hospital Psiquiátrico de Conxo, e a hospitalización psiquiátrica de pacientes con procesos agudos no Hospital de Rehabilitación Psiquiátrica de Calde (duas declaracións, 20-6-18 e 27-6-18).

– sobre a intención expresada do SERGAS de non crear a Unidade de Hospitalización de Saúde Mental Infanto-Xuvenil do Sur de Galicia no Hospital Álvaro Cunqueiro (11-7-18).

-denuncia pública da situación da atención á saúde mental na Coruña e da Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña, na que se sostiñan sin modificacións a pesar do denunciado o estado das instalacións, dotacións, contención mecánica e funcionamento (25-10-18).

unha candidatura indecente, un recoñecemento escandaloso. Denuncia da concesión de

recoñecemento como finalista ao Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Santiago nos premios Best in Class, a pesar do informe do MNP-Defensor del Pueblo sobre o Hospital Psiquiátrico de Conxo (13-11-18).

– denuncia do incumplimento gubernamental de compromisos, advertencia de futura manipulación política, e definición das condicións necesarias para un Plan Galego de Saúde Mental (19-12-18).

– sobre a contención mecánica na Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do CHUAC (peche do cuarto de contención), e o seu uso, estado e descoñecemento da sua realidade en Galicia. En defensa dos Dereitos Humanos, obxectivo Contencións 0 (cinco declaracións decembro 18 e xaneiro 19).

– en relación ás circunstancias e morte en contención de Andreas no HUCA de Oviedo (24-4-19).

Outras

– orientacións a usuarios/as de servizos de saúde mental (por demanda) sobre dereitos e procedementos de reclamación do respeto e satisfacción dos mesmos (cuestións relacionadas con contención mecánica, dispositivos de rehabilitación).

– proporcionouse por demanda orientacións a periodistas e documentalistas (temáticas: suicidio, estado da saúde mental en Galicia, recursos asistenciais, contención mecánica).

– seguimento da elaboración do Plan de Saúde Mental, dentro do posible dado a pouca transparencia que este proceso ten.

-sostemento da web e redes de comunicación social (responsable: Iria Veiga).

– organización das VI Xornadas do MGSM.

LIÑAS XERAIS DE ACTIVIDADE PARA O PRÓXIMO PERÍODO

A guía principal de actuación contense na Declaración Fundacional do MGSM. A óptica dos dereitos das persoas usuarias de servizos de saúde mental deberá orientar as accións do MGSM, así como as investigacións de funcionamento de servizos e a elaboración de propostas alternativas á situación actual.

Mais en particular:

  • Seminario permanente sobre a contención mecánica e a violencia na atención ao sufrimento

  • Deberá poñerse atención sobre a situación da saúde mental (estado e atención) nas prisóns existentes en Galicia.

  • Dotacións de recursos públicos e da satisfacción das prestacións sanitarias.

  • Elaboración e valoración de plans e políticas públicas relacionadas coa saúde mental.

  • Sensibilización social, mantemento no foco de atención das cuestións da saúde mental (nos eidos da política, e da actividade social e profesional), mobilización dos/as directamente afectados/as na xeneración de alternativas e na visibilización das propostas, e traballo de cooperación cos medios de comunicación.

  • Preverase a aportación específica á alternativa de goberno que Galicia necesita.

ELECCIÓN DA COORDINADORA E PORTAVOCÍA DO MOVEMENTO

Delia Guitián Rodríguez , Rocío Basanta Matos, Eva Dorado Andrade, Iria Veiga Ramos, María Xosé Abuín Álvarez (CIG Saúde), Ana Riveiro Currais (Federación de Sanidade de CCOO), María Vázquez Souza, Miguel Vieito Villar, Benito López-de Abajo Rodríguez, Xavier Sardiña Agra, Marisol Filgueira Bouza, Paula Tomé Espiñeira, Miguel Anxo García Álvarez, José Berdullas Barreiro, Rosa Cerqueiro Landín (Voceira).

One Comment - Leave a Comment
  • Leave a comment

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    *