POLA SANIDADE QUE MERECEMOS E QUEREMOS
MOTIVOS PARA ACUDIR Á MANIFESTACIÓN PROMOVIDA POR SOS SANIDADE PÚBLICA DO 4 DE FEBREIRO DE 2024 Desde o Movemento Galego da Saúde Mental animamos a toda a cidadanía a participar na próxima manifestación promovida pola plataforma SOS Sanidade Pública que, baixo o lema “pola sanidade que merecemos e queremos”, terá lugar o próximo domingo 4 […]
BLINDAR OS SERVIZOS PÚBLICOS: A RESPOSTA MÁIS EFICAZ ANTE AS SITUACIÓNS DE CRISE. QUE NINGÚEN QUEDE ATRÁS, NIN AGORA NIN DESPOIS.
Hai semanas que parecen anos, e a crise que estamos a vivir polo COVID-19 é un claro exemplo disto. E ao mesmo tempo, impresiona que estamos a pasar por todas as fases de dó dun xeito acelerado: negación- ira- negociación- depresión- aceptación. A resposta colectiva, unha vez máis, é dunha grandeza indescritible: solidariedade, fortaleza, xenerosidade, […]
Praza Pública: O MGSM denuncia que se están a limitar os ingresos psiquiátricos e a precipitar as altas en Compostela
Ligazón á nova en Praza Pública
Non é certo que non estean a recortar recursos en Saúde Mental (Secuestro de recursos en Saúde Mental)
Hai menos dun mes, despois de denuncias públicas e mobilizacións contra o seu plan, o Xerente da Área Sanitaria de Santiago comprometeuse a non pechar camas de hospitalización psiquiátrica na Unidade existente no Hospital de Conxo e no resto do Complexo, tal como tiña previsto para cumprir os obxectivos da Consellería de Sanidade. A día […]
Mesa Redonda en Oleiros o 24 de setembro
Ante unha etapa social e sanitaria decisiva para a Saúde Mental
-
Cómpre ampliar e reforzar a unidade e diversidade do MGSM, buscando o compromiso de todos quen comparten a súa Declaración Fundacional, o seu compromiso e o seu traballo.
-
Tense que seguir con atención o desenvolvemento das reformas legais en proxecto, nomeadamente a do Código Penal.
-
Hai que xerar en cada Área Sanitaria organización e actividade para enfrontar o deterioro dos recursos e as actuacións antidemocráticas dos xestores en cada lugar onde ocorra.
-
Débese avanzar con rigor técnico na definición de propostas sanitarias e sociais concretas, para corrixir o deterioro da atención á saúde mental, e en particular aquelas que resposten ás necesidades das persoas con trastorno mental grave e as súas familias.
-
Temos que defender e denunciar calquera dano ós recursos e dereitos sanitarios, sociais ou laborais.
-
Cómpre manter a actividade sensibilizadora social e a cooperación cos medios de comunicación, así como promover nas Institucións posicionamentos de defensa da saúde mental da poboación.
-
Débese, por todos e cada un de nós, desenvolver o noso traballo cun compromiso activo ca defensa dunha atención sanitaria de calidade e do sistema sanitario público.