Blog

Ø Contencións

Ø Contencións

EN DEFENSA DOS DEREITOS HUMANOS

A contención mecánica de persoas ingresadas en centros de carácter sanitario ou residencial é unha practica máis frecuente do que a sociedade se imaxina. Con ese termo noméase a acción mediante a cal se inmobiliza con correas a unha persoa, fixándoa xeralmente a unha cama.

A contención mecánica é unha actuación sobre a persoa que reduce a súa autonomía ao mínimo imaxinable (en rigor só ao espazo que fisicamente ocupa o seu corpo), que ten efectos daniños que potencialmente poden ser moi graves, que conmove, incomoda e dana con moita frecuencia a quen se lle encomenda realizala.

Esta práctica, aplicada a persoas atendidas nas institucións psiquiátricas, é considerada unha vulneración da Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade.

A súa existencia é un signo de grave atraso asistencial na atención a persoas con trastornos psíquicos. Tamén é a expresión dunha concepción inaceptable do sufrimento psíquico e da práctica profesional para a súa asistencia.

A contención mecánica é daniña para quen a sofre a para quen a realiza.

Nos últimos anos téñense presentado diferentes iniciativas para avanzar cara á súa erradicación.

En Galicia a situación da súa práctica é descoñecida pero a percepción é de incremento moi preocupante, con situacións coñecidas escandalosas.

Co obxecto de sensibilizar á sociedade, denunciar esta práctica e promover iniciativas cara a súa superación, dende o Movemento Galego da Saúde Mental iniciamos unha campaña que dará comenzo cunha acción que consistirá en conter mecanicamente unha persoa no espazo público, no centro da Coruña (no Obelisco) para que todos saibamos o que é isto.

Convocamos a tódalas persoas e a medios de comunicación social o próximo sábado 8 de decembro ás 13.00 horas no Obelisco na Coruña.

One Comment - Leave a Comment
  • Leave a comment

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    *