Quen somos

O Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) é un movemento cívico que pretende a protección da saúde mental da comunidade e a defensa da súa atención pública, ante o grave deterioro que está a sufrir e o dano que se está a causar nos dereitos das persoas. Está formado por máis de catrocentos profesionais da saúde mental pública de Galicia, profesionais da Administración de Xustiza, cidadáns que comparten a súa Declaración, organizacións sindicais (CIG Saúde, Federación de Sanidade de CCOO), Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, organizacións de familiares e usuarios dos servizos de saúde mental (Fonte da Virxe, A Creba, ASDAN, Xaruma, ONG-Solidarios Anónimos, Dédalo, Albores, Lenda), Xuíces Pola Democracia, Unión Progresista de Fiscais, Asociación Galega de Médicos Forenses, Asociación de profesionais de drogodependencias, Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, Asociación Nacional de Enfermería en Saúde Mental, Mesa Galega da Psicoloxía Clínica, Asociación Galega de Psicólogos Internos Residentes, Asociación de Psicólogos Clínicos do Sergas, Equipo Boa Vida, Asociación Galega de Saúde Mental – Asociación Española de Neuropsiquiatría, Plataforma en defensa da Profesionalización dos Servizos Sociais.

One Comment

  1. Boa tarde

    Diríxome a vostedes en nome do grupo “Psicólogos por el Aumento de plazas PIR”.

    Conscientes das múltiples necesidades sen cubrir en materia de saúde mental, decidimos unirnos para comezar por reivindicar a ampliación de prazas de formación sanitaria especializada así como de contratación de psicólogos clínicos no SNS.

    Fai uns días coñecimos que, para a próxima convocatoria de Setembro, a Comisión de Especialidades solicita a oferta de 163 prazas para PIR, mentres que as CCAA ofertan só 129.

    Redactamos unha carta aberta dirixida ao Ministerio de Sanidade e aos Conselleiros das CCAA, que tamén fixemos chegar a todos os membros da Comisión de Sanidade do Congreso dos Deputados, e estamos a promover unha recollida de firmas (baixo este parágrafo adxunto os correspondentes links). Polo momento, obtivemos resposta de estudar a nos proposta por parte de varios grupos políticos (en concreto PP, UPyD e CIU), e dúas propostas de reunión por parte do PSOE.

    https://www.change.org/p/ministro-de-sanidad-servicios-sociales-e-igualdad-alfonso-alonso-aranegui-consejer%C3%ADas-de-sanidad-cc-aa-por-un-aumento-de-plazas-de-especialista-en-psicolog%C3%ADa-cl%C3%ADnica-pir-en-el-sns-para-una-mejora-de-la-atenci%C3%B3n-psicol%C3%B3gica-en-salud-mental

    https://drive.google.com/file/d/0B0MDTtMaGimdX3FvbUk1dlN2OFU/view

    Ademáis, dirixímonos a todos os organismos implicados, así coma a medios de comunicación, asociacións de pacientes e usuarios, etc.

    Pensando en que esta reivindicación concreta non se alonxa dos obxectivos do Movemento Galego da Saúde Mental, gustaríanos conocer a súa opinión e agradeceríamos o apoio da nosa petición e toda a a xuda que podan prestarnos en canto a difusión ou calquera outro aspecto.

    Atentamente,

    Psicólogos por el aumento de plazas PIR

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*