Recortes

La Voz de Galicia: os recursos de Psiquiatría enfrentan ao MGSM co Sergas

La Voz de Galicia: os recursos de Psiquiatría enfrentan ao MGSM co Sergas

Ligazón á nova en La Voz de Galicia

Read More

Praza Pública: O MGSM denuncia que se están a limitar os ingresos psiquiátricos e a precipitar as altas en Compostela

Praza Pública: O MGSM denuncia que se están a limitar os ingresos psiquiátricos e a precipitar as altas en Compostela

Ligazón á nova en Praza Pública

Read More

Non é certo que non estean a recortar recursos en Saúde Mental (Secuestro de recursos en Saúde Mental)

Non é certo que non estean a recortar recursos en Saúde Mental (Secuestro de recursos en Saúde Mental)

Hai menos dun mes, despois de denuncias públicas e mobilizacións contra o seu plan, o Xerente da Área Sanitaria de Santiago comprometeuse a non pechar camas de hospitalización psiquiátrica na Unidade existente no Hospital de Conxo e no resto do Complexo, tal como tiña previsto para cumprir os obxectivos da Consellería de Sanidade. A día […]

Read More

La Voz de Galicia: reclaman medidas na loita contra o suicidio

La Voz de Galicia: reclaman medidas na loita contra o suicidio

Ligazón ao arquivo da nova en formato .pdf

Read More

Diario de Pontevedra: O MGSM reclama máis medios para loitar contra o suicidio

Diario de Pontevedra: O MGSM reclama máis medios para loitar contra o suicidio

Ligazón ao arquivo da nova en formato .pdf

Read More

Praza Pública: O Sergas recúa e non pechará camas de hospitalización psiquiátrica en Santiago

Praza Pública: O Sergas recúa e non pechará camas de hospitalización psiquiátrica en Santiago

Nova en Praza Pública

Read More

A mobilización colectiva frea novamente o peche de camas

A mobilización colectiva frea novamente o peche de camas

Este verán non se pecharán camas de hospitalización psiquiátrica na Área Sanitaria de Santiago. A intención de facelo estaba reflexada no Plan de continxencias elaborado pola Xerencia da Área e que foi coñecido extraoficialmente, moi ó pesar da Dirección, pol@s traballador@s de saúde mental. O Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) manifestouse radicalmente oposto a […]

Read More

Sermos Galiza: A mobilización evita feche de camas

Sermos Galiza: A mobilización evita feche de camas

Nova en Sermos Galiza  

Read More

MANIFESTO: NON AO PECHE DE CAMAS EN SAÚDE MENTAL

MANIFESTO: NON AO PECHE DE CAMAS EN SAÚDE MENTAL
SEGUEN A FACER RECORTES EN DEREITOS ASISTENCIAIS E NA SANIDADE PÚBLICA: NON AO PECHE DE CAMAS EN SAÚDE MENTAL
Á Conselleira de Sanidade e aos seus Xerentes dálles igual que as condicións de saúde mental da poboación se teñan agravado, cuns indicadores de mala evolución incontestables: o aumento de trastornos psíquicos, o incremento dos suicidios, a elevación do consumo de psicofármacos, a maior morbi-mortalidade daqueles que sufren trastorno mental grave. Estos indicadores, entre outros, non son os datos que orientan a súa xestión. A quen nos goberna élle indiferente que a situación dos máis febles da sociedade siga a empeorar. Eles teiman nos recortes en servizos esenciais para a poboación, nomeadamente da sanidade pública.
Para este verán, outramente, volven tentar pechar prazas de hospitalización psiquiátrica na Área Sanitaria de Compostela. Pretenden eliminar 15 prazas hospitalarias na Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do Hospital Medico – Cirúrxico de Conxo.
Argumenta a Conselleira que é debido ás vacacións do persoal, e que sempre se fixo así, e que tamén sempre se protestou por iso. Só ten razón na última das afirmacións. No referido á atención ás persoas con enfermidade mental os dous primeiros argumentos son radicalmente falsos. Minte a Consellería, coma o ano pasado xa mentía o Xerente da Área de Santiago cando argumentaba que se podían pechar prazas de hospitalización psiquiátrica no Hospital Gil Casares porque a ocupación era baixa (cando daquela era superior ao 85%, e quen así argumentaba era coñecedor diso).
Non lograron pechar o ano pasado, no que foi o primeiro intento de supresión de prazas psiquiátricas aproveitando o que chaman “peche estacional”. Entón non é certo que sempre se fixera.
Tampouco o é que sexa por causa das vacacións do persoal asistencial, xa que os profesionais de saúde mental veñen asumindo dende sempre temporalmente a variación da carga de traballo estacional para posibilitar o descanso de todos/as, sen por iso eliminar ningún recurso asistencial. Minten así outra vez.
Ocultan que o recorte que dende a Consellería e a Xerencia da Área se está a realizar en persoal asistencial, como parte da sua xestión da crise, fai que se achegue o momento da redución de prazas hospitalarias. Con isto recórtanse xa abertamente os dereitos asistenciais dos cidadáns e especialmente dos máis vulnerables e necesitados. Parecen pensar que os cidadáns enferman por riba das súas posibilidades.
Dende o Movemento Galego da Saúde Mental afirmamos que non sobra, nin tan sequera temporalmente, unha soa praza de hospitalización psiquiátrica na Área Sanitaria de Compostela, xa que as condicións de saúde mental da poboación están a agravarse e os padecementos psíquicos non son estacionais. Afirmamos tamén que se está a restrinxir inxustamente o dereito dos cidadáns ao tratamento hospitalario mediante a negativa a realizar ou demorar o ingreso psiquiátrico, ou mesmo dando a alta precozmente, derivando así de xeito inaceptable a carga do coidado e a asistencia sobre as familias dos pacientes.
Non é tolerable o peche dun só recurso de atención á saúde mental. A infradotación nesta área asistencial é recoñecida por todos. O empeoramento da saúde mental da poboación por culpa da crise está demostrado. É unha proba de inxustiza, insensibilidade e irresponsabilidade dos nosos gobernantes reducir recursos de hospitalización psiquiátrica nun momento así.
O Movemento Galego da Saúde Mental chama a todos, profesionais, usuarios, familias, cidadáns, organizacións sociais e institucións públicas, a opoñerse cívicamente a estas pretensións dos xestores da sanidade pública galega, a defender o patrimonio de todos, e a pelexar polo dereito á saúde e á asistencia sanitaria.

Read More

Mesa Redonda en Oleiros o 24 de setembro

Mesa Redonda en Oleiros o 24 de setembro
No Concello de Oleiros terá lugar, o día 24 de setembro ás 20,00 horas, a Mesa Redonda “Estase a desmantelar a Sanidade Pública na Galiza?”,  a cargo de Manuel Martín García, presidente da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública e portavoz da plataforma SOS Sanidade Pública. O coloquio terá lugar no Auditorio A Fábrica.
Read More