10 de Outubro, Día Mundial da Saúde Mental
O Día Mundial da Saúde Mental foi establecido pola Organización Mundial da Saúde (OMS) para chamar a atención das sociedades e os gobernos sobre a situación na que se atopan as persoas afectadas por trastornos e enfermidades mentais, para potenciar o desenvolvemento de políticas acordes coa importancia desta dimensión da saúde e para mobilizar a […]
Mobilizacións do día 10 de Outubro
Queremos agradecer a vosa colaboración para facer desta xornada de sensibilización e reivindicación todo un éxito. As pancartas, chapas e carteis do MGSM inundaron todos os centros, visibilizando o noso compromiso en torno ao trastorno mental grave (TMG) e o abandono institucional sufrido por este colectivo. Tamén aparecemos en prensa e televisión, e presentamos a nosa proposta ante o Parlamento de Galicia, co apoio de todos os grupos parlamentares da oposición.
(podes consultar a nosa galería fotográfica AQUÍ, e a cobertura informativa na lista de ligazóns)
10 de Outubro, Día Mundial da Saúde Mental: Vivir con TMG, aquí e agora
- Colocación de carteis e pancartas nos diferentes centros sanitarios
- Confección de murais
- Chapas para todo o persoal nos centros de traballo
- Proposta ante o Parlamento de Galicia (podes lela AQUÍ)
Porque a mellor campaña “anti-estigma” é proporcionar ás persoas con TMG os medios sanitarios, sociais, económicos e de integración laboral para que podan desenvolver plenamente as súas capacidades e diferentes proxectos de vida, con independencia e dignidade.
Acto de Pontevedra
Os compañeiros do MGSM de Pontevedra organizan, en colaboración coa Asociación Alba, unha Mesa Redonda o día 9 de outubro na Galería Sargadelos, ás 19,30 horas, con motivo do Día Mundial da Saúde Mental. O MGSM ten como obxectivo a realización de múltiples actos co gallo deste día, en varias localidades, que acheguen a problemática do Trastorno Mental Grave á cidadanía. Acompáñanos nas nosas actividades!
Ademais, podedes acceder aos contidos das Xornadas da APEM, celebradas o día 4 de outubro. Clicade AQUÍ para velos.
PROPOSTA DO MGSM AO PARLAMENTO DE GALICIA
-
A atención á saúde mental debe ser prioritaria para as políticas sanitarias públicas, mediante o deseño, promulgación e aplicación de estratexias e plans específicos. Estes terán en conta o risco agravado para a saúde mental do contexto actual de crise socioeconómica. Elaboración periódica dun Plan Estratéxico de Saúde Mental.
-
Reforzo da atención sanitaria ás persoas con trastorno mental grave, mediante as dotacións profesionais e materiais suficientes, unha organización de recursos axeitada, e a oferta de programas asistenciais específicos e eficaces. En particular no eido máis deficitario: o da atención comunitaria e da rehabilitación psicosocial. Presentación de Plans de Necesidades e Plans Funcionais para todas as áreas sanitarias para a atención dos doentes con trastorno mental grave.
-
Potenciar as medidas de protección social ás persoas afectadas por trastorno mental grave e ás súas familias. Cumprimento da Lei de Dependencia.
-
Desenvolver políticas activas de emprego dirixidas especificamente a promover a incorporación e sostemento na actividade laboral normalizada das persoas con trastorno mental grave.
-
Impedir a promulgación de calquera medida legal que actúe incrementando o estigma ou diferenciando negativamente ás persoas con trastorno mental grave, nomeadamente as actuais propostas de reforma do Código Penal.
Actos do MGSM programados para o 8 de outubro
Santiago de Compostela
Mesa Redonda: “Vivir con Trastorno Mental Grave”
Modera:
Iria Veiga (MGSM Compostela)
Relatores:
- Irene Martínez, psicóloga da Unidade de Saúde Mental de Noia – CHUS
- Mª Mar Piñeiro Sobrido, Presidenta da Asociación “Fonte da Virxe”
- Begoña Portela, psiquiatra do Servizo de Psiquiatría do CHUS
- Cristina Riobó, Comité de Persoas con Enfermidade Mental
Día: Mércores 8 de outubro de 2014, ás 17 horas.
Lugar: Galería Sargadelos, rúa Nova 16, Santiago de Compostela
MGSM Compostela
A Coruña
Mesa Redonda: “Día Mundial da Saúde Mental: Contra o estigma”
Modera:
Marisol Filgueira Bouza (Psicóloga Clínica)
Relatores:
- César Salgado García (Voluntario Facultade Socioloxía UDC no programa de TMG de Oza)
- Fátima Barbeito Roel, Noelia Menéndez Torreiro, Manuel Fernández, Mª Ángeles Rodríguez Fandiño (Usuarios e Familiares)
- Paula Tomé (Radio Prometea)
- Mª Carmen García Pinto (Terapeuta Ocupacional),
- Paula Suárez López (Enfermeira)
- Mª Luisa Ortega García (Traballadora Social)
- Carmen Mª Guitian Martins (Auxiliar de Enfermería)
- Cristina Rivas Prado (Orientadora Laboral)
Día: Mercores 8 de outubro de 2014, ás 17 horas
Lugar: Aula Magna da Facultade de CC da Saúde, Campus de Oza. A Coruña.
MGSM A Coruña