SOBRE AS ACTUACIÓNS DA XERENCIA DA ÁREA SANITARIA DE SANTIAGO E BARBANZA PARA GARANTIZAR UNHA ATENCIÓN Á SAÚDE MENTAL RESPECTUOSA COS DEREITOS HUMANOS
Con data 19 de xullo, o Movemento Galego da Saúde Mental enviou un escrito dirixido á Xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela, con copia á Xerencia do Servizo Galego de Saúde, alarmados polo coñecemento dunha actuación extraordinariamente grave por parte dun responsable do hospital contra un paciente que estaba en situación continuada de contención mecánica no servizo de urxencias.
Solicitámoslle que se procedera á debida investigación e inicio de expediente informativo para analizar os feitos que aconteceron o 8 de xullo, e decidir as actuacións pertinentes segundo o procedemento establecido na normativa vixente, e se a resultas da investigación resultante os feitos fosen dignos de reproche penal, a posta en coñecemento dos órganos xudiciais correspondentes.
A día de hoxe non coñecemos o alcance da actuación desa xerencia co fin de salvagardar os dereitos que asisten tanto aos pacientes que precisan atención como aos profesionais que requiren dunhas condicións dignas para realizar o seu traballo. Sería inadmisible a falta de dilixencia e a inacción como modo de actuar por parte da Dirección.
Non se debería resolver en falso e sen transparencia unha situación que atentaría contra dereitos fundamentais e que amosaría a punta do iceberg dunha política asistencial claramente deficiente no que respecta á saúde mental, máis centrada en anuncios publicitarios e en dicir que se fai que en verdadeiros avances cara un modelo no que os dereitos e a experiencia en primeira persoa sexan o núcleo central para fundamentar a actividade asistencial.
O Plan Galego de Saúde Mental leva un ano en marcha. Pero nada se sabe do proxecto máis esclarecedor para valorar se o goberno galego aposta verdadeiramente por un cambio de paradigma ou non é así: AVANZAR CARA A CONTENCIÓN CERO.
Unha atención sanitaria respectuosa cos dereitos humanos é unha atención libre de violencias, e as Administracións deben velar porque este precepto se cumpra en todas as situacións e para todas as persoas sen distinción algunha. Non debemos esperar menos.
Pingback: PETICIÓN DE INFORMACIÓN SOBRE O SEGUIMENTO DO EXPEDIENTE INFORMATIVO SOBRE A PRESUNTA AGRESIÓN OCORRIDA NO SERVIZO DE URXENCIAS DO CHUS – Movemento Galego da Saúde Mental
Pingback: O MGSM PON EN COÑECEMENTO DA FISCALÍA UNHA POSIBLE VULNERACIÓN DE DEREITOS DUNHA PERSOA CON DISCAPACIDADE – Movemento Galego da Saúde Mental
To the movementogalegosaudemental.gal administrator, Your posts are always thought-provoking and inspiring.
Hello movementogalegosaudemental.gal admin, Your posts are always insightful and valuable.
To the movementogalegosaudemental.gal admin, You always provide helpful information.
Hello movementogalegosaudemental.gal owner, Good work!
Hi movementogalegosaudemental.gal admin, Your posts are always informative and well-explained.
Hi movementogalegosaudemental.gal webmaster, Thanks for the great post!
Hi movementogalegosaudemental.gal administrator, Thanks for the comprehensive post!
Dear movementogalegosaudemental.gal admin, You always provide useful links and resources.
To the movementogalegosaudemental.gal admin, You always provide useful information.
Wow, marvelous blog structure! How long have you ever been blogging
for? you make blogging look easy. The full glance of your web site
is excellent, let alone the content material!
You can see similar here sklep internetowy