Día Mundial da Saúde Mental

“SAÚDE MENTAL SEN ATADURAS. CONTENCIÓNS CERO” Día Mundial da Saúde Mental 2019

“SAÚDE MENTAL SEN ATADURAS. CONTENCIÓNS CERO”  Día Mundial da Saúde Mental 2019

A contención mecánica é a acción mediante a cal se inmobiliza con correas a unha persoa, fixándoa habitualmente a unha cama. Esta medida supón unha grave limitación da autonomía do individuo, reducíndoa á mínima expresión, ao lugar que ocupa o seu propio corpo. A contención mecánica implica importantes riscos para a persoa sobre a que […]

Read More

MESA DO MGSM NO DIA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

MESA DO MGSM NO DIA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

DIA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL 10 de outubro de 2017 Mesa organizada polo MGSM: crise, traballo e saúde mental Aula Castelao da Facultade de Mediciña da USC (Santiago) Horario: 17.30- Mesa: crise, traballo e saúde mental. Presentación e moderación: María Xosé Abuín Álvarez. Secretaria Nacional CIG-Saúde. Intervencións profesionais nas Institucións Públicas, para a integración social […]

Read More

Pobreza e Trastorno Mental

Pobreza e Trastorno Mental

Aquí vos deixamos a excelente palestra do Dr. Ramón Ramos, no marco das Xornadas do MGSM do 10 de Outubro, día mundial da Saúde Mental. Podedes acceder ao texto facendo clic AQUÍ

Read More

Faro de Vigo: a inversión de España en Saúde Mental sitúase por debaixo da media da UE

Faro de Vigo: a inversión de España en Saúde Mental sitúase por debaixo da media da UE

Podes ver a noticia AQUÍ

Read More

Xornadas do MGSM do 10 de outubro: pobreza e saúde mental

Xornadas do MGSM do 10 de outubro: pobreza e saúde mental

A relación entre pobreza e enfermedade mental segue unha dinámica circular, e tal xeito que as condicións socieconómicas adversas incrementan o risco de padecer un trastorno mental, e á súa vez, a presencia de enfermedade mental implica un maior risco de exclusión social. Dunha parte, existe un incremento notable nos últimos 10 anos na prevalencia […]

Read More

Programa das Xornadas do 10 de outubro, día Mundial da Saúde Mental: pobreza e saúde mental

Programa das Xornadas do 10 de outubro, día Mundial da Saúde Mental: pobreza e saúde mental

DIA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL 10 de outubro de 2016 Xornada organizada polo MGSM: pobreza e saúde mental Aula Castelao da Facultade de Mediciña da USC (Santiago) Horario: 17.00- Presentación. Rosa Cerqueiro Landín. Psicóloga Clínica. Area Sanitaria de Ferrol. Concepción Fernández Fernández. Concelleira responsable de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde do Concello de Santiago. 17.15- […]

Read More

10 de Outubro, Día Mundial da Saúde Mental

10 de Outubro, Día Mundial da Saúde Mental

O Día Mundial da Saúde Mental foi establecido pola Organización Mundial da Saúde (OMS) para chamar a atención das sociedades e os gobernos sobre a situación na que se atopan as persoas afectadas por trastornos e enfermidades mentais, para potenciar o desenvolvemento de políticas acordes coa importancia desta dimensión da saúde e para mobilizar a […]

Read More

Mobilizacións do dí­a 10 de Outubro

Mobilizacións do dí­a 10 de Outubro
Durante o día 10 de outubro, o MGSM organizou diversos actos reinvindicativos nas diferentes áreas sanitarias, con grande implicación e participación de profesionais, usuarios e familiares.

Queremos agradecer a vosa colaboración para facer desta xornada de sensibilización e reivindicación todo un éxito. As pancartas, chapas e carteis do MGSM inundaron todos os centros, visibilizando o noso compromiso en torno ao trastorno mental grave (TMG) e o abandono institucional sufrido por este colectivo. Tamén aparecemos en prensa e televisión, e presentamos a nosa proposta ante o Parlamento de Galicia, co apoio de todos os grupos parlamentares da oposición.

Parabéns a tod@s! Sen vós, isto non sería posible!

(podes consultar a nosa galería fotográfica AQUÍ, e a cobertura informativa na lista de ligazóns)

Read More

10 de Outubro, Dí­a Mundial da Saúde Mental: Vivir con TMG, aquí­ e agora

10 de Outubro, Dí­a Mundial da Saúde Mental: Vivir con TMG, aquí­ e agora
Hoxe, día 10 de outubro, Día Mundial da Saúde Mental, o MGSM concentra todos os seus esforzos en visibilizar esta data e a problemática das persoas que padecen Trastorno Mental Grave (TMG). Por este motivo escollemos este lema alternativo, porque cremos que, lonxe das consignas baleiras que nos chegan dende as institucións, é na rúa, nos centros de traballo, nas asociacións e cos usuarios e familias, onde se sitúa o foco da reivindicación.

Non podemos obviar que, dende os mesmos ámbitos dende os que nos chegan mensaxes “anti-estigma” estase a permitir e favorecer o desmantelamento dos servizos sociais e sanitarios, co especial prexuízo que isto causa ás persoas con TMG. Por isto, no MGSM quixemos dotar de contido reinvindicativo real esta xornada, con diferentes iniciativas:
  • Colocación de carteis e pancartas nos diferentes centros sanitarios
  • Confección de murais
  • Chapas para todo o persoal nos centros de traballo
  • Proposta ante o Parlamento de Galicia (podes lela AQUÍ)

 Porque a mellor campaña “anti-estigma” é proporcionar ás persoas con TMG os medios sanitarios, sociais, económicos e de integración laboral para que podan desenvolver plenamente as súas capacidades e diferentes proxectos de vida, con independencia e dignidade.
VIVIR CON TMG, AQUÍ E AGORA
Podes consultar a cobertura informativa no Xornal Praza PúblicaABC e Europa Press clicando aquí ou a través da nosa lista de ligazóns
Read More

Acto de Pontevedra

Acto de Pontevedra

Os compañeiros do MGSM de Pontevedra organizan, en colaboración coa Asociación Alba, unha Mesa Redonda o día 9 de outubro na Galería Sargadelos, ás 19,30 horas, con motivo do Día Mundial da Saúde Mental. O MGSM ten como obxectivo a realización de múltiples actos co gallo deste día, en varias localidades, que acheguen a problemática do Trastorno Mental Grave á cidadanía. Acompáñanos nas nosas actividades!

Ademais, podedes acceder aos contidos das Xornadas da APEM, celebradas o día 4 de outubro. Clicade  AQUÍ para velos.

Read More