Programa da VI Xornada do Movemento Galego da Saúde Mental
VI Xornada do Movemento Galego da Saúde Mental
CONTRIBUCIÓNS E CONTRADICIÓNS PROFESIONAIS NA MODIFICACIÓN XUDICIAL DA CAPACIDADE E NA PROTECCIÓN DOS DEREITOS DAS PERSOAS
En Santiago o 15 de xuño
- Salón de actos da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Sur)
Horario:
9.00-Recepción de asistentes.
9.30-Presentación e apertura da actividade da Xornada.
Rosa Cerqueiro Landín.
Psicóloga Clínica. EOXI Pontevedra e O Salnés.
9.45- Mesa: A modificación xudicial da capacidade das persoas e a protección dos seus dereitos.
Coordina: Benito López-de Abajo Rodriguez.
Xefe de Servizo de Clínica do Instituto de Medicina Legal de Galicia.
- Novas perspectivas da modificación xudicial da capacidade.
Fuencisla Ladrón De Cegama Escudero. Fiscal de Santiago.
- Incapacidade e recuperación: dificultades reflexionadas.
María Xesús García Álvarez. Psiquiatra. Hospital de Día. EOXI Santiago.
- Funcións e dificultades do exercicio da curatela.
Beatriz Devesa Pérez Bovillo. Familiar curadora.
- Traballo social con pacientes crónicos incapacitados.
María Luisa Ortega García. Traballadora social. Hospital Psiquiátrico de Conxo.
- Os nosos corpos como campo de batalla (tamén) en saúde mental: esterilizacións forzosas, saúde reprodutiva e outras violacións dos nosos dereitos.(video-conversa)
Anita Botwin. Periodista especializada en feminismos e diversidades funcionais.
Marta Plaza. Activista tola.
11.45- Descanso.
12.00- Conferencia-coloquio: Da domesticación da loucura, un discurso do poder en saúde mental.
José Berdullas Barreiro. Psicólogo clínico. EOXI Pontevedra e O Salnés.
13.00- Descanso.
13.15- Asamblea do MGSM.
- Informe de actividade.
- Elección da Coordinadora e Portavoz.
_____________________________________________________________________
-
Para participar só debes inscribirte enviando correo a esta dirección:
-
A inscrición é gratuita. O número de inscricións só se verá limitado pola capacidade de aforo do salón de actos e darase prioridade por orde de inscrición.