Blog

Convocatoria mañá no Obelisco

Convocatoria mañá no Obelisco

A contención mecánica é daniña para quen a sofre e para quen a realiza.
A súa práctica na atención a persoas en institucións psiquiátricas está amplamente cuestionada por moi diversas entidades e en moitos lugares do mundo: movementos de afectados en primeira persoa, asociacións profesionais de enfermería en saúdemental, de psiquiatrase de psicólogos, de movementos en defensa dos dereitos humanos. O seu cuestionamento vincúlase ás verbas dignidade, liberdade,progreso, dereitos, xustiza,…


É coñecida que a súa maior frecuencia vincúlase á carencia de recursos, falla de formación,razoamentos lexitimadores da mesma e da coerción das persoas, e á carencia de políticas en saúde mental orientadas cara a súa superación.


Ø Contencións é o obxectivo definido hai anos polas persoas directamente afectadas e con experiencia de ter sufrido está práctica (colectivos en primeira persoa). É o norte que nos fai falla para orientar o progreso nesta cuestión, xa que ningunha acción de contención mecánica de persoas atendidas en saúde mental pode ser unha elección profesional, senón que moi ao contrario é o indesexable resultado do fracaso das accións terapéuticas que deberan ter sido realizadas para non chegar a esa situación de tan grave restriciónda liberade dunha persoa.


A contención mecánica debe ser previda. Non pode ser defendida. Debemos esixir os medios para evitalas, para avanzar na súa redución no camiño da súa superación.


É obriga dos gobernos cumprir os estándares e convenios internacionais : Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade (2006), do Consello de Dereitos Humanos da Asemblea Xeral da ONU (2017), dos estándares do Consello de Europa sobre medidas de restrición en establecementos psiquiátricos para adultos (2017).


Pero de inmediato débese poñer fin a unha realidade que ofende a tódalas persoas. A que existe na Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do CHUAC, na que se vulneran gravemente os dereitos das persoas ingresadas, cunha aplicación da contención mecánica intolerable.


É por iso polo que continuamos convocando á acción de conter mecanicamente unha persoa no espazo público, no centro da Coruña (no Obelisco) tódolos sábados á unha da tarde, para que todos saibamos o que é isto. E así o faremos ata que os gobernantes clausuren ese cuarto do Hospital de Oza e cesen a quen goberna ese Servizo e a quen dende a Xerencia e a Consellería están a permitir que isto ocorra.

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*