O MGSM participa nas I Xornadas de Clínica Psiquiátrica
Dentro dos actos que preceden ao 10 de outubro, Día Mundial da Saúde Mental, a APEM organiza as I Xornadas de Clínica Psiquiátrica, centradas na atención ao doente con Trastorno Mental Grave. Unha compañeira do MGSM participará das palestras, achegando a nosa posición sobre o estado actual da atención á saúde mental. Dende o MGSM, cremos que o día mundial debe ser inclusivo e crítico, centrado nos verdadeiros problemas dos usuarios e profesionais da atención á Saúde Mental, especialmente nunha etapa de diminución de recursos e duros ataques privatizadores. Informaremos dos actos que se vaian realizando de cara ao día 10 de outubro, nos que achegaremos a reivindicación aos seus verdadeiros protagonistas. PARTICIPA!