VULNERACIÓN DE DEREITOS NO COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE A CORUÑA (CHUAC) POR CONDICIÓN DE SAÚDE MENTAL

En días pasados, tivemos coñecemento dunha situación de potencial vulneración dos Dereitos Fundamentais dunha persoa que ingresa no Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). Acode ao Servizo de Urxencias, por clínica psiquiátrica, o martes 22 de marzo e, valorada a indicación de ingreso en Unidade de Hospitalización Psiquiátrica (UHP), vese abocada a permanecer por […]
O GOBERNO DA XUNTA DE GALICIA TEN QUE ASUMIR A RESPONSABILIDADE DA VULNERACIÓN DE DEREITOS EN SAÚDE MENTAL

A actitude vergonzosa da Administración con respecto ao Hospital Psiquiátrico de Conxo Ven de presentarse o pasado 18 de marzo, no Congreso dos Deputados, o informe anual 2021 do “Defensor del Pueblo”: Na páxina 567 do informe 2021 sinálase as dificultades que tivo o equipo do MNP para poder realizar o traballo que teñen encomendado: […]
O MGSM PON EN COÑECEMENTO DA FISCALÍA UNHA POSIBLE VULNERACIÓN DE DEREITOS DUNHA PERSOA CON DISCAPACIDADE
Hai uns días, o Movemento Galego da Saúde Mental enviou un escrito dirixido á Fiscalía de Santiago de Compostela co obxectivo de poñer no seu coñecemento uns feitos que puideran ser xeradores de responsabilidade penal e/ou unha posible vulneración de dereitos dunha persoa con discapacidade. Tivéramos coñecemento que o 8 de xullo de 2021 producírase […]
Valoración do Movemento Galego da Saúde Mental sobre a proposición de lei galega de saúde mental, de iniciativa popular, impulsada pola Fundación Salma
Meses atrás o Movemento Galego da Saúde Mental recibiu o borrador dun texto lexislativo sobre saúde mental en Galicia. O proxecto estaba a ser impulsado por unha fundación (Fundación Salma) constituída moi recentemente e da que non tiñamos ningún dato, referencia, nin coñecemento. Describíase como obxectivo principal do texto o de “protexer os dereitos e […]
“SAÚDE MENTAL SEN ATADURAS. CONTENCIÓNS CERO” Día dos Dereitos Humanos 2021

Na Declaración dos Dereitos Humanos recóllese que “todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade da súa persoa” (artigo 3) e que “ninguén será sometido a torturas nin a penas ou tratos crueis, inhumanos ou degradantes” (artigo 5). A Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, ratificada polo Reino de […]
PETICIÓN DE INFORMACIÓN SOBRE O SEGUIMENTO DO EXPEDIENTE INFORMATIVO SOBRE A PRESUNTA AGRESIÓN OCORRIDA NO SERVIZO DE URXENCIAS DO CHUS
Con data de 22 de outubro de 2021 rexistramos unha petición de información ante a Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, para interesarnos pola marcha do procedemento aberto para esclarecer os feitos que se produciron no servizo de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela en relación coa suposta agresión […]
INFORME DA ASEMBLEA DO MGSM EN SANTIAGO O DÍA 16 DE OUTUBRO DE 2021, NO MARCO DA VII XORNADA DO MGSM

Ao remate da VII Xornada do MGSM, “Mocidade en risco de expulsión. A diversidade coo ferramenta de futuro”, realizamos a asemblea , diante do que se presentou o informe de actividades realizado, as liñas xerais de actividade do vindeiro período, e a proposta de composición de coordinadora. Por mor da pandemia covid-19,tivemos que adiar […]
DE NOVO, O MECANISMO NACIONAL DE PREVENCIÓN DA TORTURA, (DEFENSOR DEL PUEBLO) DENUNCIA IRREGULARIDADES NO HOSPITAL PSIQUIÁTRICO DE CONXO

Entre os días 6 e 8 de xullo de 2021, realizouse unha visita, sen previo aviso, ao Hospital Psiquiátrico de Conxo, esta vez dentro do proxecto de visitas con enfoque de xénero. Acaban de publicar as conclusións da ficha de seguimento, onde listan as conclusións e resolucións xerais que este organismo estatal realiza, dentro da […]
DEREITOS COMO CONDICIÓNS NECESARIAS PARA A SAÚDE MENTAL COMUNICADO DO MGSM NO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL 2021
Sinala Dainius Püras, o anterior Relator especial da ONU sobre o dereito de toda persoa ao disfrute do máis alto nivel posible de saúde física e mental, que o dereito á saúde non é un dereito a estar san, senón o dereito tanto a condicións como a servizos que conduzan a unha vida digna e […]