Praza Pública: O Sergas recúa e non pechará camas de hospitalización psiquiátrica en Santiago

Nova en Praza Pública
Programa definitivo da II Xornada do Movemento Galego da Saúde Mental (actualización)

Xa temos programa definitivo para as nosas xornadas do 20 de xuño. Aquí volo deixamos, e recordámosvos que podedes inscribirvos enviando un correo ao noso enderezo mgsaudemental@gmail.com
-
Sanidade: dereito ou negocio. Pablo Vaamonde García. Médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña).Coordinador do libro “La salud como negocio”.
-
Os tratamentos involuntarios. Fuencisla Ladron de Cegama Escudero. Fiscal. Fiscalia de Área de Santiago de Compostela. Protección de persoas con discapacidade.
-
A cuestión da contención física. Miguel Anxo García Álvarez. Psicólogo clínico. Hospital Clínico Universitario de Santiago.
-
Os dereitos dende a perspectiva das persoas con enfermidade mental. Carlos García Lampón. Comité de persoas con enfermidade mental-FEAFES.
-
O suicidio en cifras. Delia Guitián Rodríguez. Psicóloga Clínica. Hospital Universitario Lucus Augusti.
-
Estudio sobre o suicidio en Galicia. Benito López-de Abajo Rodríguez. Médico Forense. Xefe de Servizo de Clínica Médico Forense do IMELGA.
-
Explicacións ao suicidio. Gonzalo Martínez Sande. Psicólogo Clínico. Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña.
-
Experiencia de un Programa de Intervención Intensiva en conduta suicida no Complexo Hospitalario de Ourense. Amparo González García. Enfermeira Especialista en Saúde Mental. Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
-
A inscrición é gratuita. O número de inscricións só se verá limitado pola capacidade de aforo do salón de actos, e darase prioridade por orden de inscrición.
-
As mesas desenvolveranse a través de exposicións, coordinadas por moderador/a, que en total no superarán os 70 minutos deixando o tempo restante (35 minutos) para intervencións e debate dos asistentes.
MANIFESTO: NON AO PECHE DE CAMAS EN SAÚDE MENTAL

O MGSM esixe a participación de todo o persoal nas decisións do Servizo de Psiquiatría de Santiago de Compostela

Xefe de Servizo de Psiquiatría
Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela – SERGAS
Os profesionais da saúde mental de toda Galiza vimos asistindo a un sistemático e continuo deterioro na atención á poboación enferma, que ten a ver, en boa medida: 1) cunha constante diminución dos recursos profesionais na sanidade pública; 2) ca ausencia de plans específicos centrados nas necesidades actuais dos pacientes; e 3) cuns obxectivos xerenciais centrados na diminución do gasto, e ca derivación de recursos a entidades privadas. A anulación do Plan Estratexico de Saúde Mental 2006-11, abortou unha oportunidade excepcional de situar a nosa rede asistencial na media do estado español. Estos últimos anos, de nefasta xestión sanitaria, alértanos dun futuro camiño de precariedade que conlevará unha perda de calidade na atención aos doentes.
A exclusión dos traballadores do Servizo de Psiquiatría da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela na discusión, deseño e decisións estratéxicas que se están a tomar pola actual Xefatura de Servizo e pola Xerencia, vulnera a legalidade, lesiona os nosos dereitos, e priva aos usuarios das aportacións valiosas dun amplo grupo de profesionais de consolidada e contrastada formación e experiencia, así como exclúenos da corresponsabilización dos resultados das políticas sanitarias a aplicar. Como traballadores da sanidade pública, e ao abeiro da legalidade vixente, esiximos unha participación activa no deseño e execución das políticas sanitarias e dos programas asistenciais na nosa área sanitaria.
Por todo a anterior, os abaixos asinantes, membros do Servizo de Psiquiatría da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela do SERGAS, recollendo as propostas do MOVEMENTO GALEGO DA SAÚDE MENTAL, solicitámoslle:
1) A formalización dunha xuntanza de área mensual, ca participación voluntaria de todos os membros do Servizo, onde se informe e discuta sobre os aspectos estratéxicos xerais do Servizo, no referente a obxectivos, recursos e plans asistenciais.
2) A constitución de comisións estabeis específicas por dispositivos (Unidades de Saúde Mental, Unidades de Hospitalización, Unidades de Rehabilitación, Unidades específicas, Unidades de Longa estancia, entre outras), con xuntanzas regulares, onde participen os profesionais implicados, co fin de definir e consensuar os obxectivos, recursos, plans e estratexias máis acaídas para cada ún deles.
3) Creación, segundo as necesidades, de comisións para a coordinación entre dispositivos, cando así cómpra: coordinación das USM con atención primaria; coordinación entre dispositivos de hospitalización e rehabilitación; comisión para o trastorno mental grave; coordinación entre os dispositivos de atención ao TMG e recursos de servizos sociais; comisión para a prevención da conducta suicida; entre outros. Nelas participarían os profesionais implicados, e mesmo representantes de familiares e pacientes se fora o caso.
Con data do 21 de maio, recibimos a seguinte resposta:
Dr. Mario Páramo Fernández
Jefe de Servicio de Psiquiatría del CHUS
Por la presente, informe al colectivo al que Vd. pretende representar que en la EOXI de Santiago de Compostela el seguimiento de objetivos del Servicio de Psiquiatría se realiza por el Comité de Dirección, formado por los Jefes de Sección de diferentes dispositivos (UHP. Rehabilitación, Psiquiatría Ambulatoria), Representante Psicología, Psiquiatría Infanto-juvenil e Enfermería, a través de los cuales se podrán hacer llegar cualquier demanda o sugerencia.
Le informo igualmente que la Estrategia Sergas incluye un apartado de Salud Mental al que se ciñen las directrices del Servicio de Psiquiatría de la EOXI de Santiago de Compostela.
Actualmente se está estableciendo una nueva estrategia Sergas 2015-2020, por la que cualquier aportación del colectivo será vehiculada al Aergas por el Comité de Dirección.
Acto Informativo: A situación da saúde mental en Galicia

Suicidios en Galicia no 2014
Segundas Xornadas do Movemento Galego de Saúde Mental

Rolda de prensa do MGSM: significativo aumento dos suicidios

“Encadeamos 4 anos seguidos de subidas. O incremento está sendo alarmante”, tendo en conta que en 2010 a taxa de suicidios na comunidade era de 9,81 por cada cen mil habitantes. En cifras absolutas, as persoas que se quitaron a vida en Galicia foron 390 segundo os datos propios do MGSM, fronte ás 333 de 2013.
Estas repercusións da crise percibíronse noutros ámbitos da vida das galegas e dos galegos, tal e como indicou o MGSM, co que o aumento de casos de suicidio é un terrible indicador da gravidade da situación.
Houbo fortes críticas sobre a tardanza na publicación dos datos por parte do Instituto Nacional de Estatística, que deixou pasar un ano ata informar sobre os falecementos por suicidio. “Este retraso amortece os efectos sobre a sociedade porque xa queda lonxe no tempo”, indicou o portavoz do MGSM, Miguel Anxo García. “Alertamos sobre os danos aos dereitos e ás prestacións da poboación”, e sinalouse unha política restritiva na hospitalización psiquiátrica para ofrecer unha imaxe de sobredotación de recursos.
O MGSM nacía en marzo de 2013 e tal e como indicou o propio García Álvarez, “o que nos alertou hai un ano segue aí”, e engadiu que os datos e as reflexións expostas constitúen unha “situación alarmante para quen traballamos en saúde mental”.
1. Os casos de suicidios ascende a 390 en 2014, segundo os datos propios do MGSM.
2. O Movemento denuncia a falta de transparencia na información por parte das autoridades públicas.
3. Asocian este preocupante incremento á inacción das autoridades sanitarias.
Podedes consultar as novas de prensa no noso blogroll ou clicando nas seguintes ligazóns: Sermos Galiza, Galicia Confidencial, Faro de Vigo, El Correo Gallego, Europa Press, La Voz de Galicia, Diario Médico.
Rolda de prensa MGSM

Mobilizacións do día 10 de Outubro

Queremos agradecer a vosa colaboración para facer desta xornada de sensibilización e reivindicación todo un éxito. As pancartas, chapas e carteis do MGSM inundaron todos os centros, visibilizando o noso compromiso en torno ao trastorno mental grave (TMG) e o abandono institucional sufrido por este colectivo. Tamén aparecemos en prensa e televisión, e presentamos a nosa proposta ante o Parlamento de Galicia, co apoio de todos os grupos parlamentares da oposición.
(podes consultar a nosa galería fotográfica AQUÍ, e a cobertura informativa na lista de ligazóns)