O MGSM esixe a participación de todo o persoal nas decisións do Servizo de Psiquiatría de Santiago de Compostela
Xefe de Servizo de Psiquiatría
Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela – SERGAS
Os profesionais da saúde mental de toda Galiza vimos asistindo a un sistemático e continuo deterioro na atención á poboación enferma, que ten a ver, en boa medida: 1) cunha constante diminución dos recursos profesionais na sanidade pública; 2) ca ausencia de plans específicos centrados nas necesidades actuais dos pacientes; e 3) cuns obxectivos xerenciais centrados na diminución do gasto, e ca derivación de recursos a entidades privadas. A anulación do Plan Estratexico de Saúde Mental 2006-11, abortou unha oportunidade excepcional de situar a nosa rede asistencial na media do estado español. Estos últimos anos, de nefasta xestión sanitaria, alértanos dun futuro camiño de precariedade que conlevará unha perda de calidade na atención aos doentes.
A exclusión dos traballadores do Servizo de Psiquiatría da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela na discusión, deseño e decisións estratéxicas que se están a tomar pola actual Xefatura de Servizo e pola Xerencia, vulnera a legalidade, lesiona os nosos dereitos, e priva aos usuarios das aportacións valiosas dun amplo grupo de profesionais de consolidada e contrastada formación e experiencia, así como exclúenos da corresponsabilización dos resultados das políticas sanitarias a aplicar. Como traballadores da sanidade pública, e ao abeiro da legalidade vixente, esiximos unha participación activa no deseño e execución das políticas sanitarias e dos programas asistenciais na nosa área sanitaria.
Por todo a anterior, os abaixos asinantes, membros do Servizo de Psiquiatría da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela do SERGAS, recollendo as propostas do MOVEMENTO GALEGO DA SAÚDE MENTAL, solicitámoslle:
1) A formalización dunha xuntanza de área mensual, ca participación voluntaria de todos os membros do Servizo, onde se informe e discuta sobre os aspectos estratéxicos xerais do Servizo, no referente a obxectivos, recursos e plans asistenciais.
2) A constitución de comisións estabeis específicas por dispositivos (Unidades de Saúde Mental, Unidades de Hospitalización, Unidades de Rehabilitación, Unidades específicas, Unidades de Longa estancia, entre outras), con xuntanzas regulares, onde participen os profesionais implicados, co fin de definir e consensuar os obxectivos, recursos, plans e estratexias máis acaídas para cada ún deles.
3) Creación, segundo as necesidades, de comisións para a coordinación entre dispositivos, cando así cómpra: coordinación das USM con atención primaria; coordinación entre dispositivos de hospitalización e rehabilitación; comisión para o trastorno mental grave; coordinación entre os dispositivos de atención ao TMG e recursos de servizos sociais; comisión para a prevención da conducta suicida; entre outros. Nelas participarían os profesionais implicados, e mesmo representantes de familiares e pacientes se fora o caso.
Con data do 21 de maio, recibimos a seguinte resposta:
Dr. Mario Páramo Fernández
Jefe de Servicio de Psiquiatría del CHUS
Por la presente, informe al colectivo al que Vd. pretende representar que en la EOXI de Santiago de Compostela el seguimiento de objetivos del Servicio de Psiquiatría se realiza por el Comité de Dirección, formado por los Jefes de Sección de diferentes dispositivos (UHP. Rehabilitación, Psiquiatría Ambulatoria), Representante Psicología, Psiquiatría Infanto-juvenil e Enfermería, a través de los cuales se podrán hacer llegar cualquier demanda o sugerencia.
Le informo igualmente que la Estrategia Sergas incluye un apartado de Salud Mental al que se ciñen las directrices del Servicio de Psiquiatría de la EOXI de Santiago de Compostela.
Actualmente se está estableciendo una nueva estrategia Sergas 2015-2020, por la que cualquier aportación del colectivo será vehiculada al Aergas por el Comité de Dirección.