Blog

Resumo da campaña Badaladas pola prevención do suicidio

Resumo da campaña Badaladas pola prevención do suicidio

O Movemento Galego da Saúde Mental iniciamos o 3 de maio a campaña Badaladas pola prevención do suicidio, coa finalidade de sensibilizar á sociedade fronte a esta cuestión, e para reclamar o cumprimento das obrigas que os nosos gobernantes teñen coa protección da saúde e da vida da poboación. É así que esiximos que con urxencia se elabore ese plan, por unha comisión técnica capaz e crible, cun carácter multisectorial, articulado co necesario Plan Galego de Saúde Mental, e dotado suficientemente.

Foron moitas as persoas e entidades que amosaron o seu apoio a esta cuestión dando a badalada na Praza de Praterías, en Compostela:

23 de maio, Mesa pola Normalización Lingüística

25 de maio: Jorge Coira

26 de maio: Suso Seixo, secretario xeral de CIG

27 de maio: Martiño Noriega Sánchez, alcalde de Santiago de Compostela

28 de maio: Carlos Mañas, presidente de Solidarios Anónimos

29 de maio: Emilia Lamas, secretaria de Organización da Federación de Sanidade de CCOO

30 de maio: Xosé M° Dios Diz, voceiro de SOS Sanidade Pública

31 de maio: Sabela Hermida

1 de xuño: Rubén Cela, voceiro do BNG de Compostela

3 de xuño: María Rosa Álvarez Prada, decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

4 de xuño: PROSERSO-Plataforma en defensa da profesionalización dos servizos Sociais.

6 de xuño: Carmen Acuña. Voceira de Sanidade no Parlamento Galego do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE

7 de xuño: Montse Prado, voceira de Sanidade no Parlamento Galego do Grupo Parlamentar do BNG

8 de xuño: Asociación pro saúde mental “A Creba”

9 de xuño: Carmen Santos Queiruga. Secretaria Xeral de Podemos Galicia.

10 de xuño: Socorro Rodríguez Holguín. Decana da Facultade de Psicoloxía da USC.

14 xuño: María Mar Piñeiro Sobrido. Presidenta Asociación de Familiares a Amigos dos Enfermos Mentais Fonte da Virxe.

15 xuño: Tiago Alvite. Comité Intercentros da Corporación Radio Televisión de Galicia.

16 xuño: Jesús Sueiro Justel. Presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria.

17 xuño: Xesús Ron da Compañía de Teatro Chévere.

18 xuño: STOP Desafiuzamentos

20 xuño: Fernando Serrulla Rech, presidente da Asociación Galega de Médicos Forenses.

21 xuño: Luis Villares, voceiro de Xuíces para a Democracia de Galicia.

22 xuño: Álvaro García Ortiz, presidente da Unión Progresista de Fiscais

23 xuño: Juan Gestal Otero. Decano Facultade de Medicina da USC.

24 xuño: Fernanda Tabarés. Periodista.

25 xuño: Roberto González. Secretario Xeral de Galicia do Sindicato Unificado de Policía.

26 xuño: Francisco Xavier Freire Chico. Airas Nunes.

27 xuño: Bombeiros de Santiago.

28 xuño: Colectivo Audiovisual LENTES DIVERXENTES.

29 xuño: Confederación de ANPAS de Galicia.

30 xuño

O 30 de xuño, as badaladas, estendéronse a oito localidades máis de Galicia, onde soaron ás 20:00 horas xunto ca de Praterías en Santiago para lembrar, simbólicamente, que ese día unha persoa se suicidou en Galicia mentras que as autoridades públicas competentes continuaban sen actuar diante desta situación. Para isto contouse coa colaboración de SOS Sanidade Pública.

Ferrol: Praza de Armas

A Coruña: no Obelisco

Lugo: Praza Maior

Santiago de Compostela: Praza de Praterías

Ribeira: Praza do Concello

Pontevedra: A Peregrina

Cangas do Morrazo: Praza do Concello

Vigo: Praza da Constitución

Ourense: Xardíns Padre Feixoo

One Comment - Leave a Comment
  • Leave a comment

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    *