GARANTIR O CUMPRIMENTO DOS DEREITOS. COMUNICADO DO MGSM POLO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL. 10 de outubro de 2023
O lema elixido este ano no Día Mundial da Saúde Mental é “A saúde mental é un dereito humano universal”. Unha frase que concentra en tan poucas palabras tal diversidade e alcance de vellas reclamacións e necesarias propostas que non debera empregarse como unha afirmación baleira de sentido e significantes. O lema podería ficar simplemente como unha frase dificilmente cuestionable, celebrada por todas e todos e con bo enganche publicitario.
A propia OMS, na declaración para este 10 de outubro, debulla as implicacións de considerar a saúde mental desde a perspectiva dos dereitos: “Ninguén debería verse privado dos seus dereitos humanos ou excluída das decisións sobre a propia saúde por padecer un problema de saúde mental. Todas as persoas, sen importar quen sexan ou onde estean, teñen dereito a gozar do máis alto grao posible de saúde mental, que inclúen o dereito a ser protexido dos riscos para a saúde mental, o dereito a unha atención dispoñible, accesible, digna e de calidade; e ao dereito a liberdade, a independencia e a integración na súa contorna social”.
Desde o Movemento Galego da Saúde Mental insistimos desde hai anos na urxencia de garantir o cumprimento dos dereitos fundamentais das persoas diagnosticadas e de adoptar de forma prioritaria o enfoque preventivo na atención á saúde mental que vaia máis alá do ámbito sanitario, xa que son as condicións materiais de vida e a presenza de violencia e abusos os principais factores de risco de mala saúde mental.
O dereito á saúde non é o dereito a estar san, senón o dereito á protección da saúde. Son os poderes públicos quen asegurarán as medidas preventivas, asistenciais e de protección social necesarias para facer efectivo ese dereito, xunto coa adaptación e aplicación da lexislación necesaria para cumprir as obrigacións internacionais en materia de dereitos humanos.
En Galicia, estamos moi lonxe de acadar os obxectivos mínimos de protección da saúde mental e os dereitos que asisten ás persoas diagnosticadas. Por moito que o goberno actual anuncie supostos avances nas políticas sanitarias nos días previos a datas sinaladas, como o Día Mundial da Prevención do Suicidio, ou agora o Día Mundial da Saúde Mental. O que da en chamar campañas de sensibilización son en realidade campañas publicitarias, financiadas por todas nós.
Preto de rematar a vixencia do Plan de Saúde Mental de Galicia poscovid 19, a realidade é que esta estratexia resultou insuficiente para alcanzar os propósitos fixados no 2020. Entre outros:
-. Non se reduciu o impacto dos problemas de saúde mental nin as taxas de suicidio.
Galicia encabeza os datos de prevalencia de problemas de saúde mental, de consumos de psicofármacos e as taxas de suicidio de todo o Estado español, sen avances no transcurso dos anos que leva implantándose os plans galegos de prevención de suicidio e de saúde mental.
Evidénciase a insuficiencia destas estratexias tanto na análise do problema, como nos recursos mobilizados e a inversión efectivamente dispoñible. Pero sobre todo a falta dun modelo global que integre a complexidade da saúde mental e interveña de forma integral.
Fronte a isto, a falta de autocrítica por parte do goberno galego redunda nunha presentación distorsionada da natureza dos problemas. Un exemplo recente o temos no argumentario esgrimido recentemente en sede parlamentaria por unha deputada popular, explicando que o aumento de suicidios en Galicia se debía a que estes se producen con maior frecuencia en municipios de menos de 10000 habitantes. Tamén se ten asociado co avellentamento da poboación, mesturando descricións estatísticas con causas.
A proposta estrela deste goberno para a prevención do suicidio xuvenil é un programa a desenvolver nos centros escolares, que leva anunciado desde hai máis de un ano e a estas alturas de curso aínda non se iniciou, á espera de recrutar profesionais voluntarios para desenvolver un programa piloto de investigación. Que programa preventivo pode ser eficaz sen unha dotación profesionalizada, vinculación exclusiva e con continuidade temporal? Pasa o mesmo que coa figura do coordinador de benestar nos centros educativos, elixida de entre o profesorado, sen capacitación especializada, a tempo parcial e a maiores das funcións docentes.
Unha vez máis, preténdese facer máis con menos. Aumentan as funcións dos profesionais (do profesorado e do persoal do SERGAS) pero sen facilitar os recursos necesarios.
Nada se sabe da existencia ou grao de implantación dos protocolos en centros especialmente sensibles como poden ser os de protección de menores.
-. Non se garante o dereito ás prestacións sanitarias en condicións de calidade, accesibilidade e igualdade efectivas.
A finais do ano pasado, cerca de 9000 persoas estaban esperando por unha primeira consulta de saúde mental. Implica unha espera de ata un ano para unha primeira consulta, e de meses para ter un seguimento. Compromete a seguridade do paciente, a calidade do traballo profesional e a eficacia dos tratamentos.
O aumento do número de profesionais previsto no Plan de Saúde Mental pos covid era insuficiente previo á pandemia, de acordo coas recomendacións feitas hai máis de 25 anos por un goberno popular, pero volveuse totalmente irrelevante no contexto da pandemia.
Por outro lado, un aspecto de especial importancia son as desigualdades xeográficas no acceso á atención á saúde mental, polo que unha parte importante da poboación, ao vivir lonxe dos principais núcleos urbanos, non teñen acceso efectivo ás prestacións, sobre todo para quen necesita unha maior intensidade de atención, como poden ser hospitais de día, continuidade de coidades, hospitalización a domicilio ou psicoxeriatría. Punto aparte é a situación que se está a vivir na Atención Primaria, o que afecta dun xeito implacable na saúde mental da poboación.
Máis aló de boas palabras, non parece que a atención á saúde mental entre nas prioridades do goberno galego para os próximos anos, a tenor do que se coñece da Estratexia de Saúde 2030,en período de lectura pública, onde non hai referencias a un novo plan de saúde mental, que corrixa as insuficiencias do actual.
-. Non se garante a protección das persoas diagnosticadas contra vulneracións dos seus dereitos fundamentais
O Plan de Saúde Mental de Galicia poscovid-19 limitouse a sinalar tres obxectivos no avance dunha perspectiva de dereitos: implementar a planificación anticipada de decisións, avanzar cara a contención cero, e avaliar e mellorar a calidade nos dispositivos de atención ás persoas con trastorno mental.
Apenas se sabe nada sobre o desenvolvemento efectivo destes 3 obxectivos irrenunciables. Non se sabe se o rexistro sobre contencións estase a cumprimentar en todas as áreas e unidades, nin os datos de contención que permitirían establecer plans locais de eliminación das contencións mecánicas e outras prácticas coercitivas.
A formación a profesionais sobre dereitos e eliminación das prácticas coercitivas segue pivotando en maior medida sobre os protocolos de como realizar as contencións, e non de alternativas para previr que tal cousa suceda.
Por outra parte, seguen pendentes de responder e/ou corrixir todas as recomendacións realizadas polo Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura (MNP) do Defensor del Pueblo tras as visitas realizadas en 2017 e 2021 ao Hospital Psiquiátrico de Conxo, que visibilizaron as profundas carencias na atención á saúde mental dos pacientes ingresados nos hospitais psiquiátricos. A Xunta de Galicia debería ser proactiva e xeneralizar o cumprimento das recomendacións do MNP ao resto de centros da comunidade galega.
-. Vulnérase o dereito das persoas con problemas de saúde mental a vivir de forma independente e ser incluído na comunidade
Seguen sen solucionarse os graves problemas que temos en Galicia en relación coa vivenda en xeral, e co acceso a vivendas comunitarias para persoas con problemas de saúde mental, na contorna da súa elección. Este é un dos principais motivos, xunto coas dificultades no emprego, que obstaculizan os obxectivos de recuperación das persoas con problemas de saúde mental, sobre todo as persoas que ingresan en hospitais psiquiátricos, e ven limitadas as posibilidades de vivir en lugares que non sexan o propio hospital ou residencias.
As políticas sociais da Xunta de Galicia amosan o seu fracaso, á luz das denuncias que se suceden nos últimos meses sobre o estado das persoas que viven en institucións residenciais. O MGSM propuxo recentemente unha auditoría sobre a situación das persoas que viven nas residencias, e se considere a creación dunha comisión de investigación no parlamento galego, dado o risco de vulneración dos dereitos das persoas que alí residen, que permita coñecer cantas son as persoas que se viron afectadas por estes plans de reubicación residencial, as alternativas consideradas e o tipo de centros aos que se derivaron, así como os plans asistenciais da rede de Saúde Mental para estas persoas.
Queda case todo por facer. E falta vontade decidida para realizar cambios substanciais. Hai cada vez unha maior conciencia de urxencia de repensar o modelo da atención á saúde mental, inoperante e vulneradora de dereitos.
É así como se acaban de manifestar a OMS e a Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos (ACNUDH) na presentación da publicación Saúde Mental, Dereitos Humanos e Lexislación: Orientacións e prácticas.
É así como levan denunciando desde hai moito tempo diversos colectivos en primeira persoa e organizacións de dereitos civís.
Escoitaremos?
non drowsy allergy medication canada kirkland allergy pills toronto best allergy pills for adults
Wow, incredible blog structure! How long have you
ever been blogging for? you make running a
blog glance easy. The total glance of your web site is wonderful, let alone the content!
You can see similar: najlepszy sklep and here najlepszy sklep
Hello there! Do you know if they make any plugins to
help with Search Engine Optimization? I’m trying to get my blog to rank for some targeted keywords but I’m not seeing very good results.
If you know of any please share. Thank you! You can read similar blog
here: Sklep online
Hello there! Do you know if they make any plugins to assist with SEO?
I’m trying to get my blog to rank for some targeted keywords but I’m not seeing very good gains.
If you know of any please share. Kudos! You can read similar text here: Sklep internetowy
Hey there! Do you know if they make any plugins to assist with Search Engine Optimization? I’m trying to get my
blog to rank for some targeted keywords but I’m not seeing very good gains.
If you know of any please share. Many thanks!
You can read similar article here: Sklep online
Hello! Do you know if they make any plugins to help with SEO?
I’m trying to get my blog to rank for some targeted keywords but I’m not seeing very good
results. If you know of any please share. Cheers!
You can read similar article here: Ecommerce