ORIENTACIÓNS MARCO PARA A ELABORACIÓN DO PLAN GALEGO DE SAÚDE MENTAL 2017
Galicia carece de Plan de Saúde Mental dende o ano 2009. O retorno ó goberno do Partido Popular trouxo consigo, neste eido, a suspensión sen explicación nin substitución do Plan Estratéxico de Saúde Mental Galicia 2006-2011, en aplicación polo goberno precedente.
A ausencia , dende hai oito anos, de planificación da atención á saúde mental nun período de crise económica e de recortes na sanidade pública, cando se estaba a agravar a saúde mental da poboación, supón a deixación de funcións fundamentais asignadas á Administración Sanitaria.
Neste tempo as prestacións sanitarias legalmente recoñecidas relacionadas coa atención á saúde mental víronse debilitadas ou, sen máis, negadas de feito. Os dereitos das persoas necesitadas de atención foron a miúdo vulnerados, por mor do Real Decreto 16/2012 moitas persoas en grave situación de vulnerabilidade foron excluídas da atención sanitaria, a evolución dos indicadores da saúde mental da poboación seguiu tendencias negativas e a carga ineludible sobre as familias incrementouse, en moitos casos, a niveis tan inxustos como insoportables.
E agora, despois de oito anos de opoñerse en reiteradas ocasións ás propostas de que o Goberno da Xunta elaborara o Plan Galego de Saúde Mental (realizadas dende diversos sectores da sociedade e polos grupos da oposición de xeito unánime no Parlamento Galego) anúnciase polo titular da Consellería de Sanidade que se vai elaborar ese plan.
O Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) ante esa intención do Goberno da Xunta de Galicia, recentemente comunicada ó Parlamento, dispuxo os medios para definir as liñas que deben enmarcar o futuro plan, de tal xeito que este supoña un progreso en continuidade coa orientación do desenvolvemento da atención á saúde mental iniciada na Lei Xeral de Sanidade (1986) e nos documentos que a fundamentaron (Informe Ministerial da Comisión para a Reforma Psiquiátrica, 1985), seguida en Galicia polo Documento de Bases para a elaboración do Plan Galego de Saúde Mental (1987), o Decreto polo que se regula a saúde mental en Galicia (1994), o Plan Estratéxico de Saúde Mental Galicia 2006-2011, e a Estratexia en Saúde Mental do Sistema Nacional de Saúde (2006-2009, 2009-2013) xunto cos documentos nela xenerados.
Podes consultar AQUÍ o documento completo
Pingback: AO FIN COMENZA A ELABORACIÓN DO PLAN GALEGO DE SAÚDE MENTAL – Movemento Galego da Saúde Mental
Acheganse orientacions para facilitar e acompanar os procesos de elaboracion, revision e actualizacion dos Plans de Convivencia dos Centros, no marco da normativa vixente.
allergy medications for itching skin best allergy pill for itching walgreen generic allergy pills