RECURSOS EN SAÚDE MENTAL NO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE
O Movemento Galego da Saúde Mental, constituiu un grupo de traballo para a elaboración dun informe sobre o estado das dotacións públicas para a atención á saúde mental.
Partindo dos datos de saúde, das orientacións planificadoras para a saúde mental en Galicia, e das dotacións profesionais e organizativas actuais, constatamos a gravidade das carencias da rede asistencial.
Non é posible a atención ás necesidades da poboación galega neste eido sin dotacións suficientes; e avisamos da nosa oposición a calqueira proxecto de plan estratéxico de saúde mental que non veña acompañado de compromisos concretos de dotacións e inversións.
As/os profesionais da Atención Primaria de Saúde amosáronnos co seu rexeitamento aos plans de papel da Consellería de Sanidade cal é a actitude necesaria para ir poñendo fin á manipulación e ao entretemento no que a Consellería ten ocupada a unha parte dos profesionais sanitarios, para facelos así cómplices pasivos das suas políticas que levaron ao estado de cousas hoxe existente.
Adxuntamos o documento que contén o informe coa pretensión de que sexa útil á planificación e á tan necesaria reivindicación e loita pola consecución dos medios asistenciais aos que a poboación galega ten dereito.
Podes ver o documento AQUÍ