Blog

Vulneración de dereitos no Hospital de Calde

Vulneración de dereitos no Hospital de Calde

Nestes dias vén de facerse público que no Hospital de Calde (Lugo) prohibiuse a saída ó exterior de tódolos pacientes psiquiátricos ingresados debido a que apareceron con danos importantes coches aparcados nas proximidades, por causa de accións intencionais.

Os responsables sanitarios, sen identificar a quen causou os danos, estableceron que o culpable debía ser algún paciente residente no Hospital, e para evitar que se continuasen repetindo os feitos, adoptouse por quen ten poder para facelo (xestores e profesionais) a medida de prohibir a saída ó exterior de tódolos ingresados.

Se miramos o que se protexe (a propiedade dos coches) e o que se dana ca acción restritiva (a liberdade e a dignidade das persoas ingresadas), veremos que non hai comparación posible. Poderían e deberían terse adoptado outras medidas para protexer a propiedade, pero foi a restrición da actividade e da escasa libertade dos residentes a que se implantou. É unha decisión fácil e barata e, ademais, a capacidade de protesta dos afectados pola restrición dos seus dereitos é escasa ou casi nula.

Non consta que se abriran interrogantes nos responsables sanitarios sobre os motivos deses actos, o cal é sorprendente si é que foran protagonizados por pacientes psiquiátricos institucionalizados, xa que nese caso poderían ser signos de protesta contra algo ou alguén, de malestar, mesmo de descompensación ou agravamento do/s autor/es, ou de moi mal funcionamento da institución.

Aplicouse unha medida que só é, mire como se mire, un castigo colectivo, prohibido ata nos cárceres.

É así que a medida adoptada pasa a ser un síntoma da situación de abandono asistencial e marxinación na que se atopan os pacientes psiquiátricos residenciais, diante dos cales están incrementadas as obrigas públicas de coidado sanitario e de respecto aos seus dereitos (por xestores e profesionais) debido á sua indefensión. Sen embargo, os recursos para atendelos, coidalos e facilitar a sua recuperación en todo o posible, son moi escasos ou inadecuados; e a pesar da sua gravidade non son unha prioridade sanitaria senón todo o contrario.

Debe levantarse ese castigo colectivo de inmediato e non ha de repetirse. Urxentemente os responsables sanitarios de Lugo (Xerente e Xefe de Servizo de Psiquiatría) xunto cos representantes sindicais, e as asociacións de familiares e de profesionais, deben revisar dende unha perspectiva de dereitos humanos a situación na que se atopan os pacientes no Hospital de Calde, as dotacións profesionais do mesmo (cantidade, cualificación e formación),o seu réxime de funcionamento, e a existencia de plans terapeuticos e de coidado individualizados, xunto coas medidas para protexer da mellor forma os bens materiais.

Institucións coma o Hospital de Calde que, no seu funcionamento son capaces de adoptar medidas como a aquí denunciada e aplicalas como se foran normais, son institucións dañinas tanto para quen nelas residen como para quen nelas traballan.

2 Comments - Leave a Comment
  • Rosalía Seoane -

    Se só fose nese hospital…!
    O que acontece dentro das prantas de psiquiatria, só @s traballador@s e @s doentes, sábeno.
    Uns calan ou castigan, @s outr@s non teñen voz e son castigad@s-palabra e significado que debería estar prohibido en calquera hospital.”Castigar” a doentes adult@s(!!??) só iso xa dá unha boa fotografía do quw imos a atopar-con razón ou sen ela.
    Dereitos?
    Persoas ingresadas na planta de Psiquiatría? Cando, onde?
    Pensei que o que cheguei a ver, eran cousas que acontecían nas películas de terror-psicolóxico ou, nas películas ianquis de hai anos…!! Equivocábame.
    Acontecía no SXXI, na Sanidade Pública Galega.
    Daría para escribir unha novela ou, o guión dunha película “realista”.
    Vergoña? Moitísima.
    Avergoñada do que vin, asustada e espantada.
    Que a vida protexa @s meus e, á todas as persoas que teñan que ingresar na ” planta dos horrores”.
    Sei, pensades que esaxero….Nin un pouco!!

    Doentes castigad@s até 4 días, con contención física e química.
    Deixad@s á súa sorte, sen mirar se se facían feridas, trombos no sistema circulatorio de pés, cintura e brazos. Prohibición das visitas, alimentación nula, nin por vía intravenosa….

    Días con contencíón química, nos que @s doentes, perden completamente o sentido do tempo, alucinacïóns auditívas e visuais, en doentes con transtornos o enfermidades, que non cursan con alucinacións, perda absoluta e total da realidade…etc.

    Castigad@s 3 días porque nun momento,de rabexa, dánlle unha patada a unha cadeira, bérranlle a un/ha enfermeir@ pola “bazofia” de comida que lles dan.
    Por discutir cun médico, no corredor, sen ningún tipo de agresión física nen verbal, por non querer tomar o Iogurte ou, porque un día, ponse a berrar no corredor que está “até os collón de tanta merda, de tanto pasotismo, de tanta deixadez, que deberían tirar unha bomba que se se levara por diante a tod@s @s que non saben , non entenden ou non queren traballar ben- nesa planta- !!!
    Contencións físico-químicas totalmente innecesarias, pois, agardando que se calme, e un pouquiño de paciencia ,poderíase falar con el e calmalo, sen problema, sen precisar castigo, nin físico, nin químico.
    Rapaciñas novísimas que, por cabrearse e non contestar ou contestar cun” déixame en paz, joder, déixame en paz”, nun ton máis alto que do “debido”, tres días de castigo, primeiro contención física, como a cría revírase, chega a contención química…Escóitala chorar, perdir axuda, que alguén se achegue que quere falar…silencio total, coma se esa cría non existise!!
    Meúdo o concepto de axudar, curar, ou aprenderlles a convivir coa súa doenza, teñen nestas plantas sacadas dos peores pesadelos de Lovecraft…
    Humanidade, sensibilidade, amabilidade, profesionalidade, empatía, todo como nun manancial abondoso, que leva seco 100 anos.
    Escoitarlles @s doent@s, cando ingresa alguén novo: “di que si a todo, non berres, non protestes, non pidas, non lle leves a contraria a..A, B,C…Se atopas no corredor ao Médic@X ou I, non os mires así non farán preguntas e non terás que relacionarte, porque se te “collen de ollo” pasarás todo o ingreso nunha habitación S@ atad@ e con drogas que faranche alucinar, contéstalles sempre o que queren escoitar…” O mesmo aviso que lles dán aos familiare,s se “intuen” que son persoas que escoitan…
    Resulta que, non o inventan, non é cousa da súa doenza, non, en absoluto, coñecen “o sistema” e como funciona.
    O trato que reciben polos deuses da psiquiatría e vergoñento, vexatorio, denigrante, degradante, inhumano, delirante…Eles, @s chamad@s psiquiatras, que nin sequer coñecen o significado do “Xuramento Hipocrático” – Si Hipócrates levantara a cabeza e vise todo iso!- son os que precisarían, moitos chutes de “contención química” ou, para sermos xust@s, ser expulsados da carreira médica. Teñen o título, os coñecementos do DMS, os farmacolóxicos tamén. Humanidade, capacidade para “tratar” ,”entender” “empatizar” c@s doentes ? Que será eso, preguntarían algúns? Esas capacidades, perdéronas hai moito, se é que gozaron delas nalgún momento.
    Vallejo-Nájera poríalles medallas a eito, non se pode ser mas inhumano e inmoral do que son @ maioría de médic@s e, algún outro persoal, que traballan en plantas psiquiatricas, neste noso país.
    Todo esto sen mencionar a persoaxes que non teñen desperdizo.
    Médico Psiquiatra que traballa na Sanidade Pública, nunha planta de Psiquiatrí en Santiago e pertence a unha secta. A súa secta predica, entre outras cousas: A inferioridade das mulleres fronte ao home, a “función das mulleres” é servir e compracer ao home, si estás casada moito máis, enxendrarán todas as veces que o seu “deus” queira, non se divorciará porque é un pecado inmenso, o avorto-tema a parte-, non estará máis formada cos homes cos que se relacione, nin gañará máis cartos, servirá en silencio o que lle ordeen os homes da familia, da casa, ou do lugar onde viva, ten que asumir que é un ser impuro, empriso menstrúa, as relacións prematrimoniais son un pecado gravísimo, convivir e non casar, outro, a homosexualidade é unha enfermidade, como tal pódese curar cos medios que sexan precisos…etc., etc.El é psiquiatra e trata a mulleres, son inferiores a el por doentes e por mulleres, poderalle contar unha muller sen pórse en risco que é lesbiana ou bisexual?
    Poderalle dicir un doente sen pórse en risco que acredita nos unicornios azuis?
    Non é acaso máis perigoso acreditar nun deus, como o da súa secta que só sabe de castigos, da inferioridade do 50℅ da poboación? Si acredito en unicornios estou tolo se acredito no seu deus son “persoa de ben”?
    Un psiquiatra do “Opus” na sanidade pública, traballando nunha planta.
    Que garantías teñen as mulleres dun bo diagnóstico e un trato correcto?
    Outro deles- hai fauna e flora para todos os gustos- home, mal falado, faltón, adoita ter moita “familiaridade física” con algunhas doentes, canto máis medicadas mellor.
    En Santiago tod@s saben o nome e o que fai con aquelas doentes que o queren denunciar…
    Tod@s saben, tod@s calan!!!
    Louca vs Psiquiatra-Deus.
    Quen ganaría á batalla? Alguén que teña “voado polo niño do Cuco”. Exactamente.

  • Pingback: A XERENCIA DO SERGAS EN LUGO ELUDE RESPONSABILIDADES EN SAÚDE MENTAL – Movemento Galego da Saúde Mental

  • Leave a comment to Rosalía Seoane Cancelar a resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    *