Posts

Inaceptable resposta á pregunta parlamentar do MGSM

A requerimento do MGSM, o PSdG formulou en sede parlamentar unha pregunta instando á Consellería de Sanidade a que explique a reunión mantida coas empresa farmacéutica Lundbeck e a Fundación Bamberg, un importante lobby que actúa como grupo de presión, o día 2 de xuño no Hostal dos Reis Católicos, precisamente neste momento de iniciativas privatizadoras da Sanidade Pública (podes ver a nova no noso blogAQUÍ). A esta pregunta, a resposta da Consellería limitouse a unha soa liña: “O día 2 de xuño tivo lugar unha reunión de traballo sobre saúde mental, similar ás celebradas en Cataluña, País Vasco, Madrid, Castela-León, Valencia e Murcia”.
Dende o MGSM, consideramos que esta resposta, que non responde nada, consitúe unha falta de respecto e unha burla ao Parlamento, asi como unha deixación da súa obriga de explicar e xustificar as decisións que se toman ante os e as representantes da cidadanía. Amparados na maioría absoluta, nin sequera consideran preciso dar conta de con quen se reúnen e para que, en tanto que representantes públicos.
Ante esta actitude intolerable, rogamos a maior difusión. Comparte e difunde!
Podes consultar as referencias en prensa en Praza Pública, Sermos Galizae a propia web de Fundación Bamberg