SAÚDE MENTAL SEN ATADURAS. CONTENCIÓNS CERO

Venres, 9 DE DECEMBRO DE 2022. 19:00 horas Praza Maior de Lugo
Un ano máis, o Movemento Galego da Saúde Mental promove o acto “Saúde mental sen
ataduras. Contencións cero” no marco do Día dos Dereitos Humanos. Nesta ocasión, será en
Lugo onte terá lugar o acto público onde se amosa en que consiste unha contención física, onde
a persoa permanece atada de mans e pés durante tempo indefinido, tras o que se dará lectura
dun comunicado.
O propósito deste acto simbólico é dar a coñecer a persistencia de prácticas coercitivas na
atención á saúde mental, sensibilizar á sociedade sobre as consecuencias lesivas que estas
prácticas teñen na vida e dignidade das persoas e tomar conciencia da necesidade de avanzar
en dereitos que aínda hoxe non se compren de maneira efectiva.
A existencia do uso de contencións físicas de persoas ingresadas é unha práctica considerada
como vulneración da Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade e os Estados
asinantes (entre eles, España) han de comprometerse a elaborar medidas lexislativas e
estratexias de planificación sanitarias que promovan a súa erradicación.
Organismos Internacionais como a ONU, a OMS, ou o Consello de Europa instan ao obxectivo da
total erradicación da contención mecánica como un feito irrevogable. Calquera consideración
contraria ao enfoque dos dereitos na atención á saúde significa un retroceso democrático nas
liberdades, sen sustento posible nas competencias científico-técnicas. Existen experiencias
contrastadas que avalan a posibilidade real e efectiva da erradicación da contención mecánica.
Non hai escusas.
O Movemento Galego da Saúde Mental anima a todas/os a participar no acto que se realizará o
venres 9 de decembro ás 19: 00 horas, na Praza Maior de Lugo.
Hello movementogalegosaudemental.gal owner, Your posts are always a great read.
To the movementogalegosaudemental.gal administrator, Your posts are always well-supported by facts and figures.
http://interpharm.pro/# online medicine without prescription
how to order prescription drugs from canada – interpharm.pro Their pet medication section is comprehensive.
To the movementogalegosaudemental.gal administrator, Your posts are always well-balanced and objective.
Hello movementogalegosaudemental.gal webmaster, Your posts are always well-structured and logical.
To the movementogalegosaudemental.gal administrator, Keep up the good work, admin!
To the movementogalegosaudemental.gal administrator, You always provide great examples and real-world applications.
Hello movementogalegosaudemental.gal webmaster, You always provide great examples and case studies.