Dereitos dos Doentes

A INCOHERENCIA DA CONSELLERÍA DE SANIDADE SOBRE OS DISPOSITIVOS DE ATENCIÓN Á SAÚDE MENTAL. DO ESQUECEMENTO Á DESCONSIDERACIÓN

A finais de xaneiro de 2021, cando comprobamos que a Xunta de Galicia non tiña ningunha intención de vacinar ás persoas que residen de forma estable nos hospitais psiquiátricos (estando na mesma situación de risco de contaxio, transmisión e gravidade que as persoas que residen en centros sociosanitarios), iniciamos unha campaña de visibilización e denuncia, […]

Read More

AS PERSOAS QUE RESIDEN NOS HOSPITAIS PSIQUIÁTRICOS VACINARANSE NOS PRÓXIMOS DÍAS. PERO… QUE RESACA DEIXA A MAREA?

AS PERSOAS QUE RESIDEN NOS HOSPITAIS PSIQUIÁTRICOS VACINARANSE NOS PRÓXIMOS DÍAS.  PERO…  QUE RESACA DEIXA A MAREA?

Tiña que ser. Non podía ser doutro xeito. As persoas que residen de forma estable nos centros psiquiátricos, sexa cal sexa a súa titularidade, debían entrar na etapa de vacinación prioritaria, ao igual que as persoas que residen nos centros da terceira idade e nos centros sociosanitarios de atención á discapacidade. Pola situación de risco […]

Read More

COMUNICADO DO MGSM SOBRE A SITUACIÓN DAS PERSOAS QUE RESIDEN NOS HOSPITAIS PSIQUIÁTRICOS DE GALICIA E DOS/AS PROFESIONAIS QUE OS ATENDEN, E NECESIDADE DE VACINACIÓN PRIORITARIA.

COMUNICADO DO MGSM SOBRE A SITUACIÓN DAS PERSOAS QUE RESIDEN NOS HOSPITAIS PSIQUIÁTRICOS DE GALICIA E DOS/AS PROFESIONAIS QUE OS ATENDEN, E NECESIDADE DE VACINACIÓN PRIORITARIA.

Nos últimos días coñeceuse a existencia dun importante gromo de coronavirus no Hospital Psiquiátrico de Conxo, con 42 positivos (16 traballadores/as do centro sanitario e 26 residentes) a día de hoxe. Nunha das unidades do hospital, a chamada “somática”, onde residen persoas con diagnóstico de trastorno mental grave e importante comorbilidade física, contaxiáronse todos os […]

Read More

En defensa dos Dereitos Humanos

A contención mecánica de persoas ingresadas en centros de carácter sanitario ou residencial é unha practica máis frecuente do que a sociedade se imaxina. Con ese termo noméase a acción mediante a cal se inmobiliza con correas a unha persoa, fixándoa xeralmente a unha cama. Esta práctica,aplicada a persoas atendidas nas institucións psiquiátricas, é considerada […]

Read More

Ø Contencións

Ø Contencións

EN DEFENSA DOS DEREITOS HUMANOS A contención mecánica de persoas ingresadas en centros de carácter sanitario ou residencial é unha practica máis frecuente do que a sociedade se imaxina. Con ese termo noméase a acción mediante a cal se inmobiliza con correas a unha persoa, fixándoa xeralmente a unha cama. A contención mecánica é unha […]

Read More

QUE ESTÁ A OCORRER NA ATENCIÓN Á SAÚDE MENTAL NA CORUÑA?

QUE ESTÁ A OCORRER NA ATENCIÓN Á SAÚDE MENTAL NA CORUÑA?

En febreiro do 2017 o Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) denunciou publicamente a situación da Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do Complexo Hospitalario da Coruña (CHUAC). Salientábamos que se estaba a producir a vulneración de dereitos humanos fundamentais das persoas ingresadas cando se executaba a súa contención mecánica nunha habitación con tres camas e de […]

Read More

A PESAR DO DENUNCIADO NON HAI NINGUNHA MELLORA NA UNIDADE DE HOSPITALIZACIÓN PSIQUIÁTRICA DA CORUÑA

A PESAR DO DENUNCIADO NON HAI NINGUNHA MELLORA NA UNIDADE DE HOSPITALIZACIÓN PSIQUIÁTRICA DA CORUÑA

Hai dez meses o Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) denunciou publicamente o estado no que se atopaba a Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do Complexo Hospitalario da Coruña. Salientamos, naquel momento, as inaceptables e discriminatorias condicións físicas das habitacións (a metade dos pacientes debían usar baños colectivos), os déficits severos de funcionamento e de organización […]

Read More

IV Xornadas do Movemento Galego da Saúde Mental

IV Xornadas do Movemento Galego da Saúde Mental

Dereitos: piares irrenunciables da asistencia á saúde mental En Santiago o 17 de xuño no Salón de Actos do Colexio Maior Fonseca da USC (Campus Vida, Santiago de Compostela)   Horario: 09.30-Recepción de asistentes 10.00-Presentación e apertura da actividade da Xornada. Rosa Cerqueiro Landín. Psicóloga Clínica. Area Sanitaria de Ferrol. 10.15- Conferencia: A hospitalización como […]

Read More

DIGNIDADE E DEREITOS DANADOS NA HOSPITALIZACIÓN PSIQUIÁTRICA NO COMPLEXO HOSPITALARIO DA CORUÑA

DIGNIDADE E DEREITOS DANADOS NA HOSPITALIZACIÓN PSIQUIÁTRICA NO COMPLEXO HOSPITALARIO DA CORUÑA

O Movemento Galego da Saúde Mental foi coñecedor da denuncia presentada ante a Xustiza pola morte dun paciente psiquiátrico que, cando faleceu, se atopaba en contención mecánica ingresado na Unidade de Hospitalización Psiquiátrica (UHP) do Complexo Hospitalario da Coruña. Este feito ocorreu no marco dunha Unidade de Hospitalización con importantes carencias, sostidas no tempo, e […]

Read More

Vulneración de dereitos no Hospital de Calde

Vulneración de dereitos no Hospital de Calde

Nestes dias vén de facerse público que no Hospital de Calde (Lugo) prohibiuse a saída ó exterior de tódolos pacientes psiquiátricos ingresados debido a que apareceron con danos importantes coches aparcados nas proximidades, por causa de accións intencionais. Os responsables sanitarios, sen identificar a quen causou os danos, estableceron que o culpable debía ser algún […]

Read More