Saúde Mental

BLINDAR OS SERVIZOS PÚBLICOS: A RESPOSTA MÁIS EFICAZ ANTE AS SITUACIÓNS DE CRISE. QUE NINGÚEN QUEDE ATRÁS, NIN AGORA NIN DESPOIS.

BLINDAR OS SERVIZOS PÚBLICOS: A RESPOSTA MÁIS EFICAZ ANTE AS SITUACIÓNS DE CRISE. QUE NINGÚEN QUEDE ATRÁS, NIN AGORA NIN DESPOIS.

Hai semanas que parecen anos, e a crise que estamos a vivir polo COVID-19 é un claro exemplo disto. E ao mesmo tempo, impresiona que estamos a pasar por todas as fases de dó dun xeito acelerado: negación- ira- negociación- depresión- aceptación. A resposta colectiva, unha vez máis, é dunha grandeza indescritible: solidariedade, fortaleza, xenerosidade, […]

Read More

Balance da acción de goberno na Xunta do Partido Popular de Feijoo. Once anos de danos á saúde mental en Galicia.

Once anos é moito tempo na evolución da saúde da poboación. Tamén o é para coñecer a utilidade e intención das políticas sanitarias desenvolvidas por un goberno. Nestes últimos once anos de goberno da Xunta de Galicia polo Partido Popular (PP), presidido por Alberto Núñez Feijoo (abreviado, neste texto, como Feijoo), son identificables dez eixos […]

Read More

A DISCRIMINACION DAS MULLERES A TRAVÉS DA SAÚDE MENTAL

A DISCRIMINACION DAS MULLERES A TRAVÉS DA SAÚDE MENTAL

por Rosa Cerqueiro Landin, Psicóloga clínica do Sergas e Voceira do Movemento Galego de Saúde Mental. Ao longo da historia, a discriminación das mulleres asentouse en discursos creados para manter un statu quo de dominación patriarcal. A muller foi considerada como inferior ao home, subordinada a este e ademais acusada de defectos morais e culpable dos males […]

Read More

Entrevista en Onda Cero Lugo a Alberte Araúxo

Entrevista en Onda Cero Lugo a Alberte Araúxo

Podedes escoitar a entrevista a partir do minuto 43, facendo clic AQUÍ

Read More

ANTE A SITUACIÓN ACTUAL DA CATEGORÍA DE ENFERMEIRO/A ESPECIALISTA EN SAÚDE MENTAL EN GALICIA

ANTE  A SITUACIÓN ACTUAL DA CATEGORÍA DE ENFERMEIRO/A ESPECIALISTA EN SAÚDE MENTAL EN GALICIA

O MGSM manifesta o seu apoio para que se realice a reclasificación das prazas de enfermería nos dispositivos de atención especializada á saúde mental, de tal xeito que as súas funcións sexan desempeñadas por profesionais de enfermería especialistas en saúde mental. A creación desta categoría profesional, sustentada nunha cualificación profesional especializada, é unha garantía de […]

Read More

Economía digital: Lista de deficiencias do novo hospital de Vigo en Saúde Mental

Economía digital: Lista de deficiencias do novo hospital de Vigo en Saúde Mental

Atoparás a ligazón AQUÍ

Read More

Praza Pública: O MGSM denuncia que se están a limitar os ingresos psiquiátricos e a precipitar as altas en Compostela

Praza Pública: O MGSM denuncia que se están a limitar os ingresos psiquiátricos e a precipitar as altas en Compostela

Ligazón á nova en Praza Pública

Read More

Non é certo que non estean a recortar recursos en Saúde Mental (Secuestro de recursos en Saúde Mental)

Non é certo que non estean a recortar recursos en Saúde Mental (Secuestro de recursos en Saúde Mental)

Hai menos dun mes, despois de denuncias públicas e mobilizacións contra o seu plan, o Xerente da Área Sanitaria de Santiago comprometeuse a non pechar camas de hospitalización psiquiátrica na Unidade existente no Hospital de Conxo e no resto do Complexo, tal como tiña previsto para cumprir os obxectivos da Consellería de Sanidade. A día […]

Read More

MANIFESTO: NON AO PECHE DE CAMAS EN SAÚDE MENTAL

MANIFESTO: NON AO PECHE DE CAMAS EN SAÚDE MENTAL
SEGUEN A FACER RECORTES EN DEREITOS ASISTENCIAIS E NA SANIDADE PÚBLICA: NON AO PECHE DE CAMAS EN SAÚDE MENTAL
Á Conselleira de Sanidade e aos seus Xerentes dálles igual que as condicións de saúde mental da poboación se teñan agravado, cuns indicadores de mala evolución incontestables: o aumento de trastornos psíquicos, o incremento dos suicidios, a elevación do consumo de psicofármacos, a maior morbi-mortalidade daqueles que sufren trastorno mental grave. Estos indicadores, entre outros, non son os datos que orientan a súa xestión. A quen nos goberna élle indiferente que a situación dos máis febles da sociedade siga a empeorar. Eles teiman nos recortes en servizos esenciais para a poboación, nomeadamente da sanidade pública.
Para este verán, outramente, volven tentar pechar prazas de hospitalización psiquiátrica na Área Sanitaria de Compostela. Pretenden eliminar 15 prazas hospitalarias na Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do Hospital Medico – Cirúrxico de Conxo.
Argumenta a Conselleira que é debido ás vacacións do persoal, e que sempre se fixo así, e que tamén sempre se protestou por iso. Só ten razón na última das afirmacións. No referido á atención ás persoas con enfermidade mental os dous primeiros argumentos son radicalmente falsos. Minte a Consellería, coma o ano pasado xa mentía o Xerente da Área de Santiago cando argumentaba que se podían pechar prazas de hospitalización psiquiátrica no Hospital Gil Casares porque a ocupación era baixa (cando daquela era superior ao 85%, e quen así argumentaba era coñecedor diso).
Non lograron pechar o ano pasado, no que foi o primeiro intento de supresión de prazas psiquiátricas aproveitando o que chaman “peche estacional”. Entón non é certo que sempre se fixera.
Tampouco o é que sexa por causa das vacacións do persoal asistencial, xa que os profesionais de saúde mental veñen asumindo dende sempre temporalmente a variación da carga de traballo estacional para posibilitar o descanso de todos/as, sen por iso eliminar ningún recurso asistencial. Minten así outra vez.
Ocultan que o recorte que dende a Consellería e a Xerencia da Área se está a realizar en persoal asistencial, como parte da sua xestión da crise, fai que se achegue o momento da redución de prazas hospitalarias. Con isto recórtanse xa abertamente os dereitos asistenciais dos cidadáns e especialmente dos máis vulnerables e necesitados. Parecen pensar que os cidadáns enferman por riba das súas posibilidades.
Dende o Movemento Galego da Saúde Mental afirmamos que non sobra, nin tan sequera temporalmente, unha soa praza de hospitalización psiquiátrica na Área Sanitaria de Compostela, xa que as condicións de saúde mental da poboación están a agravarse e os padecementos psíquicos non son estacionais. Afirmamos tamén que se está a restrinxir inxustamente o dereito dos cidadáns ao tratamento hospitalario mediante a negativa a realizar ou demorar o ingreso psiquiátrico, ou mesmo dando a alta precozmente, derivando así de xeito inaceptable a carga do coidado e a asistencia sobre as familias dos pacientes.
Non é tolerable o peche dun só recurso de atención á saúde mental. A infradotación nesta área asistencial é recoñecida por todos. O empeoramento da saúde mental da poboación por culpa da crise está demostrado. É unha proba de inxustiza, insensibilidade e irresponsabilidade dos nosos gobernantes reducir recursos de hospitalización psiquiátrica nun momento así.
O Movemento Galego da Saúde Mental chama a todos, profesionais, usuarios, familias, cidadáns, organizacións sociais e institucións públicas, a opoñerse cívicamente a estas pretensións dos xestores da sanidade pública galega, a defender o patrimonio de todos, e a pelexar polo dereito á saúde e á asistencia sanitaria.

Read More

Rolda de prensa do MGSM: significativo aumento dos suicidios

Rolda de prensa do MGSM: significativo aumento dos suicidios
                           Foto: @copgalicia
Onte, día 11 de marzo, o MGSM convocou unha rolda de prensa para dar conta dunha das preocupacións máis graves no eido da saúde mental: o aumento no número de suicidios, e a falta de información ao respecto por parte das autoridades. 
O acto contou cunha ampla asistencia de medios, que se traduciu nestas horas posteriores nunha ampla cobertura mediática dos datos achegados polo MGSM.
Para a vosa información, reproducimos aquí a nota de prensa de Eliana Martíns e as diversas novas ao respecto.
O Movemento Galego da Saúde Mental alerta do significativo incremento do suicidio en Galicia
O Movemento Galego da Saúde Mental presentou o día 11 de marzo de 2015 en Santiago de Compostela a súa valoración sobre o que considera como alarmante incremento da taxa de suicidio en Galicia. Baseándose nos propios datos que manexa, estímase que a taxa chegou en 2014 a 14 casos de suicidio por cada cen mil habitantes, unha cifra 2 puntos superior á de 2013 (12,03 por cada cen mil habitantes en Galicia fronte ao 8,3 no conxunto do Estado).
Segundo o portavoz do MGSM, Miguel Anxo García Álvarez, este espectacular incremento que se vén producindo desde o comezo da crise, garda relación directa coas consecuencias da crise. “A crise creou as condicións de risco, un risco xa avisado pola Organización Mundial da Saúde, que sinalara as accións para amortecelas. A ausencia de acción do Goberno é o que nos leva a esta situación”. 
En canto á responsabilidade administrativa, o MGSM amosouse tallante: “un goberno sanitario debe darse por fracasado se no seu mandato as previsións realizadas por un organismo como a OMS se cumpren con danos á poboación”.

“Encadeamos 4 anos seguidos de subidas. O incremento está sendo alarmante”, tendo en conta que en 2010 a taxa de suicidios na comunidade era de 9,81 por cada cen mil habitantes. En cifras absolutas, as persoas que se quitaron a vida en Galicia foron 390 segundo os datos propios do MGSM, fronte ás 333 de 2013.

Cómpre resaltar que na única provincia que conta cunha unidade sanitaria especializada na prevención do suicidio, Ourense, se produciu unha redución máis notable da taxa de suicidio. Esta cuestión ten unha maior incidencia en Galicia, onde sempre presentou unha taxa de suicidio superior á da media do Estado.

Estas repercusións da crise percibíronse noutros ámbitos da vida das galegas e dos galegos, tal e como indicou o MGSM, co que o aumento de casos de suicidio é un terrible indicador da gravidade da situación. 

Segundo o informe SESPAS produciuse un incremento no consumo de antidepresivos, de hipnóticos e de tranquilizantes, e tamén aumentaron os trastornos de ánimo ou o incremento de consumo de alcol, por exemplo. Circunstancias que se deben a un cambio “significativo” das condicións de vida da cidadanía.

Houbo fortes críticas sobre a tardanza na publicación dos datos por parte do Instituto Nacional de Estatística, que deixou pasar un ano ata informar sobre os falecementos por suicidio. “Este retraso amortece os efectos sobre a sociedade porque xa queda lonxe no tempo”, indicou o portavoz do MGSM, Miguel Anxo García. “Alertamos sobre os danos aos dereitos e ás prestacións da poboación”, e sinalouse unha política restritiva na hospitalización psiquiátrica para ofrecer unha imaxe de sobredotación de recursos.

O MGSM nacía en marzo de 2013 e tal e como indicou o propio García Álvarez, “o que nos alertou hai un ano segue aí”, e engadiu que os datos e as reflexións expostas constitúen unha “situación alarmante para quen traballamos en saúde mental”. 

Reivindicaron que se cumpran as recomendacións da OMS encamiñadas a aliviar a carga da débeda sobre as familias, aplicar políticas activas de emprego, de proteción social, de atención sanitaria, para frear as insoportables consecuencias que está a ter sobre a cidadanía esta crise económica.

    1. Os casos de suicidios ascende a 390 en 2014, segundo os datos propios do MGSM.


    2. O Movemento denuncia a falta de transparencia na información por parte das autoridades públicas.

    3. Asocian este preocupante incremento á inacción das autoridades sanitarias.

Podedes consultar as novas de prensa no noso blogroll ou clicando nas seguintes ligazóns: Sermos Galiza, Galicia Confidencial, Faro de Vigo, El Correo Gallego, Europa Press, La Voz de Galicia, Diario Médico.

Read More