QUE A SAÚDE MENTAL DE TODXS SEXA UNHA PRIORIDADE MUNDIAL. COMUNICADO DO MGSM NO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL 2022
Que a saúde mental de todxs sexa unha prioridade mundial. É o lema elixido pola Organización Mundial da Saúde para este ano 2022. Esta institución leva anos advertindo da grave situación en saúde mental a nivel global. Particularmente incisivos durante o período de crise económica iniciado no 2008, onde advertían sobre a urxencia de potenciar políticas sociais e sanitarias que mitigaran os peores efectos da crise.
Daquela, en Galicia optouse por un modelo de saída da crise baseado nos recortes e desigualdade social, deixando caer a tantas persoas en situación de vulnerabilidade. A nivel de atención á saúde mental, nada se fixo, cando existe unha relación confirmada entre condicións de vida precarias e mala saúde mental.
As tornas parecen cambiar coa pandemia covid-19. É posible que nunca antes se falara tanto e tan abertamente sobre as dificultades emocionais, o malestar psicolóxico e o sufrimento mental como nestes case tres últimos anos.
Existe unha maior sensibilización sobre cuestións de saúde mental, atraendo a atención sobre unha realidade que de sempre foi incómoda, tabú e orixe de actitudes e conductas de discriminación e exclusión. A sensibilización ten o valor de dar luz sobre realidades longamente ocultadas.
É un paso necesario, pero non suficiente, para a seguinte acción no camiño de erradicar o estigma e a discriminación: a concienciación.
Tomar conciencia implica coñecer que a saúde mental está multideterminada e se conecta intimamente con determinantes individuais, sociais e estruturais que dan orixe, agravan ou perpetúan a mala saúde mental de individuos e sociedades.
Tomar conciencia ten o poder de rachar con tantos mitos arredor da enfermidade mental (que enlazan coa culpa, debilidade persoal, maldade ou agresividade) que leva a negar a posibilidade en nós mesmos do malestar mental. Pola contra, supón falar de saúde mental e pobreza, precariedade, violencias, estereotipos de xénero, discriminacións, mala saúde física, carencias materiais ou afectivas ou exclusión social.
A concienciación crea as bases do compromiso activo na defensa dos servizos públicos e o respecto aos dereitos humanos, que contribúa a reverter as políticas que non priorizan o benestar colectivo e a solidariedade como modo de superar as desigualdades. Un dos factores de risco de mala saúde física e mental é o entorpecemento da accesibilidade e a equidade na atención sociosanitaria. Outro dos factores de risco máis salientables é a vulneración de dereitos.
Desde a sensibilidade, concienciación e o compromiso por unha saúde mental para todxs, facemos un chamamento, no Día Mundial da Saúde Mental, a esixir ao goberno de Galicia que:
-. Active, con carácter urxente e efectivo, as medidas tendentes á eliminación de toda forma de coerción nos servizos de saúde mental, seguindo as directrices da Resolución 2291 (2019) da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa.
-. Reforce a sanidade pública, coa provisión dos recursos necesarios, para reducir unhas listas de espera actualmente insoportables (máis de 10.000 persoas esperando unha primeira consulta), e que son un factor claro de desigualdade no acceso á atención pública para as persoas con menos recursos económicos, con esperas de meses.
-. Potencie os recursos públicos a nivel residencial e comunitario fronte á externalización de servizos.
-. Respecte os dereitos laborais do persoal dos servizos públicos, verdadeiro eixe do sistema xunto cxs usuarixs do mesmo. Coidar o factor humano é esencial para manter os servizos públicos, por riba da tecnoloxía e a dixitalización.
-. Transparencia e rendemento de contas, a través de memorias e informes regulares, do desenvolvemento do Plan de Saúde Mental de Galicia poscovid-19, e o Plan Galego de Prevención do Suicidio.
A OMS sinala como fundamental para o cambio en saúde mental que os sistemas e servizos de saúde mental funcionen ben. Resalta a necesidade de tres tipos de compromiso político: expreso, institucional e orzamentario. O goberno da Xunta de Galicia debe abandonar as políticas publicitarias ás que nos ten acostumados, chegando a anunciar de xeito repetido as mesmas informacións sobre plans, protocolos ou supostas novas unidades asistenciais. Isto provoca desafección e desimplicación na cidadanía, nun momento especialmente difícil onde se precisa dun liderado consistente e coherente.
Wow, amazing weblog layout! How long have you been blogging for?
you make blogging glance easy. The entire look of your website is great, let alone the
content material! You can see similar: dobry sklep and here ecommerce
Hey! Do you know if they make any plugins to assist with Search Engine Optimization? I’m trying to get my website to rank for some targeted keywords but I’m not seeing very good success.
If you know of any please share. Many thanks!
You can read similar blog here: Link Building