Blog

O GOBERNO DA XUNTA DE GALICIA TEN QUE ASUMIR A RESPONSABILIDADE DA VULNERACIÓN DE DEREITOS EN SAÚDE MENTAL

O GOBERNO DA XUNTA DE GALICIA TEN QUE ASUMIR A RESPONSABILIDADE DA VULNERACIÓN DE DEREITOS EN SAÚDE MENTAL

A actitude vergonzosa da Administración con respecto ao Hospital Psiquiátrico de Conxo

Ven de presentarse o pasado 18 de marzo, no Congreso dos Deputados, o informe anual 2021 do “Defensor del Pueblo”:

Na páxina 567 do informe 2021 sinálase as dificultades que tivo o equipo do MNP para poder realizar o traballo que teñen encomendado:

  • A la llegada al Hospital Psiquiátrico de Conxo, el equipo del MNP fue atendido por el médico de guardia. A la vista de su actitud reticente y poco colaboradora se solicitó que se pusiera en contacto con su superior, el responsable del hospital, para que le indicara el modo en que han de ser atendidas las visitas de la delegación del MNP, pues manifestaba desconocerlo. El equipo de inspección mantuvo una conversación telefónica con él. Se le explicó en qué consistía la visita y declinó acudir. Al día siguiente se tuvo un breve encuentro en la cafetería del hospital con el jefe de servicio, y con otra responsable del hospital. El tercer y último día de la visita acudió al centro, después de que el director del MNP le telefoneara para comunicarle unos hechos muy graves que un paciente reveló al equipo del MNP. Se trataba de un hecho que debía ser directamente conocido y que reclamaba actuaciones concretas y urgentes por su parte. Pese a ello, la actitud continuó siendo poco colaboradora.”

Independentemente da responsabilidade que cada cargo intermedio teña no exercicio das súas funcións, temos que enmarcar esta actitude obstaculizadora dentro dunha estratexia máis xeral e continuada da Xunta de Galicia de minimización ou mesmo negación das conclusións do informe do MNP, dilación nas medidas de solución, e responsabilización última do que ten que ver con vulneración de dereitos fundamentais.

Unha evidencia máis dun desleixo intolerábel

Ao longo dos anos, diversas noticias dan conta da vulneración de dereitos ás persoas con diagnóstico psiquiátrico ingresadas en centros sanitarios de Galicia: suicidios evitábeis, mortes de persoas que estaban en contención mecánica, ingresos en dispositivos asistenciais inadecuados, medidas de illamento como castigo, esquecementos imperdoables na vacinación da covid… entre moitas outras. 1

Unha cuestión por desgraza recorrente é a do Hospital Psiquiátrico de Conxo, que desde hai anos está na palestra da opinión pública; desde que o Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura visitara por sorpresa as instalacións, causando rubor xeneralizado sobre o que alí acontecía. Rubor ao que parecen ser impermeábeis quen teñen a obriga de poñer solución aos problemas que os sucesivos informes do Alto Comisionado destacan na súa gravidade.

Así, un primeiro informe tras a visita realizada en novembro de 2017 sinalou a carencia xeral de recursos asistenciais para a súa adecuada atención, a súa insuficiente protección tutelar (en especial cando a devandita función corresponde á Administración Pública), o estado deplorable das instalacións, inadecuadas condicións residenciais, o inadecuado rexistro e documentación das actuacións e funcionamento, e a utilización da contención mecánica (inmobilización de pacientes con sistemas de suxeición) como castigo e á probable utilización de psicofármacos como instrumentos de suxeición química (casos de sobremedicación).

Só obtivo unha valoración positiva a actitude do persoal asistencial.

Fronte a este primeiro informe, o SERGAS inicialmente resta valor ao mesmo, cualificando de incompleto. Unha resposta vergonzosa.

https://movementogalegosaudemental.gal/2018/06/28/unha-resposta-vergonzosa/

A Xunta de Galicia tardou meses en remitir as súas respostas, e naquelas aceptadas, hai varias que non están realizadas a día de hoxe.

En xullo de 2021, o MNP volve a realizar unha visita, con dous obxectivos: unha visita enmarcada no enfoque de xénero, e tamén unha visita de seguimento, en continuidade coa realizada en 2017.

De novo, catro anos máis tarde, salientan o estado de deterioro significativo no edificio, un protocolo de prevención de suicidios non acorde ao contexto residencial, utilización de medidas coercitivas como son as contencións mecánicas, e ausencia de rexistro específicos, ausencia de documento de vontades anticipadas, sistema de queixas e suxestións deficiente, falta de privacidade, sistema de tutelado público ineficaz…

No que respecta á visita con enfoque de xénero deixa un panorama desolador en canto á igualdade efectiva e non discriminación por razón do xénero, como as diferencias entre homes e mulleres en tempo de ingreso, nas posibilidades de alta, división estereotipada de tarefas ou non garantir os dereitos sexuais e reprodutivos.

O Sergas responde á nova valoración do MNP, reducindo a “casos puntais” as persoas que sofren contención mecánica no Hospital, e que están “traballando” para seguir as recomendacións do Defensor del Pueblo, e están levando a cabo un “diagnóstico” da situación

CATRO ANOS DESPOIS seguen a estudar a situación no Psiquiátrico de Conxo; sen aplicaren solucións reais que cheguen aos déficits estruturais que o Centro e modelo de atención presentan.

Urxen medidas de acción que garantan os dereitos das persoas usuarias

Debemos denunciar hoxe que a responsabilidade final na actitude de desprezo da labor que realiza o Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura e que indica a actitude e importancia que se lle está a dar aos dereitos en saúde mental está no Consello da Xunta de Galicia.

Calquera acción que se realice nos próximos tempos para intentar minimizar a gravidade que denunciamos (volver a anunciar o incremento prometido de profesionais no Plan de Saúde Mental de Galicia Post-covid ; o proxecto previsto de alicatado e limpeza dos edificios e xardíns; a próxima-sempre está próxima- elaboración de protocolos, guías e documentos; etc) é unha SOLUCIÓN EN FALSO que non arrinca as raíces da discriminación e violencias ás persoas psiquiatrizadas.

Tampouco o fará unha suposta aprobación de Lei de saúde mental, que pase a engrosar os papeis que se acumulan nos caixóns de San Caetano. Xa existen leis abonda que amparen os Dereitos Fundamentais dxs cidadás/áns. Xa existen documentos planificadores con que alimentar as próximas décadas. Sobran boas palabras.

O que falta é intención e firmeza para rachar a fenda de desigualdade, violencias e paternalismo na atención en saúde mental.

O dereito das persoas a sermos tratadas con dignidade, respecto e de forma segura, con independencia das nosas condicións de saúde física e mental, é unha cuestión que no ámbito da psiquiatría semella estar moi lonxe de ser un dereito efectivo.

952 Comments - Leave a Comment
  • Pingback: superkaya88

  • Ralphsycle -

    mexico drug stores pharmacies mexico drug stores pharmacies or mexico drug stores pharmacies
    http://data.oekakibbs.com/search/search.php?id=**%A4%EB%A4%AD%A4%EB%A4%AD%A4%EB%A4%AD*geinou*40800*40715*png*21*265*353*%A4%A6%A4%AD*2006/09/03*mexicanpharmacy.cheap***0*0&wcolor=000060080000020&wword=%A5%D1%A5%BD%A5%B3%A5%F3 buying prescription drugs in mexico online
    purple pharmacy mexico price list mexico pharmacies prescription drugs and buying from online mexican pharmacy buying prescription drugs in mexico online

  • Danielnus -

    prescription drugs without doctor approval viagra without doctor prescription or <a href=" http://dickandjanerocks.com/info.php?a=side+effects+of+sildenafil “>non prescription ed drugs
    https://www.google.com.ph/url?q=https://edwithoutdoctorprescription.store discount prescription drugs
    100mg viagra without a doctor prescription sildenafil without a doctor’s prescription and real viagra without a doctor prescription usa п»їprescription drugs

  • Leave a comment to casino online confiavel Cancelar a resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    *