dereitos asistenciais

COMUNICADO DO MGSM SOBRE A SITUACIÓN DAS PERSOAS QUE RESIDEN NOS HOSPITAIS PSIQUIÁTRICOS DE GALICIA E DOS/AS PROFESIONAIS QUE OS ATENDEN, E NECESIDADE DE VACINACIÓN PRIORITARIA.

COMUNICADO DO MGSM SOBRE A SITUACIÓN DAS PERSOAS QUE RESIDEN NOS HOSPITAIS PSIQUIÁTRICOS DE GALICIA E DOS/AS PROFESIONAIS QUE OS ATENDEN, E NECESIDADE DE VACINACIÓN PRIORITARIA.

Nos últimos días coñeceuse a existencia dun importante gromo de coronavirus no Hospital Psiquiátrico de Conxo, con 42 positivos (16 traballadores/as do centro sanitario e 26 residentes) a día de hoxe. Nunha das unidades do hospital, a chamada “somática”, onde residen persoas con diagnóstico de trastorno mental grave e importante comorbilidade física, contaxiáronse todos os […]

Read More

En defensa dos Dereitos Humanos

A contención mecánica de persoas ingresadas en centros de carácter sanitario ou residencial é unha practica máis frecuente do que a sociedade se imaxina. Con ese termo noméase a acción mediante a cal se inmobiliza con correas a unha persoa, fixándoa xeralmente a unha cama. Esta práctica,aplicada a persoas atendidas nas institucións psiquiátricas, é considerada […]

Read More

A XERENCIA DO SERGAS EN LUGO ELUDE RESPONSABILIDADES EN SAÚDE MENTAL

A XERENCIA DO SERGAS EN LUGO ELUDE RESPONSABILIDADES EN SAÚDE MENTAL

A Xerencia do SERGAS en Lugo vén de acusar ao Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) de mentir e causar malestar nos profesionais por ter denunciado nunha declaración pública, no mes de novembro pasado a situación residencial na que se atopaban as persoas ingresadas no Centro Hospitalario de Rehabilitación Psiquiátrica de Calde. En dúas ocasións, […]

Read More

IV Xornadas do Movemento Galego da Saúde Mental

IV Xornadas do Movemento Galego da Saúde Mental

Dereitos: piares irrenunciables da asistencia á saúde mental En Santiago o 17 de xuño no Salón de Actos do Colexio Maior Fonseca da USC (Campus Vida, Santiago de Compostela)   Horario: 09.30-Recepción de asistentes 10.00-Presentación e apertura da actividade da Xornada. Rosa Cerqueiro Landín. Psicóloga Clínica. Area Sanitaria de Ferrol. 10.15- Conferencia: A hospitalización como […]

Read More

ALGÚNS DATOS DA PRECARIEDADE ASISTENCIAL DE SANTIAGO. OS FEITOS REPÍTENSE, AS XUSTIFICACIÓNS TAMÉN, E MENTRAS A REALIDADE DA ATENCIÓN Á SAÚDE MENTAL SIGUE A SER A MESMA. SÓ AS PERSOAS DANADAS SON NOVAS.

A Xerencia da Área Sanitaria de Santiago, ante a información difundida públicamente polo Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) sobre feitos coñecidos na Unidade de Hospitalización Psiquiátrica (UHP) do Hospital Médico-Cirúrxico de Conxo, afirma que esa Unidade de Santiago, non se viu afectada polos recortes e ten as dotacións de profesionais adecuadas. Vexamos se é […]

Read More