Novo proxecto de Plan Galego da Saúde Mental 2020-2023
Achegamos o borrador do Plan Galego da Saúde Mental 2020-2023-6º versión- que a Consellería de Sanidade distribuíu hai uns días dunha maneira discrecional. Creemos que, por unha cuestión de transparencia e calidade democrática, este texto ha de ser de coñecemento público e estar dispoñible para todas as persoas interesadas, non só para quen decide a Consellería compartir e pedir opinión.
Un plan que presume de ser participado, tal como se recolle a través do listado de entidades participantes, membros dos grupos de traballo (agora reconvertidos en grupos de consulta) e profesionais que participaron a través dunha ferramenta de intelixencia colectiva online non pode eludir a obrigada transparencia durante todo o proceso de planificación. É a sexta versión do borrador. Non se coñeceu ningunha das anteriores. Non se traballou nas comisións de traballo reunidas, tamén, en desigual frecuencia. Tempo houbo, máis de dous anos, para construír un instrumento planificador forte e con perspectiva de futuro.
Hai máis dun ano advertiamos que isto podería pasar. Que non sexa demasiado tarde.
https://drive.google.com/file/d/1hLxXhkZpfy8o0usvx1EQCQ6Xf2fwan3y/view?fbclid=IwAR2X73ZMgOejpQf54CLPxcG9uV16tK2yBoyj8zDx4LoxrrkoaWGvMyyUw1U