Documento marco plan erradicación das contencións mecánicas en saúde mental
Documento marco plan erradicación das contencións mecánicas en saúde mental (definitivo)
COMUNICADO DO MOVEMENTO GALEGO DA SAÚDE MENTAL EN RELACIÓN CON SITUACIÓN DE USO DE TEC FORZOSO NO HOSPITAL PROVINCIAL DE CONXO
Desde hai uns días, un medio de comunicación publica de forma repetida noticias sobre o caso da familia dun paciente ingresado na Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do Hospital Provincial de Conxo. Están preocupados e desconformes coa decisión dun ingreso involuntario, e da aplicación da Terapia Electroconvulsiva (TEC). O caso está xudicializado, xa que requiriu a […]
SAÚDE MENTAL SEN ATADURAS. CONTENCIÓNS CERO
Venres, 9 DE DECEMBRO DE 2022. 19:00 horas Praza Maior de Lugo Un ano máis, o Movemento Galego da Saúde Mental promove o acto “Saúde mental sen ataduras. Contencións cero” no marco do Día dos Dereitos Humanos. Nesta ocasión, será en Lugo onte terá lugar o acto público onde se amosa en que consiste […]
QUE A SAÚDE MENTAL DE TODXS SEXA UNHA PRIORIDADE MUNDIAL. COMUNICADO DO MGSM NO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL 2022
Que a saúde mental de todxs sexa unha prioridade mundial. É o lema elixido pola Organización Mundial da Saúde para este ano 2022. Esta institución leva anos advertindo da grave situación en saúde mental a nivel global. Particularmente incisivos durante o período de crise económica iniciado no 2008, onde advertían sobre a urxencia de potenciar […]
COMUNICADO DO MOVEMENTO GALEGO DA SAÚDE MENTAL SOBRE A MORTALIDADE POR SUICIDIO EN GALICIA EN 2021
Acaba de publicarse o informe do Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA) sobre a actividade realizada no ano 2021. Entre outros datos, recollen a mortalidade por suicidio investigada por esta entidade pública. Aínda que son escasos como para guiar unha acción preventiva eficaz, é a única fonte de datos que proporciona información sobre a […]
SEN INFORMACIÓN NON HAI ACCIÓN. SEN ACCIÓN NON HAI ESPERANZA
COMUNICADO DO MGSM NO DÍA MUNDIAL DE PREVENCIÓN DO SUICIDIO- 2022 Un ano máis sairemos á rúa co acto Badaladas para a Prevención do Suicidio para recordar unha tráxica realidade, que golpea en Galicia de xeito especialmente duro, ante a que non se está a poñer todos os medios necesarios nin o interese para levar […]
BAÑOS DE BOSQUE. A NOVA OCURRENCIA DO SERGAS PARA ATENDER A SAÚDE MENTAL EN GALICIA
Realmente cando pensabamos que non podíamos ficar máis sorprendidxs, unha nova acción do SERGAS eleva o surrealismo a cotas máximas. Vai ser imposible superar tal nivel de despropósito na xestión pública, que pagamos todxs. Poderíamos quedarnos no chascarrillo, na anécdota simpática que a noticia podería ter: o SERGAS vai prescribir unha innovadora terapia á poboación […]
A XERENCIA DO CHUAC RETIRA A CONTENCIÓN MECÁNICA E TRASLADA AO PACIENTE Á UNIDADE HOSPITALARIA DE PSIQUIATRÍA TRAS A DENUNCIA PÚBLICA DO MGSM
Onte quitáranlle parcialmente as contencións. Hoxe trasládano á unidade de psiquiatría. Pouco hai que celebrar. Actuaron tarde, moi tarde. E só pola repercusión mediática. Antes, a Xerencia dera aos medios unha resposta vergonzosa, desviando o asunto polo que fora cuestionado, nun formato-tipo ao que nos teñen acostumados cando destapamos unha noticia similar, que é agocharse […]
VULNERACIÓN DE DEREITOS NO COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE A CORUÑA (CHUAC) POR CONDICIÓN DE SAÚDE MENTAL
En días pasados, tivemos coñecemento dunha situación de potencial vulneración dos Dereitos Fundamentais dunha persoa que ingresa no Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). Acode ao Servizo de Urxencias, por clínica psiquiátrica, o martes 22 de marzo e, valorada a indicación de ingreso en Unidade de Hospitalización Psiquiátrica (UHP), vese abocada a permanecer por […]