Blog

Nin manicomio nin intemperie: un fogar. Por unha vivenda digna, accesible e suficiente.

A vivenda é un dos grandes problemas e motivos de preocupación social nas últimas décadas. As políticas de vivenda dos últimos anos impiden que se faga efectivo un dos dereitos como é o acceso a unha vivenda. Os prezos dos alugueres e de vivenda en propiedade, a falta de vivenda pública, as condicións das vivendas que se ofrecen, os requisitos cada vez mais esixentes para poder acceder a estas; a escasa contía das prestacións , etc son impedimentos importantes para que as persoas con diagnóstico psiquiátrico poidan acceder a unha vivenda.

As repercusións son múltiples e negativas: residir en centros hospitalarios de medialonga estancia; residencias sociosanitarias pouco preparadas para a atención e coidado; sistema de pisos protexidos ou mini-residencias que son escasas en número e non sempre satisfactorias para quen residen; non poder independizarse das familias de orixe se este fora seu desexo; malvivir en pensións e hostais sen a intimidade e espazo desexados; vivir na rúa.

A sociedade ten que ser consciente de que os gobernos non poden seguir mirando para outro lado e que o acceso á vivenda é un elemento vital para preservar unha identidade desde a dignidade e é un factor imprescindible para a recuperación.

O 18 de outubro en xornada de mañán e tarde, na X Xornada, desenvolveremos as diversas cuestións relacionadas con este tema a través de tres mesas con ponencias e debates. Tamén prevemos realizar un acto público de sensibilización social. Con antelación suficiente faremos público o programa de actividades, o lugar concreto de realización, e a forma de inscrición.

Invitámoste a reservar esa data e a participar nese día na X Xornada do MGSM.

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*