EXPOSICIÓN PÚBLICA DO BORRADOR DAS LIÑAS MESTRAS PARA O PLAN GALEGO DE SAÚDE MENTAL

O pasado mes de febreiro anunciouse polo Conselleiro de Sanidade, ante o Pleno do Parlamento de Galicia, que en breve prazo se comenzaría na Consellería a elaborar o Plan Galego de Saúde Mental.
Na pasada lexislatura os tres grupos da oposición no Parlamento Galego reclamaron, en diversas ocasións, o devandito Plan. O Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) alentou e aconsellou esas e outras propostas de acción necesarias (entre outras o Plan Galego de Prevención do Suicidio).
A elaboración do Plan Galego de Saúde Mental, tantas veces proposta como tantas veces rexeitada por quen hoxe asume a súa necesidade, precisa da presenza activa de quen viñemos reclamando a súa existencia. Debe ser ocasión para definir un proxecto planificador en continuidade cos progresos acadados e para impedir retrocesos en concepcións, recursos e organización asistencial.
A Coordinadora do MGSM para responder a esta necesidade formou un grupo de persoas (profesionais e non profesionais do sector, e plural como o propio MGSM) , que dende diversas ópticas e experiencias puideran definir as liñas mestras que deberan orientar o futuro Plan Galego de Saúde Mental. Esas liñas deron orixe a un documento que posteriormente foi enviado para o seu coñecemento e consulta ós colectivos asinantes da Declaración Fundacional do MGSM.
O proceso de definición desas liñas mestras continúa agora coa súa exposición pública previa á súa presentación ante a Asamblea do MGSM que se celebrará na Xornada Anual o día 17 de xuño en Santiago. O posterior desenvolvemento das mesmas en propostas mais concretas, si así o aprobara a Asamblea, necesitará da participación de todas/os quen forman o MGSM.
Podes consultar AQUÍ o documento de Orientacións Marco para a elaboración dun Plan Galego de Saúde Mental 2017.
Suxiro que cando se fale de persoal de enfermería non se faga só en feminino (“enfermeiras”).
Ademais penso que, para evitar as tediosas terminacións en ou/a, poderíase utilizar o termo “profesional de…enfermería, psicoloxía, terapia ocupacional, etc”.