Blog

Informe da Asamblea do MGSM realizada o dia 28 de maio.

Informe da Asamblea do MGSM realizada o dia 28 de maio.

No marco da III Xornada do MGSM, en Santiago, no auditorio da Sede Afundación-ABANCA, desenvolveuse a Asamblea, na que foi presentado o informe da actividade desenvolvida dende xuño de 2015.

Foi reelexida a Coordinadora Nacional e o Portavoz Nacional do MGSM.

Valorouse positivamente a campaña en curso (Badaladas pola Prevención do Suicidio), e acordouse realizar con motivo do Dia Mundial da Saúde Mental, o 10 de outubro, un acto no que, de xeito acorde cos graves efectos da crise na sociedade, se desenvolva a cuestión da relación entre pobreza e enfermidade mental, tanto para situar no foco de atención social esta cuestión como para chamar a atención dos sectores profesionais sobre a gravidade desta cuestión.

3 Comments - Leave a Comment
  • Leave a comment to junk car buyer Cancelar a resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    *